Inicio Blog Páxina 91

Cortada a Terceira Ronda tras afectar o forte vento á estabilidade dun sinal

0

O Concello da Coruña cortou, este mércores pasadas as 17:00h, a Terceira Ronda por seguridade tras afectar o forte vento á estabilidade dun pórtico de sinalización. En concreto é entre a zona do Pavo Real e o Marineda. Así o informa o consistorio a través de redes sociais nas que especifica que o forte vento, de até 110 quilómetros por hora, afectou á estabilidade do citado pórtico. Foi en sentido saída á altura da estrada de Bens. Os guindastres desprazados á zona non puideron actuar debido á intensidade do vento.

O Concello asegura que intentará desmostar a estrutura a partir desta mañá de xoves, cando amaine a situación do vento.

A borrasca Nils deixa numerosas incidencias na Coruña: desprendementos e a Terceira Rolda afectada

0

O 112 Galicia rexistrou desde este mércores un total de 794 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que deixou na Comunidade a borrasca Nils, a maioría (336) producíronse pola presenza de árbores e ramas nas estradas. Por provincias, a máis castigada foi a da Coruña, con 319, seguida da de Pontevedra, con 237, e a de Lugo, onde se alcanzaron as 153 incidencias. Do mesmo xeito, os concellos nos que se rexistraron máis notificacións polos efectos da meteorología adversa foron o da Coruña (44).

INCIDENTES VÍAS CIRCULACIÓN

Na Coruña, permanece totalmente pechada a Terceira Rolda por seguridade, xa que o forte vento deste mércores, con refachos de até 110 quilómetros por hora, afectou á estabilidade dun pórtico de sinalización. Así, ata que as condicións meteorolóxicas permitan desmontar a estrutura o tráfico estará cortado desde o Pavo Real até Marineda e mantense aberto o desvío do cara á Grela.

Sobre outras incidencias, o 112 Galicia destacou o desprendemento de parte dunha cúpula que cobre un xardín no Matadoiro, na Coruña. Doutra banda, o transporte de ría en Vigo funciona con normalidade despois de que este mércores tivese que suspender o servizo desde as 10.30 horas.

Alvedro tamén sofre o impacto do temporal: un voo regresa a Madrid e outro desvíase por vento e choiva

0

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a desviar varios voos tanto no aeroporto de Peinador, en Vigo, como no de Alvedro, na Coruña. Segundo informaron a Europa Press fontes de Aena, no aeroporto da Coruña, o voo procedente de Madrid regresou a orixe por mala meteoroloxía en destino; mentres que outro voo procedente de Gatwick desviouse ao Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.

O conflito no programa de Lecer dá outro salto pero segue no aire e o profesorado convoca unha cacerolada

Non se dá resolto o problema laboral do profesorado do Programa de Lecer, nin os seus cursos culturais do Fórum e Ágora. Pero ten dado un paso adiante cara a súa solución. Informábamos a semana pasada que neste caso o Concello non pode rescatar o programa como si fixo coas Escolas Deportivas Municipais,  ficando, dalgún xeito, refén da empresa adxudicataria. Unha empresa, Serviplús, que leva acumulando débedas cos traballadores e incumplindo as condicións do contrato, á que o Concello lle ofreceu: renunciar ao contrato, para poder asumir a xestión e contratar outra empresa; ou aceptar o plan de cesión da débeda para que o Concello poida ser o que abone os retrasos. Finalmente a empresa acepta a cesión da débeda pero non renuncia ao contrato, polo que o Concello será o que abone as débedas utilizando fondos retidos do pago dos servizos da concesión.

Fontes municipais aseguran que, unha vez que Serviplús xa non organizará os cursos, en breve lanzarán a oferta dos cursos (que xa deberían ter comezado hai un mes), coa xestión doutra empresa.

En paralelo afirman estar redactando uns novos pliegos de contratación tanto para o Programa de Lecer como para as Escolas Deportivas Municipais, agora restacadas temporalmente durante este semestre.

Protestas do profesorado

O profesorado, farto de idas e vidas, ten preparadas varias accións para estes días: mañá xoves vai acodir ás 9:30h a María Pita, para realizar unha cacerolada mentres esperan aos membros do goberno municipal que teñen pleno. Animan a toda a cidadanía a participar na cacerolada, porque en realidade, os perxudicados tamén as máis de 3000 persoas usuarias do programa.

Ademais, no propio pleno, PP e BNG presentaron diferentes mocións para tratar o asunto con profunidade e unha representante dos traballadores volverá usar o Escano Cidadán, como xa fixo en novembro.

 

Máis novas do caso

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

 

O persoal das Escolas Deportivas Municipais presentou 1.500 sinaturas e reivindicou as súas demandas no escano cidadán

 

Anpas e Afas convocan unha gran protesta na Coruña contra os “parches” na educación pública

0

A Federación de Asociacións de Nais e Pais (Anpas) e de Familias de Alumnos (Afas) de centros educativos públicos da provincia da Coruña convocou unha manifestación o vindeiro sábado 28 de febreiro, “ante a situación de deterioración e falta de recursos que afecta á escola pública“. A mobilización dará comezo ás 11.00 horas na Praza de Ourense da cidade herculina e finalizará en O Parrote. Segundo traslada a entidade, conta co apoio das Anpas federadas. “Ao redor de 200, cifra que representa aproximadamente o 50% das agrupacións da provincia”, especifica.

Esta protesta, argumenta, parte “da análise e da recollida” de datos achegados polos propios centros e polas comunidades educativas, que “pon de manifesto unha situación de infrafinanciación, falta de recursos humanos e deficiencias en infraestruturas e atención á diversidade”, así como “a necesidade dunha planificación real e recursos suficientes que garantan unha escola pública de calidade”.

A Federación incide en que a situación da escola pública “xa non admite máis parches nin demoras”. “O que durante anos foron incidentes illados convertéronse nun problema estrutural que afecta de maneira directa ao dereito fundamental das nenas e dos nenos a recibir unha educación pública de calidade, inclusiva, segura e equitativa”, expón.

Concreta, ademais, que a manifestación convocada representará a comunidades educativas de ao redor de 200 centros públicos (CEIP, IES, EEI, CRA, CPI e CEE), e comprende ao redor de 62.000 e 65.000 estudantes, aproximadamente o 50% do alumnado da rede pública na provincia.

As ANPAs da Coruña uniranse o 28 de febreiro nunha manifestación común

 

Máis novas sobre o Ensino Público

Outras novas das ANPAS

 

“Os nenos dan clase con caldeiros de auga”, denuncian pais do CEIP Wenceslao Fernández Flores

0

Familiares dos menores que cursan estudos no CEIP Wenceslao Fernández Flórez da Coruña secundaron unha protesta ante o centro para esixir unha solución ante os problemas de filtracións de auga que existen nas instalacións e que cada día, sinalan, agrávanse  “debido á situación meteorolóxica dos últimos meses.

Así o expuxo, en declaracións a Europa Press, Noemí González, membro da ANPA, quen explicou que cando regresaron das festas de Nadal desde o colexio informóuselles que estaba “a entrar auga”. “A partir de ahi os nenos empezaron a dar clase con caldeiros dentro”, indicou para asegurar que nunha das aulas teñen que colocar tamén toallas. Estes problemas existen tamén, engadiu, no patio interior ou na sala de usos. A iso suma, “xanelas carcomidas ou que non pechan pola humidade”, o mesmo, asevera, que ocorre con algunhas portas.

Isto afecta a nenos e nenas con problemas respiratorios, a parte da insalubridade“, recalca para explicar que ata agora non tiveron unha resposta nin por parte da Xunta nin por parte do Concello da Coruña. En alusión ás declaracións a medios de comunicación, lembrou que a alcaldesa herculina, Inés Rey, “dixo que mandara escrito á Xunta”, apuntou en relación á demanda sobre que actuacións deste tipo corresponden, incidiu a rexedora, á Administración galega.

Non nos vale, necesitamos respostas firmes“, insistiu para reclamar que se faga unha revisión do centro e adoptar medidas urxentes. Neste sentido, avanza que seguirán protestando.

Aspace Coruña estrea o exoesquelete pediátrico ATLAS 2030 para nenos con parálise cerebral

Aspace Coruña presentou este mércores o exoesquelete pediátrico ATLAS 2030, converténdose na primeira entidade social da provincia coruñesa en incorporar este avanzado dispositivo ao seu servizo de rehabilitación. Esta ferramenta, única no mundo para o tratamento de nenos con parálise cerebral e enfermidades neuromusculares, foi adquirida grazas a unha doazón anónima. O dispositivo sustenta ao menor desde o tronco ata os pés sen necesidade de control torácico, imitando o funcionamento do músculo para permitir manter a posición ergueita e camiñar.

O acto de presentación contou coa participación de Darío Campos, un neno de nove anos que realizou unha demostración práctica das vantaxes desta tecnoloxía robótica acompañado polo seu fisioterapeuta. Actualmente só existen uns 50 dispositivos deste tipo en España e outros 70 no resto do mundo. Segundo explicaron Carmen Barreiro, presidenta de Aspace, e Ricardo Iglesias, xerente da entidade, o exoesquelete non só ofrece beneficios físicos, senón tamén melloras a nivel cognitivo e de neuroplasticidade, facilitando tarefas cotidianas como comer ou durmir mellor.

INVESTIMENTO EN INNOVACIÓN E COMPROMISO SOCIAL

Cun custo aproximado de 150.000 euros, o ATLAS 2030 está destinado aos alumnos do centro educativo de Aspace, pero tamén se abrirá a familias externas previa valoración profesional. A asociación dedicou gran parte do último ano á formación especializada dos seus profesionais para garantir a máxima eficacia nas sesións de fisioterapia robótica. Víctor Chacón, da empresa Marsi Bionics, destacou que o adaptador permite traballar os membros superiores mentres o neno se move, multiplicando o impacto terapéutico.

Á presentación asistiron diversas autoridades como a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e representantes da Deputación e concellos da contorna. Todos coincidiron en sinalar a importancia de apostar pola innovación para mellorar a autonomía dos menores. A incorporación deste equipo reforza o papel de Aspace Coruña como referente na atención á discapacidade, poñendo a tecnoloxía máis avanzada do mercado ao servizo das familias galegas para transformar o futuro dos nenos con problemas de mobilidade.

A Patronal do transporte vincula coa “desinformación” o rexeitamento ao preacordo

0

Hoxe volve haber folga no sector sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña. Trala dividida visión dos sindicatos, hoxe poñemos os oídos na patronal, que vén na “falta de información” ou a “desinformación” as causas do rexeitamento maioritario de traballadores e traballadoras ao preacordo sobre o convenio subscrito por CCOO e UXT e que a CIG non asinou por entender que inclúe “avances mínimos”.

Nun comunicado, e en referencia á reunión mantida o luns — o xoves convocarase outra aínda que a CIG mantén a súa convocatoria de paro indefinido desde este mércores –, afirma que “coa reactivación da negociación colectiva do sector de transporte de viaxeiros en autobús da provincia da Coruña, as organizacións empresarias entenden que onte se puxo de manifesto” esta “falta de información”.

“Na reunión cos sindicatos de onte volveron examinarse un a un os distintos asuntos que había sobre a mesa co obxectivo de evitar novas interpretacións confusas ou inadecuadas”, engade.

“Deste xeito, no difícil contexto actual, nos últimos 7 anos o sector sufriu un incremento de custos dun 8,4%, o preacordo suporía para o conxunto de traballadores do sector un incremento salarial do 22,1%, 15,3% entre os anos 22 a 24, 3,4% para o 2025 con efectos retroactivos e 3,4% con revisión do IPC real para o 2026”.

A maiores, recalca, “o documento inclúe propostas para o fomento da xornada continuada, cun plus de 8 euros diarios, a redución da xornada anual ás 1.800 horas, dous días de asuntos propios, plus de dispoñibilidade horaria para servizos discrecionales do 60% do salario basee, plus de absentismo de 1.000 euros anuais, acumulación do permiso de lactación en 17 días continuados”, cita, entre outras cuestións.

“A vontade da patronal é hoxe aclarar todas as cuestións dubidosas ou interpretadas erroneamente a través da central CIG, con absoluta vontade de diálogo e confiando en que ninguén caia no erro de querer impor o seu criterio”.

Por outra banda, as asociacións empresariais sinalan que a negociación colectiva “é algo dinámico e que en breve se iniciará a do convenio para o 2027”.

Máis novas do conflito

A división sindical retrasa o convenio de transporte

A folga do transporte por estrada na Coruña volverá o mércores se non hai acordo

 

A Coruña conmemora o aniversario de Wenceslao Fernández Flórez coa restauración da placa da súa casa natal

0

O Concello da Coruña levou a cabo a restauración da placa conmemorativa da casa natal de Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964), situada no número 16 da rúa Torreiro, co obxectivo de “preservar a memoria do insigne humorista e xornalista da cidade”. Segundo traslada o consistorio, a alcaldesa herculina, Inés Rey, e o presidente da fundación do escritor, José Luís Castro, supervisaron este mércores devanditos traballos.

Alí, a rexedora lembrou que “no día de hoxe celébrase o 141 aniversario do nacemento do xornalista nun ano especial, onde conmemoramos tamén o centenario da publicación de ‘As sete columnas’, obra pola que foi recoñecido co Premio Nacional de Literatura”. Ademais, informa, colocouse unha nova placa dedicada na planta baixa do inmoble, na fachada exterior, coa lenda: ‘O pobo da Coruña á memoria do insigne escritor e xornalista, Wenceslao Fernández Flórez’.

Nace na Coruña unha nova Escola de Coidado de Saúde para coidar aos que coidan

0

A Fundación Amador de Castro, en colaboración con Galzheimer Care, pon en marcha a Escola de Coidado e Saúde, un novo proxecto dirixido a persoas coidadoras de persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias, co obxectivo de ofrecerlles un espazo onde aprender, compartir e sentirse acompañadas.

Unha escola que se concíbe como un proxecto estratéxico e sostido no tempo, non como unha acción puntual, cun itinerario formativo queano abordará aspectos clave como a comprensión da enfermidade, o manexo de situacións cotiás, o afrontamento ao estrés, a corresponsabilidade, a xestión emocional ou o autocoidado. A primeira sesión sobre “Sentimentos e emocións” celebrarase o vindeiro 24 de febreiro no Santander Work Center da Coruña.

A Escola nace desde a escoita activa ás necesidades das persoas coidadoras, que frecuentemente afrontan o coidado en soidade, cun alto desgaste emocional e poucas oportunidades para deterse e pensar en si mesmas. A través de sesións formativas e vivenciais, o proxecto propón un lugar seguro de aprendizaxe, reflexión e acompañamento ferramentas emocionais e prácticas para o día a día do coidado.

“Coidar a unha persoa con Alzheimer é un camiño complexo, cheo de amor, pero tamén de cansazo, dúbidas e medos. Con esta Escola queremos comunicar ás persoas coidadoras Susana de Castro, patroa da Fundación Amador de Castro, e engade, “necesitan espazos onde poidan parar, aprender e sentirse sostidas. A Escola de Coidado e Saúde non é só un espazo formativo; é un lugar de encontro. Aquí se valida la experiencia de quen coida, compártese o vivido e constrúese apoio mutuo. Coidar tamén implica coidarse”.

En palabras de Ana Díaz Cortés, presidenta de Galzheimer Care, “en Galicia estímase que preto de 70.000 persoas conviven coa enfermidade de Alzheimer e outras demencias, unha realidade que afecta non só a quen a padece, senón tamén a miles de familias e persoas Coidadoras. Neste contexto, accións como a Escola de Coidado e Saúde vólvense imprescindibles, xa que ofrecen apoio, formación e acompañamento aos que sosteñen o coidado día a día, moitas veces en silencio e con escasos recursos formativos e emocionais”.

Máis novas

A investigadora Ana Díaz pon en valor a importancia dos coidados no Alzheimer cun novo libro

Adolescentes e saúde mental