InicioDEPORTESArenteirazo en Riazor

Arenteirazo en Riazor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 34 – Deportivo 2 – 2  CD Arenteiro
  • O Dépor perde dous puntos cando xa se celebraba unha nova vitoria en Riazor.
  • Trixésimo cuarto partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (19V 11E 4D).

Non puido ser. Rachouse a senda de cinco xornadas seguidas gañando todo grazas a un gol no desconto dun bo Arenteiro. E todo nun partido moi incómodo do Depor que, aínda así, foi quen de adiantarse e poñerse con dous goles de diferencia no marcador no minuto 64, cando so restaban 25 minutos para unha nova vitoria na casa. Pero, non foi non así e houbo que levar a primeira decepción de toda a segunda volta.

Pensando en como titular este análise semanal, aparecían dúas posibilidades no aire: “Arenteriazo en Riazor” e “ Deportivada en Riazor”. Sendo xustos co que se veu onte en Coruña o máis xusto e darlle mérito o equipo rival. Equipo que ven facendo unha tempada moi notable xogando un fútbol nada defensivo, sempre mirando cara adiante, coa velocidade coma arma secreta e con xogadores de moi bo pe. Proba delo, foi que o Depor non estivo nunca cómodo no partido a pesar do bo ambiente e de coñecer o que xa fixeran os seus rivais nos seus encontros. Presión engadida que dirán uns, vantaxe no que facer sobre o campo que dirán outros. De calquera maneira, o Depor non soubo manter un resultado en Riazor con todo a favor faltando pouco para o remate do encontro. Se cadra, a presión e a fatiga mental tamén fan acto de presenza nas cabezas dos xogadores, cousa que se ve reflexada nos dous goles encaixados onte.

A xornada deixa sabor agridoce na afección, pero coas opcións de ascenso intactas incluso con algún partido de marxe. O partido de Sestao pode marcar nun 50% as opción de ascenso do Depor, pois agora é necesario gañalo e facer contas cara a vindeira visita do Barca B a Riazor en quince días. Ese é o partido marcado no calendario dos afeccionados dende hai varias semanas. Moito nos pesa na cabeza a traxedias pasadas, pois hai xente que onte clamaba por un novo fracaso branquiazul e cun ascenso comprometido por ese gol no desconto. Nada máis lonxe da realidade. A situación é moi favorable, os número do Depor son excepcionais dende hai meses, o calendario que resta enfrontaranos a rivais da parte baixa (agás o Barça Atletic), os xogadores chegan a tope de moral, a afección non vai fallar….todo para lograr un ascenso que xa nos vai tocando celebrar.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación...

O Monte Costa, en Culleredo, sofre un incendio forestal

Non libra a comarca da vaga de lumes que sofre Galicia. Un incendio forestal...

Lembrando os 100 anos do busto de Pondal nos Xardíns

O Circo de Artesáns organizou este pasado sábado unha homenaxe polo 100 aniversario do...

A Copa Galicia volve xuntar na Coruña aos 4 grandes do baloncesto galego

A Copa Galicia de Baloncesto volverá celebrarse na Coruña os días 5 e 6...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here