Inicio Blog Páxina 13

A xuízo o loteiro da Coruña acusado de quedar cunha Primitiva de 4,7 millóns

A próxima semana chegará aos tribunais o xuízo contra o loteiro da Coruña acusado de quedar cunha Primitiva millonaria, unha vista na que estará tamén o seu irmán, que era no momento dos feitos delegado provincial de Lotarías e Apostas do Estado e que Fiscalía considera que tamén delinquiu.

En concreto, o loteiro está acusado de quedar cun boleto premiado con 4,7 millóns de euros dun cliente, e o seu irmán de colaborar para que iso fose posible, segundo a acusación. A Fiscalía solicita para o primeiro seis anos de cárcere por un delito de estafa ou, alternativamente, por apropiación indebida. Para o seu irmán pide a mesma pena de prisión por branqueo de capitais ou por encubrimento.

O loteiro e o seu irmán, que en 2012 –ano dos feitos — era delegado de Lotarías, serán os únicos aos que se xulgará despois de que a Audiencia Provincial da Coruña desestimase no seu día os seus recursos e si admitise o formulado pola Avogacía do Estado e acordase o sobresemento provisional da causa respecto doutro catro investigados, altos cargos de Lotarías do Estado.

O caso ten a súa orixe nun dos episodios máis lembrados sobre o cobro de premios de Lotaría: o dun boleto agraciado con 4,7 millóns de euros que o loteiro dixo atoparse tirado e que, durante anos, tivo unha propiedade discutida. Varias persoas postuláronse como posibles donos deste premio, mentres que o loteiro argumentaba que non aparecera o propietario e, por tanto, tiña dereito a cobrar o montante. Ao ano seguinte de selarse, o Concello da Coruña iniciou un “expediente de achado” para buscar ao gañador do billete premiado, que o loteiro dixo atopar na súa administración da Praza de San Agustín.

Con posterioridade, iniciouse a investigación policial. Nela, cuestionouse a versión facilitada polo home sobre o achado casual do billete, chegando a considerarse que el mesmo premiara ao verdadeiro dono cando este acudira a comprobar o boleto. A investigación sinalou a un presunto lexítimo propietario, xa falecido, e cuxos herdeiros agora reclaman o premio.

RELATO DA FISCALÍA

A Fiscalía relata que o home xa falecido, ao que se considera o propietario, acudiu en xullo de 2012 ao establecemento do loteiro para comprobar se os boletos que tiñan estaban premiados. Con todo, sostén o Ministerio Público, o acusado “coñecedor do alto importe do premio, quedouno para así, xunto cos demais boletos, e non comunicou ao apostante dito extremo nin tampouco lle devolveu o resgardo nin o comprobante expedido polo terminal”.

“Co boleto no seu poder e completamente seguro do alto valor que tiña, ese mesmo día acudiu á delegación provincial de Lotarías e Apostas do Estado da Coruña”, na que estaba á fronte o seu irmán “coa finalidade de acelerar os trámites do cobro do resgardo, prescindindo de calquera procedemento regulado e coma se fose lexítimo posuidor”.

“Sendo plenamente consciente da ilexitimidade da posesión deste título por parte do seu irmán”, asegura que este “se dispuxo a facilitarlle o camiño” con actos tendentes “a disfrazar a verdadeira orixe do boleto” para os efectos de que se puidese “facer efectivo o premio”. Tamén sinala que “omitiu toda actuación, como delegado provincial, que puidese servir para verificar a orixe real do boleto”.

Oito formacións competirán na Coruña na batalla de bandas das Flores Rock o 16 de maio

0

A batalla de bandas do festival Flores Rock celebrará na Coruña unha nova edición o 16 de maio, coa participación de oito formacións que actuarán na praza do Sol Nacente, no Barrio das Flores.

As bandas, informa o consistorio, competirán por formar parte do cartel definitivo do festival, que se celebrará os días 4 e 5 de setembro.

O Concello da Coruña organiza, xunto coa Plataforma Veciñal do Barrio das Flores, este evento. Keepers, Five Pipers, Here Comes The Pain, Baila Coitelo, Graxa, Ewaric, Replicantes e Penitence In Darkness son o oito bandas participantes.

Máis novas

O Flores Rock afiánzase como unha das últimas citas roqueiras da cidade

O Flores Rock, facendo cultura de barrio

Demenzia Sozial gaña a primeira edición do concurso de bandas Flores Rock

Noites do Porto celebrará un concerto sorpresa no peirado na noite de San Xoán

0

Segue avanzando a programación do festival Noites do Porto. O festival que mellor coida as salas da cidade, pero que se prepara para vivir un dos momentos máis especiais da súa traxectoria: Un concerto sorpresa no peirao de Batería na noite de San Xoán.

As entradas, “só para crentes”, xa están á venda aínda que o festival non fará público @ artista intivitad@ ata vindeiras daas.

 

A programación no recinto portuario sumará tamén a forza de Barry B o venres 26 de xuño, considerado unha das cabezas visibles da nova escena pop nacional —compartindo olimpo con nomes como Judeline, Rusowsky ou Ralphie Choo—.

Con estas novas incorporacións, Noites do Porto amplía o seu programa compaxinando escenarios desde o intimismo dos clubs de jazz ata a maxestuosidade do Teatro Colón e, de novo, os terreos portuarios, o festival ofrece un percorrido sonoro inigualable pola Coruña.

NOITES DO PORTO 2026: PRIMEIRAS CONFIRMACIÓNS
  • 22.06.26, Jazz Filloa | Lela Soto
  • 23.06.26, Muelle de Batería | Concierto sorpresa
  • 25.06.26, Garufa Club | La Tania
  • 26.06.26, Muelle de Batería | Barry B
  • 28.06.26, Mardi Gras | ELLiS·D
  • 30.06.26, Inn Club | Curtis Harding 
  • 02.07.26, Teatro Colón | María José Llergo
  • 05.07.26, Garufa Club | Nadadora

Así foi o ano pasado

Océano Eskizo revive na Mardi tres xeracións de punk coruñento

O Jazz Filloa, unha das salas de jazz máis antigas de España, abriu o Noites do Porto

“I know it could be safer to stay at home”. Crónica amarga do concerto dos Lemonheads

Asi foi en 2024

As salas e os bares, as primeiras protagonistas do festival Noites do Porto

Así foi en 2023

8.400 persoas gozaron dos concertos especiais das Noites do Porto

BNG e PP urxen ao goberno local da Coruña explicacións e medidas polo remanente negativo en 2025

A filtración dun informe do Interventor sobre a Liquidación de 2025 do Concello da Coruña vén de facer saltar todas as alarmas no seu da oposición. Tanto BNG como PP veñen de facer crúas roldas de prensa nas que critican a falta de información sobre o estado da economía municipal, ao coñecer o “buraco” económico xerado por un remanente negativo co que se pechou o exercicio pasado e que os populares sitúan en 9,66 millóns.

Dende o PP, o seu portavoz municipal, Miguel Lorenzo, esixiu coñecer o informe do interventor sobre a liquidación do ano pasado “porque o buraco económico podería impedir solicitar os 40 millóns do préstamo para investimentos deste ano, ademais dos recortes para compensar o déficit”, sostén nun comunicado.

“Sabemos que o exercicio se pechou con remanente negativo de 9,66 millóns de euros e que implicará recortes, pero descoñecemos o informe do interventor de estabilidade orzamentaria que acompaña á liquidación sobre do incumprimento da regra de gasto e de estabilidade orzamentaria”, engade.

Os concelleiros do BNG Avia Veira e Francisco Jorquera ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación económica no Concello da Coruña. BNG
Os concelleiros do BNG Avia Veira e Francisco Jorquera ofrecen unha rolda de prensa sobre a situación económica no Concello da Coruña. BNG

Pola súa banda, en rolda de prensa, os nacionalistas instáronlle a “mover ficha” e a especificar “como pensa resolver este buraco do orzamento de 2025”. “Non é confiable, é un goberno que está a fallar no grande, no mediano e no pequeno”, asegurou a concelleira nacionalista, Avia Veira, que será a candidata do BNG á Alcaldía da Coruña.

“Quen ten que mover ficha é o goberno local, ten que pór unha proposta sobre a mesa e, a partir de aí, negociar co BNG”. “Non é de recibo pasar esta pataca quente ao próximo mandato, ao goberno local que salga das urnas de 2027”, sentenciou o edil Francisco Jorquera.

Outras novas

PP e BNG censuran no pleno a xestión do goberno local da Coruña tras renunciar á sede do Mundial 2030

O pleno acorda adiar a modificación do PXOM sobre o Parque da Agra e promover un proceso participativo veciñal

A Xunta volve lavar as mans e pon sobre o tellado do Concello a conservación dos murais de Lugrís da rúa Olmos

0

É especialista a Xunta en descargar problemas na administración local. Cando falamos do “Conxunto de pinturas murais do antigo restaurante Fornos ou murais do Fornos” falamos da inacción común tanto da Xunta como do Concello da Coruña que está permitindo que esmoreza entre a humidade un dos tesouros que nos deixou Urbano Lugrís. Pero, unha vez máis, a Xunta volve poñer no tellado do Concello o proceso de restauración do recoñecido como Ben de Interese Cultural.

Esta semana Xunta notificou un informe no que avalía o estado real dos frescos, recoñecendo que dende que mercou os frescos o seu estado non fixo máis que empeorar. Malia que a Xunta é a propietaria do conxunto de frescos, o edificio, que se cae a anacos, segue a ser dun propietario particular, complicando calquera intervención. O Informe recoñece que non se pode restaurar ben os murais sen arranxar antes o edificio, xa que sen unha rehabilitación que garanta unhas condicións mínimas do inmoble é imposible asegurar o control da humidade e da temperatura.

O informe recolle tamén que apenas se ten feito absolutamente máis que unhas intervencións de urxencia en 2025 e certo seguemento de control en 2026, pero malia que a restauración está definida tecnicamente, non se dá executado.

Ante esta parálise, a Xunta lembra tanto ao Concello como aos propietarios do edificio, que “é competencia do concello velar pola salvagarda dos inmobles catalogados, e, en concreto, tramitar os expedientes precisos para garantir o disposto no artigo 32 do Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia no que se establece que son as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia quen están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración”.

A cousa parece evidente e ata que non se desbloquee a restauración do edificio, os murais seguirán en risco e non se poden restaurar correctamente.

Dende a AC O Mural, a entidade que conseguiu traer ao debate público esta restauración e poñer en valor estes murais, fica sorprendida pola “resposta tan directamente negativa e autoincriminatoria da Xunta. Semella que remataron as boas relacións co Concello e queren “cargarlle o morto” ao “goberno de Inés Rey” e preocúpanos a esquizofrenia da Xunta que non é capaz de verse a si mesma como responsable como propietaria do BIC (os frescos) e exixe responsabilidade aos propietarios do edificio (que non teñen BiC ningún)”.

Máis novas

A asociación O Mural urxe medidas de protección para as pinturas de Lugrís na Coruña

Tecendo tapabocas á espera das accións da Xunta e do Concello nos frescos de Lugrís…

As doce obras dos murais de Lugrís na rúa Olmos, declaradas definitivamente BIC

 

Unha libraría da Agra do Orzán celebra este sábado a primeira feira da cidade dedicada a exemplares con taras

0

A libraría Galgo Azul, na Coruña, acollerá este sábado, 11 de abril, o I Feira de Libros Tarados da cidade, na que, en colaboración con oito editoriais, venderán exemplares descatalogados, con pequenas imperfeccións estéticas e restos de ‘stock’ a un prezo rebaixado.

Isto é o que, dentro do sector editorial, coñécese como libros con ‘taras’, que poden ser marcas en cuberta, dobleces ou lixeiros erros de impresión. “Lonxe de perder a súa esencia, manteñen intacto o seu contido literario e pedagóxico”, defende o espazo literario, que perfila o evento como unha “mirada alternativa” cara ao consumo cultural, “onde o imperfecto non ten cabida”.

A feira está organizada xunto ao editoriais Coco Books, Cumio, Ekaré, Mocidade, Libre Albedrío, Thule, Triqueta e Raposo Vermello. Todas elas participarán cun centenar de títulos en libro ilustrado, novela gráfica, conto e narrativa que poderán comprarse a partir de 5 euros. Nalgúns casos, a rebaixa chegará mesmo a ser dun 40 % sobre o prezo orixinal.

Para axudar a potenciais clientes, o evento implementa un sistema de adhesivos de cores que indica o prezo de cada exemplar. Este método, sinxelo e eficaz, transforma a experiencia de compra nunha exploración dinámica, onde o visitante pode percorrer mesas e estantes en busca de achados inesperados.

A cita terá lugar o sábado 11 de abril (de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00), con entrada libre e gratuíta. Mediante esta proposta, a organización pretende dar unha segunda vida a estes libros e, ademais, fomentar prácticas de consumo responsable no ámbito editorial e entre a comunidade lectora de todas as idades.

Xa hai cinco finalistas para deseñar a fachada marítima a pesar das continuas críticas ás bases

O proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima avanza cara á transformación futura do porto e da cidade coa selección de cinco equipos finalistas entre as 14 candidaturas válidas que se presentaron ao concurso, segundo informan o Concello e a Autoridade Portuaria.

A pesar de non se publicitar no perfil do contratante da APAC, nin cal foi a mesa de contratación ou órgano de asistencia que fixo a selección, nin a acta de valoración das propostas seleccionadas, a realidade é que temos un compendio de 28 empresas de todo o planeta, con actuacións destacadísimas en cidades como Liverpool, Amberes, Copenhague ou Sydney, que contan en total con 13 empresas galegas entre as súas UTEs.

Os equipos seleccionados disporán dun prazo de catro meses para presentar as súas propostas. Deste xeito, no terceiro trimestre deste ano prevese elixir a proposta máis axeitada, atendendo a criterios como a calidade técnica, a funcionalidade, os aspectos ambientais e económicos, así como a ordenación urbanística global.

Os cinco equipos clasificados (segundo orde de chegada das ofertas) son:

Finalistas proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima

Reflexións

Con todo, os colectivos que estiveron avaliando o proceso de creación das Bases do concurso volven incidir no que xa dixeron no seu día: As propias bases non están ben formuladas.

Así o entende Benedito Álvarez. Un dos membros da activa Plataforma Defensa do Común segue defendendo que unhas “bases do concurso erróneas máis un proceso restritivo, dan un resultado final que non concorda co que A Coruña precisa”.
E afonda nesta lectura: “Cando as Bases apostan pola privatización do espazo portuario (por moito que diga o contrario o goberno local) e a subsariedade do uso portuario, cando as Bases do concurso manteñen a vixencia dos Convenios do 2004, cando esas mesmas Bases manteñen a débeda como un condicionante sobre-determinante da futura ordenación e cando, ademais, se optou polo procedemento restrinxido e limitado a un máximo de 5 (o tope mínimo legal)… pois sendo as condicións de partida así… o resultado do concurso non vai ser o que o porto e a cidade deberían agardar”, lamenta, sen entrar a valorar a calidade dos equipos finalistas.

Pola súa banda, Ruth Varela, presidenta do Colexio de Arquitectos de Galicia, volve insistir en aspectos xa comentados: “Considero que é preciso reconsiderar as bases para axustar os obxectivos do concurso ás necesidades da cidade e que é preciso tamén reconsiderar a forma de participación para que sexa o coñecemento local o que guíe as decisións, en base ás necesidades reais do Porto e da cidade que coñece moito mellor. Ademais, volvería a pedir maior reflexión e maior prudencia para evitar un resultado que, en esencia, vai ser unha lousa para o futuro do Porto da cidade e unha hipoteca para os seus cidadáns”, asegura.

Máis novas

“Os cambios desta 2ª licitación do concurso da Fachada Marítima non abren o proceso aos equipos locais”

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

https://xornaldacoruna.gal/2025/09/18/debe-condicionar-o-p

O fallo do concurso do deseño da fachada marítima coruñesa notificarase “no outono de 2026”

 

A Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo formalizan a entrega do novo parque de bombeiros de Morás

0

O presidente da Deputación da Coruña e máximo responsable do Consorcio Contraincendios da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, oficializaron este venres a entrega das obras do novo parque comarcal de bombeiros situado no polígono de Morás.

Ao acto asistiron tamén o deputado de Economía e Facenda, José Ramón Rioboo; o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, e o xerente do Consorcio Provincial Contraincendios, José Luís Barca.

Esta nova infraestrutura substitúe á antiga base de Sabón. O traslado definitivo da actividade e do persoal completarase nos próximos dous meses.

O novo complexo sitúase nunha parcela de 4.000 metros cadrados cedida polo Concello de Arteixo nunha localización que garante unha conexión inmediata coa autovía A-6 e a autoestrada AG-55.

Esta mellora xeográfica busca reducir os tempos de resposta ante emerxencias non só en Arteixo, senón tamén nos municipios de Cambre, Carral, Culleredo e Oleiros, que forman unha contorna demográfica en plena expansión con case 135.000 habitantes.

Durante o acto, o presidente provincial, Valentín González Formoso, confirmou que en apenas dous meses este parque será o que conte con máis efectivos de toda a rede, chegando aos 25 axentes fronte aos 18 actuais grazas ao proceso de oposicións en marcha. O alcalde de Arteixo remarcou, á súa vez, a importancia da localización das novas instalacións.

OUTRAS INICIATIVAS

Noutra orde de cousas, a deputada de Industria e Emprego da Deputación A Coruña, Rosa Ana García, participou en Vimianzo, xunto coa alcaldesa e tamén deputada provincial, Mónica Rodríguez, na presentación da segunda edición do foro Alza Voz de Muller.

O encontro celebrarase os días 8 e 9 de maio e reunirá a profesionais de distintos ámbitos para compartir experiencias e coñecementos sobre o liderado feminino, especialmente en zonas rurais.

Mentres, o organismo provincial concedeu definitivamente o programa de subvencións promovido polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico, que permitirá a un total de 54 municipios e entidades locais da provincia dispor de financiamento para cubrir os gastos de persoal das súas oficinas de turismo durante o presente exercicio económico.

Desarticulan unha banda que roubaba móbiles en festas

0

Levaban máis de 200 delitos cometidos entre xullo de 2023 e decembro de 2025 en máis de quince concellos galegos. A Garda Civil e a Policía Nacional veñen de desmantelar  un grupo criminal itinerante especializado en roubos con forza e roubo de dispositivos móbiles en grandes eventos e celebracións populares na comunidade autónoma de Galicia.

Ata o de agora, dous homes, considerados os líderes da organización criminal, foron detidos e imputados por presuntos delitos de roubo a man armada, furto, danos informáticos, revelación de segredos e pertenza a grupo criminal.

A Operación GALAXIA AIMALUM detectou que o grupo, cun piso na Corua como se sede, trasladábase a festas ou eventos (como o Entroido de Ourense, o ArdeLucus, ou festas patronais de vilas do litoral galego) para roubar os dispositivos distraendo aos seus lexítimos propietarios ou, se fose necesario, empregando violencia mediante agresións físicas ou roubos.

Tras o roubo físico dos dispositivos, o grupo implementaba técnicas sofisticadas para eludir as medidas de seguridade e usar software malicioso. Mediante enxeñaría social, suplantaron o servizo de soporte técnico do fabricante do dispositivo e enviaron ligazóns fraudulentas ás vítimas. Deste xeito, obtiñan as credenciais de inicio de sesión para os servizos de almacenamento na nube, desconectando a xeolocalización dos dispositivos, tomando o control total dos dispositivos e bloqueando o acceso das vítimas á súa propia información persoal.

Operacion roubos Garda Civl en Festas

A operación levouse a cabo por etapas, en diferentes fases policiais destinadas a previr novos delitos.

Un dos líderes da rede foi detido na véspera das festas do Entroido de 2026, mentres que o segundo líder foi interceptado á súa chegada a España, coincidindo co inicio da operación de seguridade de Semana Santa. Executáronse ordes de rexistro en dúas propiedades situadas na cidade da Coruña.

Durante os rexistros, os axentes incautáronse dos seguintes artigos:

• 12 dispositivos móbiles de alta gama roubados previamente.

• Diversos disfraces e traxes utilizados polos autores para mesturarse coa multitude.

A operación segue aberta e son posibles máis detencións para desmantelar completamente a rede criminal.

O pleno acorda adiar a modificación do PXOM sobre o Parque da Agra e promover un proceso participativo veciñal

Novo pleno celebrado esta mañá no Pazo de María Pita. A alcaldesa, Inés Rey, cunha voz magoada por motivos de saúde, arrincaba o pleno, tralos minutos de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero, lendo declaración institucional de apoio ao pobo xitano, con motivo da celebración do Día Internacional do Pobo Xitano celebrado o pasado mércores co recibimento no propio concello.

Onte celebrouse no salón de plenos o Día do Pobo Xitano
Onte celebrouse no salón de plenos o Día do Pobo Xitano

Proceso participativo para o Parque da Agra

Un dos puntos máis importantes da sesión está relacionada co Parque da Agra e a modificación puntual do PXOM co obxecto de ordenar o parque da Agra, polígono M22, para executar a Sentenza número 620/2015 e darlle efectividade ao convenio asinado entre o concello e Dricar de inversiones SL.
Pero moción non se votou, tralo acordo entre Goberno socialista e o Grupo Municipal do BNG para crear unha mesa específica de traballo para a tramitación da aprobación inicial da modificación puntual. Unha dita mesa de traballo facilitará a participación da veciñanza a través das entidades veciñais representativas da Agra do Orzán, co obxecto de compartir con eles o cambio na planificación urbana deste ámbito.

Os traballos levaranse a cabo durante o mes de abril para abordar a tramitación da aprobación inicial da modificación puntual do PXOM no Pleno ordinario do mes de maio. Así, co fin de facilitar a participación e de lle dar a maior a transparencia a un proxecto que permitirá a creación do novo Parque da Agra, o executivo pospón durante un mes a aprobación inicial da modificación do planeamento, co fin de darlle maior difusión e permitir a execución dun plan que acade o máximo consenso para transformar o barrio da Agra dotándoo dunha gran zona verde de uso público.

“Hoxe demostrouse que o voto do BNG é decisivo. O Goberno Local quita da orde do día un cambio do PXOM na Agra co que non estabamos de acordo nin no fondo nin na forma: pola falta de diálogo. A proposta do pleno de maio ten que ser distinta á que se pretendía aprobar hoxe”, apunta a edil do BNG Avia Veira tralo acordo.

Servizo de axuda no fogar

O Pleno aprobou definitivamente a Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar (SAF), tras a súa aprobación inicial na sesión do pasado 15 de xaneiro e unha vez rematado o trámite de información pública. No marco dese procedemento, o Grupo Municipal Popular presentou unha alegación, que foi rexistrada fóra de prazo e desestimada polo Pleno, que aprobou tamén de forma definitiva o novo texto da ordenanza.

Ademais, o pleno rexeitou, coas abstencións de PSOE e BNG, a adhesión do Concello á Asociación Internacional Culture Action Europe. Os dous grupos criticaron a xestión cultural do goberno socialista e non votaron a favor dunha moción que precisaba da maioría absoluta para corroborarse.

Máis novas

A AV Agra lanza un duro comunicado e asegura que segue agardando polo parque que reivindica hai 40 anos

O parque da Agra é unha vergoña, non sei como se atreveron a abrilo así”