InicioDEPORTESChegou o momento

Chegou o momento

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 35 – Sestao River 0 – 1  Deportivo
  • Partido gris con tres puntos de ouro que facilitan a primeira ocasión de ascenso directo na vindeira xornada.
  • Trixésimo quinto partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (20V 11E 4D).

— — —

O Depor ten ante si a oportunidade de certificar o ascenso na vindeira xornada na casa contra o Barca Atletic. Levaba meses querendo iniciar o análise semanal deste xeito e nunca me daba chegado o momento. Despois dunha primeira volta decepcionante e dunha segunda volta demoledora, por fin, estamos diante do encontro que todos agardabamos con certo receo. O certo é que a clasificación di que tan só o Barca Atletic podería alcanzar en puntos ao Depor xa que nin Nástic, Fortuna ni Ponferradina sumarían os puntos necesarios nesta tres derradeiras xornadas. Así o único rival que aínda aspira a  destronar ao Depor é, precisamente, noso próximo rival en Riazor. De aí que ese partido poida marcar xa o fin da competición para o Depor o próximo domingo. Semana de nervios a que nos espera lembrando como afrontabamos estes días cando foi o caso de Mallorca, Fuenlabrada, Albacete, Castellón… A longa noite de pedra que tanto anos dura.

O partido por terras vascas cóntase moi rápido. Nada de fútbol, moita tensión motivada polo marcador dun Barca B que aos 35 minutos xa sentenciara ao Tarazona, penalti dubidoso sobre Yeremay, gol dun Lucas que suma 28 intervencións (17 asistencias e 11 goles) nos goles do Dépor nesta tempada e a sufrir ata o final. Por sorte, non se repetiu o final do Arenteiro sete días antes en Riazor e puidemos sumar tres puntos máis a domicilio chegando ata os 37 no que vai de tempada. Algún día dará para valorar o números a domicilio deste equipo que marca rexistros históricos no club.

O que ven a próxima fin de semana son eses tumultos de sentimentos e nervios pensando en tódolo malo que nos aconteceu nos últimos catro anos. Cunha diferenza este ano: o resultado do partido non é definitivo e restarían dúas ocasións máis para lograr o tan ansiado ascenso. Por aí entra o raio de esperanza ao que agárrase a afección branquiazul. A vitoria danos o ascenso e o empate deixaríao case sentenciado para as dúas ultimas xornadas. Tan só unha derrota que non entra en ningunha cabeza agora mesmo abriría as opción de cara as dúas últimas xornadas. Contas e mais contas, contos e mais contos para arribar a ese sitio de onde nunca debemos saír. Agora si, chegou o momento, Depor.

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña xulga catro homes por golpear e apuñalar con doce coiteladas un mozo no Orzán

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 16, 17 e...

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos...

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

CIG, UGT e CCOO condenan o ataque á xornalista durante a folga do metal

Unha xornalista do medio dixital Quincemil resultou ferida ao recibir o impacto dun petardo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here