Inicio Blog Páxina 457

As 10 razóns polas que o BNG votou en contra da “pelotada inmobiliaria” da Maestranza

Aprobouse no pleno de onte, cos votos do PSOE e PP, o estudo de detalle correspondente á parcela 2 do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Maestranza, na contorna da avenida de Metrosidero. Un acordo plenario que permite que se vaia construír unha urbanización de 5 alturas en plena Cidade Vella.

Xa limos as críticas do colectivo Defensa do Común, que recolle o BNG nun crú comunicado despois de votar en contra a esta aprobación. O grupo nacionalista considera a operación unha “pelotada inmobiliaria de Defensa S.A” e asegura estar “en contra radicalmente da política de Estado de vender a cidade por anacos. Da política de Defensa S.A. de facer caixa con cada un dos anacos de solo que ten na cidade de Coruña”

A concelleira nacionalista Avia Veira, que interveu no Pleno para fixar a posición do BNG, explicitou ata 10 razóns polas que o BNG se opón a esta actuación urbanística.

Son estas:
1.-Porque este Estudo de Detalle determina que unha empresa privada poida construír nuns terreos adquiridos ao Ministerio de Defensa nunha poxa que nunca tivo que terse producido: ese soar do que hoxe falamos tiña que ter sido devolto gratuitamente a esta cidade.
2.-Porque os terreos historicamente lle pertencen á cidade da Coruña. Foron ocupados polo Ministerio da Guerra en épocas de monarquías absolutistas pero en 1840 o Goberno Municipal da Coruña solicitaba a devolución dos terreos do Campos da Estrada porque “el terreno de que se trata no puede pertencer a la nación, pues es de este pueblo”. E na sesión plenaria de 12 de marzo de 1855 acordaba “Elevar S.M. una reverente pero enérgica exposición demostrando que el terreno de que se trata no puede pertenecer a la nación pues es de dominio de este pueblo según sus títulos que posee y las reales concesiones que a su favor se han hecho suplicando por consiguiente se digne declarando propiedad de esta municipalidad”.
3.-Porque votar a favor disto non sería coherente coa postura política do Bloque Nacionalista Galego de reclamar constantemente a devolución gratuíta destes terreos: porque presentamos unha chea de iniciativas aquí e no Congreso dos Deputados e das Deputadas reclamando que os terreos que eran da cidade volvesen selo.
4.-Porque o PSOE ten no seu haber unha postura realmente confusa con este tema, absténdose en cada unha das iniciativas que en mandatos anteriores se trouxeron a pleno e que SAÍRON APROBADAS e polo tanto son declaracións da vontade do Pleno que eticamente os Gobernos deberan defender pero logo é que o PSOE votou a favor no Congreso dos Deputados a través do seu deputado Ricardo García Mira dunha iniciativa de En Marea que resultou aprobada e que dicía: “El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a establecer una mesa de negociación entre el Ministerio de Defensa y el Ayuntamiento de A Coruña para estudiar el traspaso al Ayuntamiento de A Coruña de las parcelas referidas facilitando así desde el Ministerio de Defensa la devolución gratuíta al Ayuntamiento de A Coruña de los terrenos y parcelas referidas -sitas en el Campo de Estrada- para su uso político, ya que son espacios comunales bienes propios pertenecientes a la ciudad desde su fundación”.
5.-Porque este Estudo de Detalle culmina un proceso absolutamente inxusto coa nosa cidade fronte a outras moitas cidades do Estado nas que se teñen cedido gratuitamente terreos do Ministerio de Defensa como Barcelona ou Alcalá de Henares.
6.-Porque estamos en contra radicalmente da política do Estado de vender a cidade da Coruña por anacos. Da política de Defensa S.A. de facer caixa con cada un dos anacos de solo que ten na cidade de Coruña e que parecen compartir tanto PP como PSOE porque nada se notou neste sentido o cambio de Goberno do Estado en 2018.
7.-Porque esta política extractiva de solo público, normalmente pertencente á cidade, para construír e construír vivenda, pero para quen? A que prezos?
8.-Porque a veciñanza da Cidade Vella se pronunciou en maio de 2018 radicalmente en contra de que se construíse nesas parcelas e demandou claramente que se destinasen a zona verde e equipamentos públicos: nunha consulta pública simbólica pero relevante pola participación e os resultados: votaron 449 persoas con DNI e residentes na Cidade Vella pronunciándose 436 persoas, case un 93 por cento, polo destino das parcelas a equipamentos e zonas verdes; 12 votos a favor da poxa; e 1 voto nulo.
9.-Porque estamos no século XXI e cremos que o que hoxe se aproba aquí é contrario aos principios dun desenvolvemento urbano sustentábel pola súa proximidade ao mar, o feito de que haxa edificacións máis próximas ao mar non significa para nada que iso sexa correcto ou esteamos de acordo.
10.-Porque cremos que este desenvolvemento que recolle o Estudo de Detalle non protexe en absoluto nin o BIC do conxunto histórico da Cidade Vella nin o BIC do sistema defensivo da Cidade Vella por moito que obriguen a que as partidas de remoción de terras se realicen con control arquelóxico. É absolutamente incomprensíbel como a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza ten freado obras por mudanzas de fiestras ou multado a locais de hostalaría polos toldos pero informa favorabelmente isto.

 

Máis información

O pleno da Coruña permite construír, cos votos de PP e PSOE, unha urbanización de 5 alturas na Maestranza

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

 

Este domingo, volve a Papanoelada Moteira no seu 10º aniversario

0

Moteir@s de toda Galicia percorrerán este domingo 17 de decembro as rúas de Culleredo e A Coruña no marco da Papanoelada Moteira. Unha cita da Asociación Papanoelada Motera Coruña para os amantes das dúas rodas que cumple 10 anos na cidade.

Os festexes comezarán pola mañá cunha chocolatada solidaria a favor da Asociación Española contra o cancro. A cita será ás 10:30h no PI Manuel Lugrís de O Temple, onde haberá actividades infantís.

Xa pola tarde, chega a parte máis vistosa, cando centos de motoristas disfrazados de Noeles realicen un pase que partirá ás 16:30 horas na Av. Xoan Carlos I do Burgo. A caravana percorrerá as estradas e rúas da zona para rematar en Riazor, na rúa Manuel Murguía ás 18:00 h.

A esa realizarase unha nova chocolatada, onde terán máis 1000 bombóns para acadar unha boa recadación que será entregada integramente a A.E.C.C.
A entidade sen ánimo de lucro xa ten colaborado coCentro Down Coruña, Hospital Materno Infantil, Aspace, Padre Rubinos, Adcor, recollida de alimentos para entidades como Banco de Alimentos, Hogar Sor Eusebia, Cocina Económica… Este ano toca a AECC.

O pleno da Coruña permite construír, cos votos de PP e PSOE, unha urbanización de 5 alturas na Maestranza

A pesar das peticións cidadás de entidades como Defensa do Común, e da clara contraposición do BNG, que considera o asunto un “pelotazo inmobiliario”, o pleno de decembro da Coruña aprobou (cos votos de PSOE e PP) definitivamente o estudo de detalle correspondente á parcela 2 do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Maestranza, na contorna da avenida de Metrosidero.

No canto de ofrecer un espazo para a cidadanía, continúa á política especuladora do goberno local, dándose luz verde así á urbanización dunha superficie de 1.353 metros cadrados, no que a promotora ten previsto edificar un inmoble con planta baixa e cinco alturas.

Un asunto herdado ademais da débeda que o Concello da Coruña ten co estado estatal pola construción do porto exterior.

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

Desde o goberno local, o concelleiro de Urbanismo, Francisco Díaz Galego, apelou á existencia de informes favorables.

Oposición firme do BNG: “A pelotada inmobiliaria de Defensa S.A. sae adiante grazas aos votos de PSOE e PP”

“Estamos en contra radicalmente da política do Estado de vender a cidade a anacos”, sentenciaron desde as filas nacionalistas.  “Estamos en contra radicalmente da política de Estado de vender a cidade por anacos. Da política de Defensa S.A. de facer caixa con cada un dos anacos de solo que ten na cidade de Coruña”.

Outros puntos

No pleno, aprobouse, por unanimidade, o cambio de uso da parcela onde está localizado o antigo concesionario de Conde Medín, na avenida do Ferrocarril, que pasará a ter unha cualificación urbanística de equipamento público con uso dotacional administrativo.

A Corporación, por tanto, tamén aprobou unha moción do BNG para urxir ao goberno local a, nun prazo de 3, meses traer a Pleno unha nova Ordenanza de Mobilidade. Canto ao turismo, o concelleiro nacionalista David Soto pide un novo Plan Estratéxico de Turismo, pois o anterior (2017-2020) tivo un “cumprimento escaso”.

O MAHI abríu as súas portas

0

Esta semana coñecimos a través dunhas fotos como é o novo Museo de Automoción e Historia da Coruña. Un MAHI que abría as súas portas na espectacular nave no Polígono de Sabón (Arteixo) cunha inauguración oficial este xoves 14 de decembro de 2023, nun acto que marcou un fito no mundo dos museos.

O acto contou coa presenza de destacadas personalidades, autoridades e medios de comunicación nacionais como alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; o presidente da Fundación Jorge Jove, Ángel Jove González; o Presidente de Honra e Fundador da Fundación Jorge Jove, Ángel Jove Capellán; a Subdelegada de Goberno María Rivas, e o presidente da Xunta de Galicia, don Alfonso Rueda. MAHI MUSEO DE AUTOMOCIÓN E HISTORIA_5429 copia

Ángel Jove González deixou claro que o “MAHI é moito máis que un museo da Automoción”, mentres que Jove Capellán lembrou que “este museo é a culminación de 25 anos de traballo e sitúa a Galicia como un referente europeo no sector da automoción”. De feito sinalaron que a idea foi concebida en 2003.

Posteriormente, máis de 150 asistentes, entre figuras do mundo do motor e da política, tiveron a oportunidade de explorar as fascinantes exposicións do MAHI, Museo da Automoción e da Historia, gozando dunha experiencia única e interactiva. A velada rematou cun agradable cóctel por cortesía de Elba Hotels.

O MAHI, que abrirá as súas portas ao público a partir do 16 de decembro ofrece unha experiencia que fusiona a historia do automóbil co rico patrimonio cultural de Galicia.

Ver a Galería do Museo MAHI: 

Así é o MAHI, o Museo de Automoción e Historia da Coruña, que abre as súas portas o 16 de decembro

A alcaldesa da Coruña ordena saír do pleno ao portavoz do PP que a acusa de “autocracia”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ordenou saír do pleno ao portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo que, á súa vez, acusouna de “autocracia”.

Foi ao final da sesión plenaria celebrada este xoves e despois dun cruzamento de críticas entre edís do PP e o portavoz do goberno local, o socialista José Manuel Lage.

E é que o ambiente se tensou cando houbo alusións dos populares aos pactos do PSOE con independentistas e a amnistía, así como as relativas a outras cuestións como a investigación xudicial polas comisións de servizo.

A alcaldesa chamou á orde en varias ocasións ao portavoz popular, ao que advertiu que lle expulsaría se seguía falando sen quenda de palabra. Tras a chamada á orde tres veces, ordenoulle abandonar a sesión plenaria.

“A autocracia chegou a este concello”, sentenciou Lorenzo. Mentres, a rexedora trasladou o “sentimento de pena e frustración” porque non se manteña no pleno “un clima de educación e respecto”. “Por falta de vontade manifesta do PP”, sentenciou.

Xa con posterioridade, e nunhas declaracións remitidas aos medios de comunicación, o viceportavoz do grupo municipal do PP, Roberto Rodríguez, acusou á rexedora de non “respectar” o regulamento orgánico municipal e de tomar partido “culpando aos insultados”.

Rexeita tamén que sexa o seu grupo quen xere un “clima de crispación” e reprocha a intervención do edil socialista José Manuel Lage. “Admitísemos unha reprimenda conxunta”, sostén sobre o sucedido.

Nova folga na sanidade privada da provincia da Coruña cun seguimento “importante”

0

O persoal da sanidade privada na provincia da Coruña secundou este xoves unha nova xornada de folga convocada por CIG, UXT e CCOO para reclamar un novo convenio. O seguimento foi “importante”, segundo o responsable de CIG no sector, Miguel Tizón, que estima que nalgúns hospitais como o Quirón Saúde e o HM Modelo foi do 100%.

“Para nós é importante o seguimento que houbo da folga porque quere dicir que a xente está moi concienciada para reclamar os seus dereitos e fai o esforzo de perder o salario destes días”, explicou o portavoz do sindicato, nun comunicado.

Neste contexto, Tizón acusa á patronal de contratar seguridade privada para “amedrentar” ao persoal, ademais de impor uns servizos mínimos que considera “abusivos” e contra os que xa avanza un recurso porque, ao seu xuízo, supón unha vulneración do dereito fundamental de folga.

A pesar diso, a CIG celebra que as concentracións organizadas este xoves ante os principais centros hospitalarios da provincia foron secundadas “de maneira significativa” polos traballadores, con proclamas como ‘aquí está, aquí vese, a sanidade privada en pé’ ou ‘non chegamos a fin de mes’.

Estas mobilizacións na sanidade privada iniciáronse hai xa uns meses para que se retome a negociación dun novo convenio que regule aos máis de 4.000 empregados que hai na provincia, incluídos os de clínicas dentais, de fisioterapia, centros estéticos e laboratorios.

Respecto diso, o responsable da CIG lamenta que a resposta da patronal a estas accións fose “chantajear coa retirada de tres dos puntos” xa conseguidos, como “os trienios ou os tempos de cobro das baixas”.

Con todo, “seguen sen propor nada no referido a a redución de xornada” nin “ao cobro dos domingos”. Se non se retoma o diálogo, advirten todos os sindicatos, as mobilizacións e as folgas “continuarán”.

Os 50 nomes que forman a Comisión Promotora de Sumar Galicia

0

Esta mañá celebrouse a nota de prensa de presentación das principais liñas da nova formacion Sumar Galicia. Xa coñecimos os primeiros nomeamentos, como o de José Manuel Sande (ex de Podemos), ou o do exsocialista Villoslada. Este sábado será a presentación da promotora, e as 50 persoas que forman parte da mesma acompañarán nun acto público no Palexco á líder nacional Yolanda Díaz.

”Isto constata a importancia que Yolanda lle dá ao cambio que ten que vivir Galicia”, explicaba Paulo Carlos López na primeira rolda de prensa da entidade.

”Sumar a organizacion que máis se parece a sociedade socialista de Galicia”, sinalaba o portavoz de Sumar Galicia, asegurando que “Sumar ensancha o espazo progresista, apelando a moita máis cidadanía con dous eixes fundamentais: igualdade e política social”.

Asegura que se centrarán en facer “políticas públicas transformadoras, verdes e feministas”, e puxo en valor os 50 nomes que forman esta “comisión plural, diversa, que recolle un capital político importante da sociedade civil, sector profesional, femininsa, ecoloxismo, academia, cultura…”.

Estas son as 450 persoas que forman a Comisión Promotora:

Política institucional:

  • Marta Lois González (Santiago de Compostela).
  • Verónica Martínez Barbero (Baiona).
  • Manuel Lago Peñas (Vigo).
  • Juan Díaz Villoslada (A Coruña).
  • José Manuel Sande García (A Coruña).
  • María Xosé López Fernández (Vigo).

Defensa dos servizos públicos

  • Trinidad Palacios Raposo (A Coruña).
  • Jesús Araujo Nores (Gondomar).

Feminismos

  • Carme Casado Casado (Santiago de Compostela).
  • Sara Outeiral Cameán (A Pobra do Caramiñal).
  • Luisa Pasín Mato (Santiago de Compostela).

Ecoloxismo:

  • María do Pilar Barros Barco (O Carballiño).
  • Néstor Vázquez Mariño (Vigo).
  • Silvia María Pinal Seoane (Ponteceso).

Sector cultural:

  • Marilar Jiménez Aleixandre (Santiago de Compostela).
  • Henrique Monteagudo Romero (Ames).
  • Pere Tobaruela Martínez (Rois).
  • Carlos Ares Pérez (A Coruña).
  • María Rodríguez Vázquez (Carballedo).

Sector profesional:

  • Mar Pichel Montes (Fornelos de Montes).
  • Estevo Sánchez Gálvez (O Grove).
  • Iván Olmos Ferreiro (Xinzo de Limia).
  • Elvira Landín Aguirre (Vigo).
  • Esther Sobrado Janeiro (Ourense).
  • Mercedes González Pazos (O Barco de Valdeorras).
  • Alfredo Manuel González López (Corcubión).

Sindical:

  • Rocío Núñez Rúa (Cangas do Morrazo).
  • Víctor Ledo Estévez (Ferrol).
  • Laura García Parada (Vigo).
  • Ramón Sarmiento Solla (Vigo).
  • Mabel Pérez Simal (Pontevedra).
  • Gloria Alonso Domínguez (Vigo).

Municipalismo:

  • Xosé Lois Piñeiro García (A Pobra do Caramiñal).
  • Jorge Suárez Fernández (Ferrol).
  • Elisa Fernández Ferreiro (San Xoán de Río).
  • Manuel Seijas Caamaño (Noia).
  • Dolores Caramés Hermo (Noia).
  • Mónica Peralba Portela (Mondariz).
  • Alberte Muíño Naveira (Betanzos).
  • Noa Morales Sánchez (Santiago de Compostela).

Mocidade:

  • Francisco Gómez García (A Coruña).
  • Aida Ferreiro Galbán (Vilanova de Arousa).
  • Daniel Paradela Dosil (Noia).
  • Alicia Carrera Castaño (Teo).

Académico e investigador:

  • Paulo Carlos López López (Betanzos).
  • José Ángel Fernández Holgado (Vigo).
  • José Antonio Rodríguez Añón (Viveiro).
  • Amparo Novo Vázquez (Lugo).
  • Manuel Barreiro Rozados (Teo).
  • Pablo Calviño Tato (Vedra).

Máis novas

Juan Manuel Díaz Villoslada: “(Inés Rey e Lage Tuñas) seguen entendendo unha forma de acción política que non comparto”

Yolanda Díaz ficha a Sande de asesor

Rescatado o corpo dun home flotando no mar na zona da Torre de Hércules

0

O corpo dunha persoa flotando no mar na zona da Torre de Hércules foi recuperado esta tarde.

Foi un particular, que se identificou como traballador do faro romano, quen alertou arredor das 17:00h da tarde da presenza do corpo que, segundo a información facilitada, corresponde a un home.

Desde o Servizo de Salvamento Marítimo indicaron que foi o equipo de rescate dos bombeiros, que trasladou unha lancha e unha moto de auga, a que recuperou o cadáver. Do caso, fíxose cargo a Policía Nacional.

Declarada iniciativa empresarial prioritaria a construción dunha planta de hidróxeno verde en Arteixo

0

O Goberno galego autorizou a declaración como iniciativa empresarial prioritaria do proxecto Arteixo H2V impulsado pola sociedade Accionaplug –promovida por Acciona Enerxía e Plug Power– para a construción dunha planta de xeración de hidróxeno verde no concello coruñés de Arteixo, cun investimento de 49,3 millóns de euros.

A planta, que se situará no polígono de Morás, contará cun electrolizador de catro módulos de 5 MW cada un cunha capacidade produtiva efectiva media de 2.982 toneladas de hidróxeno verde ao ano.

Para a súa produción usarase enerxía eléctrica de orixe totalmente renovable xerada no parque eólico Monteagudo –de nova construción– complementado con enerxía proveniente da propia rede eléctrica a través dun acordo de compra de enerxía (PPA).

FAC-USO denuncia a falta de transparencia do goberno local polos incumprimentos do Castrillón

0

Continúan os problemas arredor da xestión do Centro Deportivo do Castrillón. Tralas denuncia de BNG e PP, volve a  Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira OBREIRA en Galicia (FAC-USO Galicia), que xa o denunciara en agosto, denuncia falta de transparencia do Gobierno municipal polos incumprimentos da empresa concesionaria da xestión das instalacións do CD Castrillón, xestionado por EMVSA (Empresa Municipal de Vivenda Servizos e Actividades, S.A.), por, numerosas irregularidades.

Con todo, a unha pregunta do BNG no pleno deste xoves 14 de decembro, José Manuel Lage avanzou que en 2024 o Concello licitará conxuntamente a xestión dos complexos deportivos do Castrillón e San Diego.

Estas son algunhas irregularidades que denuncia FAC-USO

  • Existen franxas horarias onde a sala de fitness, non conta con persoal técnico, ou este atópase realizando outras funcións na piscina ou en información-recepción.
  • Socorristas e monitores vense obrigados, en ocasións, a compaxinar, as dúas funcións, sen contar, no segundo caso, coa titulación necesaria requirida.
  • No CD Castrillón, aos socorristas obrígaselles a impartir cursos de natación aínda que non dispoñan de titulación esixida, a realizar funcións de mantemento da instalación, a manipular produtos químicos, sen cobrar o plus de toxicidade, ou, o que resulta moitísimo máis grave, a dar cursos e facer de socorristas ao mesmo tempo, persoal que xa non poderá ser subrogado no novo contrato de servizos, que ninguén sabe cando se licitará.
  • Traballadores/as realizan, en ocasións, xornadas continuas e ininterrompidas de ata 13 horas diarias durante as fins de semana e os días festivos.
  • Traballadores/as non contan cos descansos legais pertinentes, entre xornadas e dentro da propia xornada.
  • Traballadores/as non cobran pluses: nocturnidade, perigo, toxicidade, etc.
  • Existen traballadores/as aos que non se lles aplica o “Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia”, con peores condicións económicas e laborais.
  • O Centro Deportivo non conta, desde hai meses, co posto de Director-Coordinador, posto obrigatorio e estrutural, clave para o funcionamento, funcións que vén desempeñando unha monitora contratada para impartir actividades de fitness, que non conta nin coa experiencia requirida, nin tampouco coa titulación adecuada (intrusismo profesional).

O sindicato lembra que levan denunciando o caso dende agosto, “sen que nin EMVSA (entidade contratante e responsable), nin o Concello da Coruña fixesen nada, permanecendo ata a data allea a toda a problemática existente, non tomando as medidas oportunas respecto diso, e converténdose, desta maneira, en “cómplices” de todas as irregularidades contractuais e laborais que se veñen cometendo por parte da empresa”.