Inicio Blog Páxina 123

Movemento Sumar Coruña cualifica de “inxustificable” o derrubo das 38 vivendas de Monte Mero

0
  • O grupo acusa a Inés Rey de complicidade co modelo especulativo da Xunta.

— — —

Continúan chegando reaccións á nova do posible derrubamento de 38 vivendas no marco da construción da urbanización de Monte Mero.

Desta volta é o Movemento Sumar Coruña o que expresa o seu rexeitamento absoluto á decisión da Xunta de Galicia de derrubar as 38 vivendas do núcleo consolidado de Monte Mero, no barrio coruñés de Pedralonga. Esta actuación, enmarcada no Plan de Interese Autonómico (PIA), supón a expulsión forzosa de máis de 170 veciños e veciñas, moitas delas residentes de longa duración en vivendas herdadas durante xeracións.

A organización considera que “esta medida carece de xustificación técnica e social e denuncia que o Goberno galego rompeu os compromisos adquiridos en decembro de
2024, cando trasladara ás asociacións de Eirís e Pedralonga que se estudaría a conservación parcial das casas existentes. En lugar diso, optouse pola demolición total sen ofrecer garantías reais de realoxo nin alternativas habitacionais viables”.
“O que estamos vendo en Monte Mero é un despropósito urbanístico propio doutras décadas: destrúese un tecido veciñal vivo sen diálogo, sen transparencia e sen respecto pola historia das persoas que alí viven”, afirma Trinidad Palacios, covoceira de Movemento Sumar Coruña. “É vergoñento que se utilice o discurso da vivenda pública para xustificar unha operación que comeza expulsando a quen xa ten un fogar”.

Mapa da zona afectada da urbanizacion Monte Mero
Mapa da zona afectada da urbanizacion Monte Mero

Movemento Sumar Coruña non só responsabiliza á Xunta, senón tamén ao Goberno municipal, que “validou politicamente o avance do PIA sen introducir ningunha
salvagarda para as familias afectadas”. “Temos un Goberno local sen rumbo, máis preocupado por seguir os tempos e os intereses da Xunta que por defender os dereitos
da súa veciñanza”, sinala Palacios. “A súa pasividade é perfectamente compatible co modelo do PP: urbanismo sen alma e sen xente”.
Para Sumar, “Inés Rey volve poñerse de perfil, igual que fixo no recente escándalo de As Xubias, onde se entregaron terreos públicos a intereses privados sen garantir o seu uso como solo dotacional ou vivenda protexida”. “A Coruña non pode construírse expulsando á súa xente. Nin en As Xubias nin en Monte. Mero. A cidade merece planificación democrática e urbanismo ao servizo do ben común”, conclúe Palacios

 

Máis novas

Veciños do barrio coruñés de Eirís alegan contra o proxecto de Monte Mero pola derriba de 38 vivendas

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

A Deputación da Coruña volverá abrir 70 prazas do comedor do IES Rosalía Mera para universitarios

A Deputación da Coruña e a Universidade dá Coruña (UDC) renovaron o convenio de colaboración que permitirá que o alumnado aloxado na Residencia Universitaria Elvira Bao poida facer uso do comedor do IES Rosalía Mera. Esta iniciativa leva funcionando desde 2019 e está “orientada a mellorar as condicións de vida do estudiantado universitario na cidade”.

Segundo traslada o ente provincial, este acordo establece as condicións nas que se prestará o servizo, cun total de 70 prazas dispoñibles, incluíndo almorzos, comidas e ceas. A Deputación comprométese a facilitar as instalacións e organizar o servizo, mentres que a UDC será responsable de comunicar regularmente a relación de estudantes autorizados, así como as súas necesidades alimentarias específicas.

O convenio, engade, asinado entre o deputado provincial de Patrimonio e Contratación, Xosé Penas, e o reitor da UDC, Ricardo Cao, contempla “prezos bonificados” para as persoas pertencentes a familias numerosas e regula a xestión das compensacións económicas derivadas da prestación do servizo.

A súa vixencia abarcará desde o próximo 1 de setembro ata o 31 de decembro de 2026, con posibilidade de prórroga dun ano máis, apunta a institución.

Dezasete persoas identificadas como furtivos na Coruña no que vai de 2025

A Confraría de Pescadores da Coruña, a través dos seus guardapescas –en colaboración con Gardacostas de Galicia, Policía Autonómica, Policia Local, Policía Nacional e Garda Civil– tramitou no que vai de 2025 un total de 54 actas de infracción con 17 furtivos identificados.

Así, incautouse percebe, do cal “unha porcentaxe moi elevada é de talla ilegal”, explica a confraría nun comunicado no que denuncia que o número de furtivos que operan de maneira habitual “é alarmante”.

A cantidade de mariscos incautados durante estes operativos ascende a 100 quilos, ademais de que estima que outros 100 quilos escaparon aos controis e chegaron ás canles de venda.

Actualmente, a extracción de percebe atópase vedada na zona da Torre de Hércules, onde se concentran a maioría das capturas ilegais, o cal “pon en perigo a campaña de Nadal” dos ‘percebeiros’. Durante este xoves procedeuse ao comiso duns 18 quilos de percebes nesta zona e identificáronse a tres furtivos. Nesta intervención, na que actuou Policía Local e Gardacostas, “produciuse e ameazas entre os guardapescas e os furtivos” polo que se interporá unha denuncia.

As especies comisadas que non poden ser devoltas ao seu medio natural son entregada en diferentes centros benéficos da cidade.

Convocada unha concentración paralela ao Morriña Fest este venres pola súa vinculación ao fondo KKR

0

A plataforma Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel na Galiza (BDS Galiza) convocou unha concentración este venres contra a vinculación da Morriña Fest ao fondo KKR. A protesta desenvolverase a partir das 20.00 horas en Praza Ourense, en simultáneo á celebración do festival.

Este fondo, con intereses proisraelíes, comparte coa tamén asina de investimento CVC a propiedade de Superestruct Entertainment, empresa que se encarga de organizar moitos dos principais festivais do país, como é o caso de Morriña Fest.

Este feito levou a artistas a desvincularse dos festivais en cuestión. Precisamente, Residente cancelou a súa participación no Festival Internacional de Benicássim e do evento coruñés, no que foi o único artista en desmarcarse.

A través dunha publicación en redes sociais, BDS Galiza aclarou que, polo momento, non pide o boicot do festival. Doutra banda, a súa intención é “presionar” un a un aos máis de 80 festivais implicados e que asine un mínimo de catro mínimos éticos, que inclúe entre eles unha declaración pública que “deixe claro que os valores do festival non se aliñan cos de KKR”.

“De momento, BDS e a Campaña Palestina polo Boicot Académico e Cultural a Israe (PACBI) só chamaron ao boicot oficial do Sónar e do Fiel Day. O resto de festivais aínda están a tempo de evitalo se cumpren o catro mínimos”, explicou o movemento nas súas redes sociais.

Do mesmo xeito, BDS Galiza asegura que tentou porse en contacto co evento e a promotora Bring The Noise por diversas vías e non obtivo resposta.

A Xunta taxativa sobre a facultade de Medicina na UDC: “Os hospitais non son de ningunha universidade”

0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recalcou que “os hospitais non son de ningunha universidade”. Tamén asegurou que “non hai ningún cambio” debido a que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vaia a adscribir a docencia do Grao en Medicina en todos os hospitais de Galicia á Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre este asunto nun acto na Coruña. “Desde o ano 2015, a facultade de Medicina, que é a que temos hoxe en día en Galicia, está vinculada a todos os hospitais universitarios”, lembrou.

“Con respecto a iso non hai ningún cambio”, insistiu para engadir que “os hospitais non son de ningunha universidade, son públicos, son de todos os cidadáns”. Así, explicou que o Sergas pon “a disposición todas as instalacións” co obxectivo de “asegurarse a mellor práctica e a mellor docencia en Galicia”.

Cuestionado pola resposta da UDC que tachou este concerto de “deslealdade”, Calvo negouno. “Deslealdades son tomar algúns acordos ás costas do resto dos integrantes e iso non se produciu nesta ocasión”, recalcou.

“PRÁCTICAS ANTICOMPETITIVAS”

Noutra orde de cousas, a preguntas da prensa sobre a decisión da Comisión Galega de Competencia (CGC) de incoar expediente sancionador por posibles “prácticas anticompetitivas” na contratación pública da Xunta de rutas de bus escolar, o conselleiro de Presidencia ofreceu “máxima colaboración” a este organismo.

“Se houbo algún comportamento contrario a competencia nós imos colaborar e dar cumprimento ao que estableza o Tribunal”, aseverou.

COLECTIVOS SOCIOSANITARIOS

Diego Calvo fixo estas declaracións tras formalizar a cesión de 12 locais do Espazo Amizar, situado na Coruña, a colectivos sociosanitarios con “unha nova adxudicación que durará o próximos catro anos”.

“Son entidades que traballan a favor de moita xente, que levan a cabo un labor importante e que, en moitas ocasións, carecen de espazos necesarios para poder desenvolver adecuadamente o seu traballo”, sinalou.

Con esta actuación, segundo incidiu, mellorarase “a atención non só aos usuarios, posto que van ter unhas dependencias de moita máis calidade, senón tamén as condicións de traballo dos propios traballadores destas entidades”.

 

Malestar na UDC porque o Sergas adscribirá á USC a docencia de Medicina en todos os hospitais galegos

A milagre da Mardi Gras remata a temporada por todo o alto

0

Afronta a mítica Mardi Gras  a súa última semana desta histórica temporada. A sala de Monte Alto leva celebrando dende setembro o seu 25 aniversario, acollendo a case 200 bandas (34 delas internacionais) ao longo de 168 noites de concertos. Máis de 3.000 eventos ten acollido esta pequena sala-milagre, que ademais de apostar pola música do país, recibiu visitas do Xapón, Australia, Alemaña, o Reino Unido, Brasil, Arxentina e, como marca rexistrada, unha importante representación de bandas dos Estados Unidos.

Agradecementos

A entidade agradece a colaboración de Estrella Galicia, o principal patrocinador, así como con marcas como Marieta, Alvariño de Martín Codax, Garaxe 59, empresa dedicada aos vehículos clásicos, e tamén Sham Rock e The Breen’s Tabern. Pero sobre todo ao apoio da República Musical de Mardi Gras, formada por un nutrido grupo de persoas amantes da música en directo e conscientes do milagre que ocorre no noso pequeno local. Este mes cumpriu o seu quinto aniversario, e continúa a colaboración con Mardi Gras e outros proxectos da cidade.

Axenda da Fin de temporada

Esta semana a sala acolle concertos de xoves a sábado.

O xoves 24, a partir das 21:30 horas con entradas por 10 euros, chegan tres novas bandas galegas: Son Ghorxa (Ferrolterra), que chegan cun novo álbum publicado en 2025, Fúlmine (Betanzos) e Vlacklith, xa coñecidos polos fans do local.

O venres reciben a dúas bandas de Madrid e Asturias, tamén por 10 euros e con apertura de portas ás 21:30 horas. Melliza, de Madrid, é unha banda de rock and roll con actitude punk, fondo blues e vibracións surferas.
Acompañan Indocentes é unha banda asturiana de rock and roll de cancións orixinais, fundada en 2018.

O sábado, unha banda que rende homenaxe a The Velvet Underground, As Veludas Soterradas. As entradas anticipadas pódense reservar por só 5 euros enviando un correo electrónico a entradasmardigras@gmail.com. Tamén se poden mercar a ese prezo durante a proxección do documental sobre a banda, que se exhibirá ás 19:30 horas no Tío Ovidio, na Rúa Alta, con entrada gratuíta. As entradas custan 8 euros na billeteira.

 

KATE-CLOVER-_2023-1
Kate Clover ten na Mardi a única cita en Galicia

Para pechar a tempada, dous pratos fortes con artistas dos Estados Unidos en ambos os días. O mércores 30, no marco do 8º ciclo “Elas Son Artistas”, chega a californiana Kate Clover, alcumada a Nova Blondie. Unha gran responsabilidade. As entradas anticipadas custan 18 euros e todo apunta a que están esgotadas. Están dispoñibles en Entradium.com e á venda en RockBox e Creedence Rock Bar.
Esa noite, tamén poderemos gozar dunha sesión de DJ a cargo de Vanne Vamp.

E o peche desta magnífica tempada chegará coa terceira visita dun cuarteto feminino que arrasou en todos os seus directos: The Darts, de Seattle. As entradas anticipadas tamén están dispoñibles en Entradium.com por 15 euros. Estas dúas actuacións son un evento único en Galicia e, con elas, concluímos o noso Festival de xullo. Sen un só euro de financiamento público.

O Concello da Coruña aproba novas medidas de vivenda tras a declaración de mercado residencial tensionado

O Concello da Coruña aprobou o plan de medidas específicas que se aplicarán ata o ano 2028 ao amparo da declaración de zona de mercado residencial tensionado. O obxectivo é “mellorar a situación actual da cidade en materia de vivenda”.

Así o trasladou a súa alcaldesa, Inés Rey, na rolda de prensa convocada para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno. Na mesma, estivo acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz.

A rexedora advertiu de que “son necesarias 8.000 vivendas públicas ou protexidas para adaptarse á media europea”. “A aprobación deste paquete de medidas supón tamén o último trámite preciso para a entrada en vigor dos límites aos prezos do aluguer que establece a zona residencial tensionada”, expuxo.

Así, segundo explicou, as actuacións previstas serán remitidas á Xunta e ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana para a súa validación e entrada en vigor das medidas recollidas na Lei de Vivenda.

Pola súa banda, Díaz detallou que as iniciativas se basean en catro bloques: fomentar a promoción de máis vivenda pública e protexida; actualizar e adaptar o marco regulador e dar un impulso ás actuacións no parque residencial da cidade; incentivar axudas de rehabilitación e mobilización das vivendas baleiras; así como favorecer a colaboración interadministrativa para “facer un seguimento das medidas e valorar accións sobre a marcha”.

O obxectivo, engadiu, é que A Coruña conte nos próximos 20 anos, en 2045, cun 20% dos seus fogares dedicados a vivendas de políticas sociais, “revertendo así o déficit que ten actualmente a cidade”.

RECOLLIDA DE LIXO

Noutra orde de asuntos, o consistorio deu luz verde á actualización da ordenanza fiscal que regula a recollida do lixo. Esta medida é necesaria para adaptarse ás directrices da Unión Europea (UE) en materia ambiental, que esixe repercutir o custo do servizo ao usuario.

Segundo indicaron a alcaldesa, coa adaptación prevista, que se aplicaría a partir de 2026, o Concello aplicará un novo modelo que consistirá nunha cantidade fixa e unha cota variable en función do consumo da auga e da ruta de recollida determinada conforme ao contrato de lixo en vigor. Ambos os importes experimentarán actualizacións progresivas ata o ano 2028, avanzou.

Carmucha VST, a primeira ferramenta virtual para percusión galega está feita por un coruñés

0

A música tradicional galega xa ten unha nova ferramenta virtual. O músico coruñés Carlos Lijó ultima estes días “Carmucha VST”, a primeira ferramenta dixital que de maneira libre, accesible e de balde achega a calquera persoa o son de instrumentos como a pandeireta, o tamboril ou o pandeiro para a creación de novos ritmos.

“A idea é poñer ao dispor do mundo da produción musical moderna os nosos ritmos tradicionais e que calquera creador poida mesturalos con estilos contemporáneos de maneira fácil”, explica o impulsor do primeiro VST creado integramente en Galicia. Ou o que é o mesmo, “un plugin para a música que é, ao tempo, unha homenaxe a todas aquelas persoas que mantiveron viva a tradición durante xeracións” engade. “Carmucha VST” tamén está pensado para facilitar o traballo daqueles profesores de baile á hora de que os seus alumnos e alumnas practiquen os pasos e tamén para ensinar os ritmos de pandeireta, tamboril ou pandeiro nas aulas.

Calquera usuario da aplicación poderá acceder a patróns rítmicos autóctonos (muiñeira, pandeirada…) e arrastralos facilmente a calquera secuenciador, dispoñendo de controis dinámicos para personalizar cada golpe (ataque, volume, cola…). Tamén ofrecen efectos integrados (reverb, compresor ou ecualización). Outra das características é que eses patróns preséntanse en dobre formato: VST, para o seu uso en programas de produción musical e Standalone, como aplicación independente, unha versión especialmente útil, como explica o seu creador, para academias de baile tradicional que con “Carmucha” poderán practicar os pasos con acompañamento rítmico galego e adaptable á velocidade que desexen.

Os impulsores de “Carmucha VST”, Carlos Lijó (Lijas Virtual Sampler) e MOB Studios, confían en poder lanzar a primeira versión pública xa en setembro e que calquera interesado poida descargala desde a súa páxina oficial, de balde, a partir dese mes.

Investigan a pelexa multitudinaria entre mozos no parque de Santa Margarita

0

Polo menos un menor de idade resultou ferido na tarde deste martes nunha pelexa multitudinaria entre mozas ocorrida na Coruña, no Parque de Santa Margarita.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, ocorreu pasadas as 19.00 horas, cando algunhas persoas que pasaban por alí alertaron ás forzas e corpos de seguridade. Ata o lugar desprazáronse varios coches da Policía Nacional e a Local, xunto cunha ambulancia do 061, cuxos profesionais sanitarios tiveron que atender a un menor de idade.

Fontes da Policía Local ratifican a Europa Press que, a pesar da alarma xerada, a situación non escalou e non se presentaron denuncias por estes feitos.

PESCUDAS DOS CORPOS DE SEGURIDADE

As forzas e corpos de seguridade tratan de identificar aos implicados na pelexa multitudinaria rexistrada na tarde do martes no parque de Santa Margarita da Coruña.

En declaracións aos medios e preguntado respecto diso nun acto este mércores, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, explicou que se está tratando de identificar os autores desta rifa na que houbo “algún ferido leve”.

Devandito isto, Pedro Blanco transmitiu unha mensaxe de “absoluta tranquilidade” ao asegurar que se tratou dunha “pelexa entre mozas” e que as forzas e corpos do Estado traballan na idenficación dos autores.

Veciños do barrio coruñés de Eirís alegan contra o proxecto de Monte Mero pola derriba de 38 vivendas

O proxecto urbanístico da Xunta en Monte Mero –situado entre os barrios de Xuxán e Pedralonga– onde se prevé a construción de máis de 4.300 pisos, o 80 % protexidos, será obxecto de alegacións veciñais. Aseguran que “sobre 170” persoas perderán a súa casa. Así o anunciou a Asociación de Veciños de Eirís Uxío Carré tras denunciar que o plan de actuación redactado, tramitado como Proxecto de Interese Autonómico (PIA), recolle a derriba de 38 vivendas na zona.

“Non fixeron ningún esforzo para que o proxecto recolla a posibilidade de salvar algunha das vivendas existentes”, sinalan os afectados, nun comunicado. No mesmo, engaden que “aos reiterados intentos da representación veciñal porque se lles explicasen eses impedimentos para salvar algunha das casas, a resposta foi sempre a mesma: ‘Xa está decidido'”.

“A mesma resposta á pregunta de por que se escolleu un terreo cheo de casas e non outras opcións deshabitadas no perímetro da cidade”, lamentan para recalcar que quedou “claro” que “Xunta e Concello van da man”. Indican que o Executivo autonómico argumenta que “non hai posibilidade de salvar ningunha vivenda” porque “non encaixan” no proxecto. Así, as “case 200 persoas afectadas polas expropiacións” organizáronse como Plataforma e presentaron alegacións a esta Declaración de Interese Autonómico feita polo Goberno autonómico.

XUNTA

Pola súa banda, fontes da Xunta consultadas por Europa Press a este respecto explicaron que o ámbito de Monte Mero está definido no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da Coruña como “urbanizable”, “polo que a afectación das vivendas polo PIA nace do propio PXOM”. “A elaboración do PIA para 4.310 vivendas, no marco da Estratexia Galega do Chan Residencial, está aínda nunha fase moi incipiente, centrada na ordenación, e a Xunta seguirá mantendo o contacto e celebrando reunións cos propietarios de vivendas afectados en todo o proceso, xa que aínda non hai proxecto definitivo”, engaden.

Do mesmo xeito, apuntan que “tal como se comprometeu, a Xunta, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), mantivo unha reunión cos representantes dos veciños na que se lles trasladou que a ordenación non permite manter as vivendas existentes”. “En todo caso, o Goberno galego analizará polo miúdo todas as situacións dos afectados para atopar a solución máis vantaxosa en cada caso“, conclúen as mesmas fontes. Así mesmo, trasladan que “está prevista unha zona do ámbito de Monte Mero destinado ao reacollo dos afectados, coa construción de vivendas unifamiliares”. “Aínda que se algún propietario o quixese, tamén se podería xestionar en residencial colectivo“, apostilan.

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas