Inicio Blog Páxina 23

Curtis Harding actuará en Noites do Porto na súa única cita en Galicia este verán

0

O festival coruñés Noites do Porto anunciou este luns a incorporación de Curtis Harding como primeira confirmación da súa edición de 2026, na que o artista estadounidense ofrecerá o próximo 30 de xuño un concerto no Inn Club da Coruña.

A cita servirá para que Harding presente en directo o seu novo traballo, ‘Departures & Arrivals: Adventures of Captain Curt’, nunha actuación que terá ademais un valor engadido para o público galego: será a única oportunidade de velo en directo en Galicia este verán. Segundo explicou a organización nun comunicado, o músico norteamericano é “unha das voces máis relevantes da escena do soul a nivel internacional”, e encaixa plenamente no espírito do evento pola súa capacidade de “transformar un concerto nun rito compartido”.

A presenza de Curtis Harding marca tamén o arranque dunha edición na que Noites do Porto adianta a súa actividade a finais de xuño, xa que este ano o festival desenvolverase entre o 22 de xuño e o 5 de xullo. A organización define o evento como un “festival ao contraxeito que se amarra ao ecosistema cultural da cidade”, unha fórmula coa que busca reforzar a súa identidade propia dentro do calendario musical e a súa conexión coa vida cultural coruñesa.

Harding actuará en total tres veces en España ao longo deste verán, pero a parada da Coruña será a única prevista en Galicia, o que converte a cita nun dos reclamos destacados desta nova edición. As entradas para o concerto xa están á venda a través das plataformas Ataquilla e Ticketmaster, segundo informou a entidade promotora.

A Xunta inicia os traballos previos para demoler o viaduto da AC-012 dentro do plan de accesos ao Novo Chuac

A Xunta iniciou os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-012, unha actuación incluída no plan de accesos ao Novo Chuac, segundo informou este luns a Consellería de Infraestruturas. Na xornada de hoxe comezaron as tarefas de eliminación da mediana na avenida da Pasaxe, ao tempo que tamén se desenvolveron traballos de tallado e poda de arborado na estrada das Xubias, dentro das actuacións preparatorias necesarias antes de abordar a demolición da estrutura.

Segundo explica a Xunta, o operativo implica xa afeccións no tráfico e nos accesos á zona, de maneira que o corte obrigará a entrar ao núcleo das Xubias desde o Hospital Materno Infantil. O peche manterase durante aproximadamente un mes, o tempo estimado para executar a demolición da parte do viaduto que sobrevoa a contorna do Pazo de Guyatt. Unha vez rematada esa fase, as afeccións pasarán a ser só puntuais mentres continúe a construción do novo viaduto.

A Consellería sinala que ao longo desta semana seguirán desenvolvéndose actuacións complementarias, como a colocación de sinais, a provisión do material necesario ou a retirada dalgunha marquesiña, todo iso como paso previo ao derrubamento da infraestrutura. A demolición do viaduto está prevista para Semana Santa, un período escollido pola Administración autonómica porque se agarda unha redución da circulación de entre o 20 e o 25 por cento, algo que permitiría executar os traballos cun menor impacto sobre a mobilidade habitual da zona.

A Xunta subliña ademais que estas actuacións foron coordinadas co Concello da Coruña co obxectivo de minimizar na medida do posible as molestias na circulación, tanto para os vehículos particulares como para o transporte público. Con este operativo, a Administración galega dá un novo paso na remodelación dos accesos ao futuro complexo hospitalario, nunha contorna especialmente sensible polo volume de tráfico, a proximidade de instalacións sanitarias e a conexión con barrios e vías clave da cidade.

Estas son as alternativas para evitar o corte de tráfico na rolda da Pasaxe

0

Entre o luns 30 de marzo e o mércores 1 de abril, a Xunta de Galicia cortará ao tráfico a avenida da Pasaxe para demoler o viaduto de acceso ao CHUAC. Unha intervención que esixirá a restrición total da circulación da AC-12 á altura da curva do tanatorio e que, durante o período sinalado, impedirá transitar por esta importante vía de entrada e saída da cidade.

Neste sentido, habilitouse unha páxina web municipal, un mapa interactivo que lle permitirá á cidadanía consultar os itinerarios recomendados para desprazarse ás instalacións hospitalarias do CHUAC, mais tamén aos centros sanitarios de Oza, Materno Infantil, o Centro Oncolóxico e San Rafael.

Con esta ferramenta, o Executivo local busca visibilizar, de xeito descritivo e visual, as alternativas e recomendacións de acceso cara aos devanditos centros hospitalarios, tanto dende a cidade como dende a área metropolitana, segundo os cortes que o equipo da obra
e o persoal responsable autonómico dos traballos lle trasladou á Administración municipal.

Recomendacións de tráfico

No contexto da Semana Santa e especialmente durante os días que duren os cortes recoméndase usar, para entrar e saír da cidade, a avenida de Alfonso Molina (AC-11). En todo caso, para chegar ao CHUAC ou o hospital de Oza aconséllase usar a estrada do Porto ou o túnel de Eirís para, a continuación, usar o ramal de acceso desde Casabranca. No caso do Materno Infantil, recoméndase saír da Coruña en dirección Alfonso Molina e, posteriormente, enfilar a avenida da Pasaxe polo seu sector sur, saíndo pola propia rotonda da Pasaxe. En todo caso, cómpre lembrar que tanto para desprazarse ao Materno como ao Centro Oncolóxico tamén estará habilitado o acceso pola avenida de Eirís.

Cambios nas liñas de transporte público urbano

No referente aos desprazamentos en autobús urbano, as liñas 12, 12-A e 17 circularán con normalidade dende a cidade ata o CHUAC, onde rematarán o seu traxecto e comezarán o seu percorrido en dirección ao centro da cidade, xa que non se poderán achegar ata a parada do Materno Infantil.
A liña 20 chegará ata o CHUAC dende a cidade coma sempre. A continuación, desviará o seu percorrido polo enlace de Casablanca e o túnel de Eirís cara á avenida Alfonso Molina, a glorieta da Pasaxe e a avenida da Pasaxe ata a parada do Hospital Materno, onde retomará o seu percorrido habitual cara á Pasaxe.
Do mesmo xeito, a liña 22 chegará á parada do Hospital Materno dende a Pasaxe e, no canto de continuar pola AC-12, fará un traxecto similar ao anterior pero en sentido contrario que finalizará na parada do CHUAC, e retomará aí o seu percorrido habitual cara ao centro da cidade.
A consecuencia destes desvíos, estas dúas liñas, 20 e 22, estarán reforzadas con vehículos adicionais que faciliten a conexión directa entre os centros hospitalarios e faciliten os transbordos entre as persoas usuarias que cheguen ao CHUAC e teñan como destino o Hospital Materno e viceversa.
Por outra banda, a liña 2-A cambiará de sentido na contorna do acceso ao tanatorio e nese mesmo sitio está prevista a instalación dunha parada provisional que fará de cabeceira da ruta.

Obras na pasarela das estracións

En paralelo, o Concello continúa coa substitución da pasarela peonil entre estacións que sobrevoa a avenida Alfonso Molina, estrutura que actualmente está en proceso de renovación e saneo, e que volverá nas vindeiras semanas á súa ubicación orixinal, conectando a rúa Caballeros coa rolda das Estacións e Marqués de Figueroa.

A actuación, que supón un investimento de case un millón de euros, avanza coas pezas da pasarela orixinal están a ser tratadas en taller. Mentres, o Concello habilitou semanas atrás unha pasarela provisional.

Esta semana a reposición da pasarela comezará coa colocación dos pilares a un lado e ao outro da avenida Alfonso Molina, como paso previo á colocación da estrutura xa mellorada, tanto nas ramplas laterais como no vano central.

 

Sirat e Antes de Nós triunfan nuns Mestres Mateo de protagonismo feminino

0

Sirāt e Antes de nós protagonizaron a gala dos XXIV Premios Mestre Mateo, celebrada no Auditorio Fuxan os Ventos. A produción dirixida por Oliver Laxe fíxose co premio a Mellor longametraxe, ademais de sumar os galardóns a Mellor música orixinal, para Kangding Ray, e Mellor son, para Amanda Villavieja.

Pola súa banda, Antes de nós, dirixida por Ángeles Huerta, foi a produción máis premiada da gala ao acadar trece recoñecementos entre as categorías artísticas e técnicas, igualando así o récord histórico de Dhogs nos Mestre Mateo. A cineasta suma ademais o seu segundo galardón á Mellor dirección.

A produción destacou nunha noite de grande protagonismo feminino. No conxunto das categorías profesionais, a presenza feminina foi especialmente salientable: 11 dos 16 galardóns foron recollidos por mulleres, o que supón preto do 70 % dos premios, consolidando unha tendencia de crecente protagonismo feminino no sector audiovisual galego.

Os discursos

O evento, presentado por Trisha Fernández e Federico Pérez, celebrouse no Auditorio Fuxan os Ventos e contou coa presenza das principais autoridades locais e institucionais. A noite estivo tamén marcada polas actuacións musicais de Xabier Díaz e Mondra.

A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, fixo un firme chamamento contra a guerra no seu discurso e reivindicando un claro “non ás guerras” desde o sector audiovisual. Veiga subliñou tamén a importancia da unión de todo o sector para fortalecer unha comunidade en constante crecemento e reivindicou o traballo das distintas asociacións profesionais na defensa dos dereitos e da cultura galega.

Os premios

Entre os galardóns conseguidos por Antes de nós figuran os de dirección para Ángeles Huerta; guión para Pepe Coira; dirección de arte para Elia Robles; dirección de fotografía para Lucía C. Pan; dirección de produción a Lucía Caramelo; maquillaxe e perruquería para Chicha Blanco e Lorena Calvo; vestiario para Aránzazu Domínguez; e montaxe a Lucía Iglesias; así como os premios de interpretación, tanto protagonistas para Cris Iglesias e Xoán Fórneas, como de reparto. Precisamente nesta última categoría interpretativa produciuse un dos momentos máis inesperados da noite, cun premio ex aequo en interpretación feminina de reparto ás actrices Luisa Merelas e Victoria Teijeiro.

A gala deixou tamén instantes especialmente emotivos, como a entrega do premio a Mellor interpretación masculina de reparto a Miquel Ínsua por Antes de nós, falecido este ano, cuxa lembranza estivo moi presente durante o acto e converteu o momento nunha das homenaxes máis sentidas da noite.

Premios de TV

No ámbito televisivo, Weiss & Morales acadou o premio a Mellor serie de televisión, mentres que Bechos foi recoñecida como Mellor serie web. Cos pés na terra fíxose co galardón a Mellor programa.

Nas categorías de curtametraxesCurmán, dirixido por Alejandro Jato, foi distinguida como Mellor curtametraxe de imaxe real, mentres que O corpo de Cristo, de Abano Producións e Uniko dirixido por Bea Lema, acadou o premio á Mellor curtametraxe de animación. O galardón a Mellor documental foi para 360 Curvas, dirixido por Alejandro Gándara, Ariadna Silva Fernández.

En canto ao resto de categorías, o premio a Mellor videoclip foi para Hibernarse – O videofilme, producido por Fillas de Cassandra, e Ao noroeste do oeste, de Undodez e Medio Limón, foi recoñecido como Mellor anuncio publicitario. O galardón a Mellor comunicador foi para Xosé Ramón Gayoso por Luar, mentres que Marcos Nine obtivo o premio á Mellor realización por Historias de aquí.

Outro dos momentos máis salientables da noite foi a entrega do Premio de Honra á tradutora e asesora lingüística Rosa Moledo, en recoñecemento á súa traxectoria e contribución ao audiovisual galego.

Espectacular inicio do Campionato Xunta de Galicia de Autocross na «Catedral» de Arteixo

0

Espectacular inicio do Campionato Xunta de Galicia de Autocross na «Catedral» de Arteixo da modalidade a nivel nacional. O 88º Autocross de Arteixo estreou ou certame autonómico con 90 equipos nas diferentes categorías, a mellor cifra das últimas tempadas, un espello que reflicte ou esforzo da FGA por reflotar unha especialidade imprescindible no Automobilismo galego.

Con moitísimo público nas bancadas, bo tempo e mellor ambiente, os equipos comezaron a competir baixo un novo formato de mangas, máis adaptado ao sistema nacional e internacional que lle aportou un plus de dinamismo á xornada.

Xa pola tarde, cos bandidos e o paddock cheo de afeccionados, comezaron as clasificatorias e as finais.

Na Clase I, o vencedor foi Álex Vecino, cun tempo de 8:31.023. A apenas un segundo sitouse Rubén Ramos e terceiro foi Javier Lea, presionado durante toda a carreira por unha combativa Laura Lista, que finalmente foi cuarta clasificada.

Jon Ander López foi o primeiro clasificado da Clase II, nun monólogo na final da categoría. López sitouse na cabeza na primeira curva a xa non a abandonou ata que cruzou a bandeira de cadros (8:10.379). O segundo posto foi para Manoel Felípez co Honda e terceiro foi Daniel Queijo.

Juan José Moll, en plena preparación para o Campionato de Europa foi o gañador da Clase III, que tivo a 39 equipos nesta primeira proba do Campionato Xunta de Galicia de Autocross. Moll, que xa dominou nas clasificatorias, non deu opción aos seus rivais e impúxose cun tempo de 7:12.786. O segundo posto foi para Iván «Aka» Couto, que na estrea do seu novo carcross fixo unha proba sensacional, con escintileos de moita calidade. O terceiro posto foi para Beto Lorenzo, ou que completou o triplete de LifeLive neste inicio de certame.

Nesta ocasión non houbo gañador da Copa MRF ao ser descualificado Pepe Arqué pola utilización de pneumáticos doutra marca.

Na clase V, Joao Traila foi o primeiro clasificado aos mandos do Yacar SXC cun crono final de 7:31.743. Lolo Bermúdez foi o segundo clasificado, mentres que o italiano Bernardo Bitti foi terceiro. O novo becado da Federación Galega de Automobilismo e integrante do FGA Junior Team by Maxideza, Manuel Mariño, foi décimo clasificado nunha proba de adaptación e descubrimento do carcross.

Saúl Martínez, cuarto clasificado da final, foi o primeiro clasificado da Copa MRF Júnior seguido de Pablo Molinos e Aaron Ruiz.

Por último, Carlos Mallo foi o gañador da clase VI que pronto quedou con dous participantes pola retirada de Bermúdez. O segundo posto nunca final de menos a máis foi para Sabino García, que rematou moi próximo ao vencedor da carreira.

 

Máis novas

 

Un incendio calcina unha habitación nunha vivenda na Ronda de Outeiro e o fume afecta a dúas persoas, que foron trasladadas

0

Un incendio calcinou unha habitación nunha vivenda na Coruña e saldouse con dúas persoas que se viron afectadas por inhalación do fume e que tiveron que ser trasladadas ao hospital.

Segundo informou o 112, tivo constancia deste incendio a través dun particular, minutos antes das 8,00 horas deste sábado. Durante a conversación, explicou que escoitaba pedir axuda e que vía lume nun piso da Ronda de Outeiro, na Coruña.

Os Bombeiros da Coruña traballaron no punto para atallar as chamas, que queimaron unha habitación por completo, e dúas persoas tiveron que ser evacuadas por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) por inhalación de fume.

No operativo tamén participaron axentes da Policía Nacional e Local.

Culleredo retira honras franquistas e cambia o nome de dúas rúas por memoria histórica

O Concello de Culleredo retirará a condición de dous fillos adoptivos e cambiará o nome de dúas rúas en cumprimento da Lei de memoria democrática. O alcalde, José Ramón Rioboo, sinalou que se trata dunha “medida firme en cumprimento da lei como acto de xustiza e dignidade”. O rexedor fixo especial mención ao traballo realizado polo historiador municipal, xa xubilado, Carlos Pereira, cuxa investigación sobre os efectos do franquismo en Culleredo serviu de base para estas propostas.

Os dous recoñecementos como fillos adoptivos serán retirados a Ricardo Catoira Garaboa, título aprobado no pleno do 16 de xuño de 1955, e a Diego Salas Pombo, que databa do 24 de marzo de 1945. Segundo remarca o consistorio, ambos contan cunha biografía que demostra o seu rol directo co movemento. No caso de Ricardo Catoira, sinálase a súa relación persoal con Francisco Franco, ao que acompañou xa na Guerra Civil desde Burgos, e a súa mención na sentenza do Pazo de Meirás como peza fundamental na xestión do inmoble ao longo dos anos.

Pola súa banda, Diego Salas ocupou postos relevantes durante o franquismo, como gobernador civil de varias provincias e vicesecretario xeral de FET e das JONS. En canto ao rueiro municipal, as mudanzas afectarán á rúa Sanjurjo de Carricarte, no Burgo, e á rúa Alcalde Narciso Pardo, en Liñares. Estas actuacións buscan eliminar a simboloxía vinculada á ditadura e garantir a reparación das vítimas conforme á normativa vixente.

Culleredo rendeu homenaxe a José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, membros da guerrilla antifranquista

A Rede Acampa pola Paz, obrigada a disolver a súa actividade en Galicia

Outro dos fitos dos que se pode loubar o goberno socialista é de acabar cun dos eventos solidarios máis importantes do estado. O recorte na aportación municipal o pasado verán provocaba que non se puideran organizar os potentes Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz. E tras moitas reflexións, o colectivo vén de decidir cesar a súa actividade en Galicia.

Faino despois de anos e anos de compromiso e traballo, principalmente voluntario, na defensa dos DDHH e o Dereito a Refuxio. Ten convertido á Coruña nun verdadeiro referente en solidariedade, en Xornalismo Humano, traendo máis de 90 fotógrafos e fotógrafas humanitarias que expuxeron no corazón da Coruña díante de miles de persoas a súa mirada sobre eses espazos e seres humanos que o mundo prefire non ver.

Polos Xardíns de Méndez Núñez pasaron referencias mundiais como Sergi Cámara, Javier Bauluz, Pedro Armestre, Ricard G. Vilanova, Felipe Carnotto, Juan Medina, Daesung Lee, Alessandro Grassani, Lisa Murray, Juan Pablo Moreiras, Judith Prat, Lorena Ros… Acudiron relatores internacionais de primerísimo nivel como a xornalista colombiana Jineth Bedoya, para falar da violencia sexual como arma de guerra, a congoleña Caddy Adzuba, Premio Príncipe de Asturias á Concordia, que sobrecolleu ao público asistente ao contar a realidade do seu país e como a extracción de minerais e terras raras como o coltán condena á escravitude a miles de nenos; puidemos escoitar á ecofeminista india Vandana Shiva falar de soberanía alimentaria ou recibir o afectuoso rapapolvo do ex presidente de Uruguai, Pepe Mujica, tan crítico coa sociedade de consumo e a globalización.

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

Pero parece evidente que a loita polos Dereitos Humanos non interesa ao goberno socialista. A entidade agradece, en todo caso, o apoio que brindou durante 7 anos, xunto coa Deputación e Universidade da Coruña, así como a Amnistía Internacional, Médicos sen Fronteiras (MSF) Médicos do Mundo ou Save the Children, fundamentais tamén nos Encontros.

Un fito do voluntariado

Un movemento que non sería posible sen todo o voluntariado, a implicación constante de moitas persoas e a colaboración imprescindible das organizacións que integran este movemento. Hai que lembrar que Acampa pola Paz é unha rede integrada por centos de particulares e máis de 70 organizacións (Ong e asociacións do terceiro sector, culturais, veciñais, partidos políticos, sindicatos, colectivos ambientais… ).

Agora, no anuncio do cesamento de actividade e disolución, que entenden como un peche responsable e coherente coa filosofía e historia da propia Acampa, insisten: “esta decisión non supón unha renuncia aos valores que nos unen: a defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito ao Refuxio, a Xustiza Social e a Cultura de Paz. Seguimos crendo firmemente na creación de espazos de denuncia e memoria, e estamos ben seguros de que Acampa Brasil continuará desenvolvendo este labor cada vez máis imprescindible se cabe”. “Acampa foi, e segue sendo, un espazo de encontro, de aprendizaxe e de dignidade. Podemos sentirnos orgullosos do camiño percorrido. O feito de pechar esta etapa non invalida nada do construído; ao contrario, cremos que fala da nosa responsabilidade”, pronunciou o presidente de Acampa, Roi Abad, en representación de todos os membros do equipo directivo.

“Sabemos, ademais, que Acampa pola Paz seguirá viva e forte en Brasil, da man da súa coordinadora, a profesora Célia Regina Rossi” artífice anualmente -xunto ao seu equipo- dun Encontro Acampa na cidade de Piracicaba. “Ela contará, desde logo, con todo o noso apoio sempre”.

Os múltiples impactos do Encontro da Rede Acampa pola Paz

Recoñecementos Internacionais

Lembrar, por último, a entrega do Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos DDHH que permitiu a este movemento dar un aplauso colectivo cidadán a organizacións e persoas tan destacadas como o MST brasileiro (Movimento dous Traballadores Sem Terra do Brasil), a ONG Camiñando Fronteiras, o presidente uruguaio Pepe Mujica, o brasileiro Pai Julio Lancellotti ou a defensora de DDHH nicaraguana Haydée Castillo.

Todos eles, como os médicos e sanitarios de Gaza recoñecidos no 2025, defensores indiscutibles dos DDHH e o Dereito Humanitario. Igualmente recoñeceuse no ámbito galego o traballo de activistas como Nicanor Acosta, Mohamed Safa, a organizacións como Eco desenvolvo Gaia e a movementos como Sos Sanidade Pública, entre outros.

A comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao activismo por Palestina

 

Xosé Abad deixa a dirección da Rede Acampa pola Paz tras 9 anos de máxima dedicación

O investigador da UDC Moisés Canle participará nun taller internacional en Lisboa sobre o impacto militar na auga potable

0

A cidade de Lisboa converterase a próxima semana nun punto de encontro internacional para abordar os efectos das actividades militares sobre os recursos hídricos. No Taller de Investigación Avanzada G7914, centrado nos “enfoques para reducir o impacto das actividades militares nos recursos de auga potable”, participará o investigador e docente da Universidade da Coruña (UDC), Moisés Canle.

Segundo trasladou a institución académica, o experto galego intervirá cun relatorio centrado no “impacto da contaminación persistente difusa na auga e as tecnoloxías para paliar a situación”. A súa achega situarase no marco dun debate científico que busca analizar os efectos a longo prazo de determinados contaminantes asociados a actividades militares.

A iniciativa insírese no Programa Ciencia para a Paz e a Seguridade (SPS) da OTAN, unha liña de traballo que promove a cooperación científica para afrontar retos globais. O taller está organizado pola Universidade de Stuttgart, en Alemaña, e pola Universidade Técnica Nacional de Donetsk, en Ucraína.

O encontro contará coa participación de 30 especialistas procedentes de 13 países, tanto membros da alianza atlántica —como Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos, España ou Portugal— como estados socios, entre os que se atopan Ucraína, Kazakistán ou Marrocos.

O IMPACTO DAS ACTIVIDADES MILITARES NA AUGA

O obxectivo do taller é abordar “un dos desafíos de seguridade ambiental máis urxentes: a contaminación dos recursos de auga potable causada por actividades militares”. Neste sentido, a organización subliña a necesidade de avanzar en solucións que permitan reducir os efectos de materiais químicos e explosivos que poden afectar á calidade da auga.

A través deste espazo de intercambio, preténdese “facilitar o diálogo científico e a cooperación internacional para protexer os recursos de auga potable fronte á contaminación”, fomentando así a investigación aplicada e o desenvolvemento de novas tecnoloxías neste ámbito.