O trasteiro dun edificio localizado no soto dun edifico da rúa A nosa Señora de Fátima da cidade da Coruña e que tiña material almacenado resultou calcinado e unha persoa tivo que recibir atención médica por inhalación de fume.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 21,45 horas do xoves, cando un particular alertou de que saía abundante fume da zona dos sotos, onde se atopaban os trasteiros deste edificio.
Ante iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña e dos axentes da Policía Nacional e Local.
Pasada a medianoite, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que ardeu unicamente parte dun dos trasteiros, no que se almacenaban diversas caixas e obxectos varios. Ao mesmo tempo, unha persoa foi asistida no lugar por inhalación de fume.
Os veciños do inmoble esperaron na rúa ata que chegaron os servizos de emerxencias e unha persoa tivo que ser atendida no punto por inhalación de fume, aínda que non trasladada.
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros vén de facer público o cartel para a Romaría do Barrio dos Castros 2024. O Parque de San Diego acollerá os luns 15 e martes 16 de de xullo as singulares festas populares.
O luns 15 haberá música e churrasco para a sesión vermú. Xa pola tarde, ás 17:00h, haberá xogos populares para os nenos, actuación dos Monifates, e a partir das 20:00h, foliada con Son Daquí e Tiruleque.
A festa do martes será pola mañá, con circo para toda a famiia, e xantar popular.
A Memoria
A gran cita está formulada para o luns 15 as 17:00h, co chamado Roteiro da Memoria. No marco do proxecto Memoria Emocional, a asociación quere rescatar parte da súa historia a través das historias da propia veciñanza.
Continuando un proxecto que xa comezou no ano 2017 no que participaron veciñas e veciños de entre 9 e 70 anos, están a identificar sobre un mapa o patrimonio desaparecido do barrio tomando como partida fotografías antigas, como podemos comprobar na web https://www.redeoza.org/pantasmasdeoza/, onde crearon un percorrido polos puntos máis icónicos e que permiten entender como se foi construíndo o actual barrio, ademáis de motivar unha conversa intensa e apaixoada coa veciñanza.
Merntres invitan á veciñanza á aportar as súas lembranzas (a través do memoriaemocionaloza@gmail.com ou achgando as túas fotografía e o formulario ao local da Asociación Veciñal, na Avda do Exército, 52 de 17:00 a 19:30), invitan a participar no Roteiro da romaría.
Emocionante estrea no Palacio de María Pita a pasada mañá de mércores 10 de xullo coa entrega da primeira edición do Premio Tomás Fábregas. Un premio outorgado polas entidades LGTVIQ+ da cidade xunto co Concello que lembra a figura do coruñés residente en América do Norte desde finais dos anos 70 e que foi un activista recoñecido pola súa loita contra o VIH.
Con 34 anos, Tomás Fábregas tomou a palabra no III Congreso Mundial sobre o síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA), que tivo lugar en Ámsterdam no 1992, para denunciar a situación das persoas seropositivas, especialmente as estranxeiras.
E a escollida para estrear este premio foi a enfermeira Fina Baliñas, polo seu labor contra a desestigmatización da sida e do VIH.
Fina Baliñas era enfermeria do Hospital Universitario da Coruña, impulsora da unidade específica do VIH. Ademais, era a primeira persoa en atender os pacientes logo do diagnóstico positivo. Destacaron a labor humana que realizou con cada paciente de VIH e lembraron o premio “Elisa e Marcela” que xa lle outorgou o ano pasado o colectivo ALAS Coruña.
Baliñas estivo acompáda polo equipo que puxo en marcha a unidade específica no CHUAC, formado por Ángeles Castro, Álvaro Mena, Pilar Vázquez, e Domingo Pedreira.
A galardoada dedicoulle o premio ás compañeiras e compañeiros de unidade, enfermeiras e colectivos que a acompañaron durante a súa traxectoria profesional, así como á súa familia. “Nunca me transmitiron medo ou preocupación por onde eu traballaba, ao contrario, sempre me apoiaron ao cen por cen” sinalou Fina. Sobre o apoio aos pacientes, a galardoada referiuse á complexidade da parte humana: “axudar a morrer era unha tarefa moi difícil, sobre todo porque eran persoas da nosa idade, perosas que coñeciamos da rúa”.
Fina rematou reivindicando os pasos acadados polo colectivo LGTBI+ e na protección do sistema sanitario universal: “Todos nós temos na man a posibilidade de defender sempre a sanidade pública”.
Á cerimonia asistiron representantes de entidades LGTBI+ como CASCO, Les Coruña, Alas Coruña, entidades veciñais e vinculadas ao sector sanitario, e remacou co coro ‘Coruña Cores’, unha iniciativa cultural nada da man da asociación Les Coruña, interpretando tres cancións.
A alcaldesa, María Pan Lesta, sinala que se trata dun “paso imprescindible para seguir avanzando para normalizar a situación da Administración”, a pesar de “ter perdido un mes para os veciños”, lembrando que esta proposta fora rexeitada no pleno de maio co voto en contra de PP, PSOE e BNG, o que lle obrigou a presentar unha cuestión de confianza vinculada a estes orzamentos.
As cifras
O orzamento de 2024 alcanza os 21.080.437,96 euros, experimentando un incremento do 3,95% con respecto a 2023 (20.279.292,2 euros). Aumentan as partidas do gasto en persoal, que servirán para reforzar o cadro de persoal e regularizar contratos precarios, ou bens correntes e servizos.
O gasto en persoal alcanzará os 7.887.566,93 euros (un 5,84% máis que en 2023). Neste apartado incluirase unha provisión de crédito con vistas á realización da RPT, que aínda está en tramitación logo de informes técnicos que indiquen o contrario. Tamén se contempla a previsión para poder asumir o cambio do técnico de Contratación A2 por un A1, cuxo cambio xa foi aprobado no pleno de xuño.
Con cargo ao POS Adicional 2024 da Deputación da Coruña, proponse tamén o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar con persoal técnico e administrativo que colaborará na supervisión e xestión do devandito servizo dende o Concello.
O aumento da partida de gastos en bens correntes e servizos, que ascende a 9.370.949,35 euros (cifra que supón o 44,45% do total), formúlase pensando na licitación e adxudicación de servizos básicos: luz, iluminación, mantemento de zonas verdes ou servizos de axuda no fogar, entre outros. Algúns destes pregos xa foron informados por Secretaría e Intervención e actualmente están en proceso de modificacións técnicas para poder sacalo a concurso.
Débedas
O capítulo de gastos financeiros experimentou un crecemento exponencial con respecto ao documento de 2023, rexistrando un incremento do 861,53%. Neste caso, dispón dunha partida para cubrir os posibles xuros que se poidan reclamar por atrasos nos pagos a provedores derivados da problemática de pagamento da área de Intervención. A concelleira subliña que, inicialmente, se destinaron 125.000 euros “porque aínda non se pode determinar cantos intereses poden aumentar pero, de ser o caso, esta partida incrementarase mediante o remanente de tesourería que resulte da liquidación do 2023. plan”.
Investimentos
Tamén se incrementou o capítulo de investimentos nun 14,59%, ata alcanzar os 2.090.147,68 euros. Neste apartado inclúense actuacións financiadas con fondos da Deputación, fondos propios e tamén con axudas Next Generation. A relación é a seguinte:
Mellora da accesibilidade e seguridade no edificio sociocultural de Cela: 104.704,65 euros
Mellora da accesibilidade e seguridade dos peóns nas beirarrúas da AC-214 e Rúa Carballo: 73.270,21 euros
Mellora da accesibilidade en Lendoiro (Fase 1): 173.393,63 euros
Desenvolvemento da fachada da igrexa de Santa María de Cambre (Fase 1): 264.336,32 euros
Desenvolvemento da fachada da igrexa de Santa María de Cambre (Fase 2): 42.603,83 euros
Remodelación da parada da Costa da Tapia: 87.304,04 euros
Proxecto modificado de creación de bancadas no campo de fútbol Os Pinares de Brexo-Lema: 600.000 euros
O portavoz do goberno local da Coruña, José Manuel Lage, instou á compañía concesionaria de recollida de lixo — Prezero — a cumprir o servizo no marco de paros intermitentes convocados polo comité de empresa con motivo de “despedimentos inxustificados”, “externalización de servizos” e “incumprimentos” do convenio.
“Estamos a tomar todas as medidas legais que están na nosa man, tamén para esixir á empresa responsabilidades”, explicou. Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre este conflito na rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno.
“Volvemos esixirlle que retomen as negociacións e cheguen a acordos no marco da legalidade para terminar con esta situación pero non lle imos a pedir que adopte decisións ilegais e non imos ser cómplices de ningún tipo de chantaxe”, recalcou Lage tras denunciar que “a cidade segue chea de lixo por zonas”.
Doutra banda, fontes próximas a Prezero consultadas por Europa Press, apuntaron a que “as baixadas de rendemento” rexistradas débense a unha “folga de brazos caídos” por parte dos empregados. Respecto diso, aseguraron que estes comportamentos están a ser “monitorados” pola empresa e “serán obxecto de novos expedientes disciplinarios”.
Na actualidade, engaden, “hai un total de 62 traballadores de baixa” e unha trintena de expedientes disciplinarios abertos desde que comezou o conflito. Mentres, o comité de empresa denunciou nas últimas datas servizos mínimos “abusivos”. Os seguintes paros están previstos para este sábado 13 e os días 25, 26 e 27 de xullo.
Dende o colectivo AMMINA denuncian tamén o “insalubre” estado da única praia canina da cidade, a cala de Bens.
— — —
Máis activo que nunca está estes días o grupo de WhatsApp de “CANIL Sta Margarita”. Usuari@s da área canina do parque herculino botan fume ante o lamentable estado de abandono que sofre un dos poucos espazos petfriendly da cidade. Malia queo Concello aseguraba o 14 de maio o remate das obras de acondicionamento, “agora é peor que antes de comezar as obras aínda sen rematar”, afirman dende o colectivo AMMINA.
Moit@s usuari@s están a reclamar masivamente ao concello, a través do 010, a finalización das obras sen rematar e a limpeza e baleirado do “vello, sucio e único contedor” existente para as dúas zonas independentes que supuxo a creación do novo acceso, ao parque dende a rúa San Mateo.
“O 010 díxome que se o contedor estaba cheo que tiñamos que botar as bolsas no chan. Isto é incrible”, denuncia unha veciña lamentando o “cheiro nauseabundo” que provoca.
Praia insalubre de Bens
Por outra banda, a única praia para cans da cidade segue “tan abandonada e sucia, c
como de costume”. “O único que supuxo un cambio foi a instalación do cartel que a identifica como praia canina”, aseguran.
Critican tamén que a Mentres, a patrulla verde intensifica os controis dos cans sen correa. Explican que o pasado xoves estiveron “desinformando á xente que paseaba cos seus cans soltos que “só se pode levar o can sen correa pola noite”. “Non saben que o parque pecha de 22:00 a 09:00 horas?”, pregúntanse os usuarios. “Por que non perseguen e multan a xente que non colle detrás dos seus cans e que, coas súas cacas no chan, ensucian a imaxe de todos?”, propoñen.
Alcanzar o “residuo cero” na reciclaxe do plástico é obxectivo dun novo proxecto que nace na Coruña. A empresa de reciclaxe TYRMA presentou esta semana o proxecto Plastic2Oil, unha iniciativa pioneira que “a través de metodoloxías solucións innovadoras que permiten a revalorización do rexeitamento polimérico complexo”.
O delegado da empresa, Javier Díaz, o director do proxecto, Emilio Pericas; o axente de Innovación Anxo Vidal e o responsable da área de Eco-bio Tecnoloxías do Centro Tecnolóxico Multidisciplinar, CETIM, Cristina Martínez, presentaban este luns o proxecto, que conta co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) do Xunta de Galicia e o cofinanciamento da Unión Europea.
Tyrma, radicada en O Pino (A Coruña) actualmente é líder en Europa na reciclaxe de bolsas de plástico, e “este proxecto reforza o liderado da organización e proporciona vantaxe tecnolóxica de gran relevancia no marco europeo”.
Plastic2Oil bucas novas solucións e procesos industriais, garantindo a trazabilidade dos residuos plásticos, para que utilizará tecnoloxías habilitantes esenciais como RFID e Blockchain.
Por un lado a empresa implementará unha liña de produción innovadora, como aglomerado; e por outra banda, investigaranse novas tecnoloxías de reciclaxe química que permiten un maior aproveitamento do material, como a pirólise. “A pirólise incluirase como un dos procesos de reciclaxe, que entre outros factores, será un paso importante para todo o ecosistema europeo de reciclaxe”, explicaron
En calquera das áreas, o Centro Tecnolóxico Multidisciplinar, CETIM será o axente investigador do proxecto.
A actuación, que se prolongará ata 2026, consta de tres fases claramente diferenciadas: a primeira consistirá no deseño do proceso industrial, seguido do desenvolvemento da liña de produción (aglomerado) e finalizada coa validación do pirólise.
“Galicia estase convertindo nun referente para a reciclabilidade dos produtos plásticos e o protección ambiental, “aseguraron os responsables da firma.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asinaron este mércores un convenio de colaboración, que establece unha achega de 105.000 euros.
Esta axuda da institución provincial supón máis de 22 % do orzamento do Servizo de Intermediación Laboral para persoas con discapacidade da provincia durante 2024, un servizo que no primeiro semestre do ano xa permitiu a inserción labotal de 444 persoas.
González Formoso puxo en valor o “fundamental labor que realiza COGAMI no ámbito da inserción social e laboral das persoas con discapacidade”; mentres que Anxo Queiruga advertiu de que “é necesario apoiar o servizo de intermediación laboral específico de atención a persoas con discapacidade porque supón un soporte para que este colectivo poida atopar emprego” e agradeceu o apoio da Deputación nesta acción e noutras.
O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI permite apoiar ás persoas con discapacidade nas actividades vinculadas á procura activa de emprego, e na actualidade conta con máis de 7.700 persoas usuarias na provincia da Coruña, dun total de 17.380 persoas en toda Galicia.
Continúa avanzando o divertido Festival Atlantic Pride, que nesta 5ª edición segue convertindo a cidade na Coruña na sede do ‘Orgullo do Norte’ da península. Trala xornada urbana de apertura, de aquí ao o domingo 14 hai unha marea de actividades para o goce de toda a sociedade, sendo un escaparate da diversidade, e da tolerancia da sociedade herculina.
Pero se o Orgullo bate con todas as barreiras sociais, ás veces ten outros rivais, como foi o caso de onte coa chuvia. A festa do martes na Praza de Pontevedra, foi algo máis cativa do esperada, pois ademais do partido da “Roja”, a chuvia fixo que as actuacións da dj La Suprema, Filloas, Cloe Savage e a coñecida banda da Arousa, Lontreira, quedase algo deslucida.
Cloe Savage no Atlantic PrideO Rabelo en concerto na Praza de Pontevedra no Atlantic Pride
Algo, non moito, despezada estivo a xornada do luns, con dj S.Alma, Rabelo e Nenaza, Meiga-I e Morreo tomando o escenario da praza ante un entregado público
Así, e todo, esta cita artellada pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- e o Concello da Coruña, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coruña The Style Outlets e Globalgrafic, continúa ao longo da semana cun completo programa.
DJ La Suprema no Atlantic Pride
PROGRAMA DE MÉRCORES
O Atlantic Pride da Coruña vibrará este mércores, 10 de xullo, a ritmo de Shego, Catuxa Salom e Nomi Bull, durante a cuarta xornada do festival, que se desenvolverá na Praza de Pontevedra da cidade herculina de 20.00 a 00.00h. D-Lemma será o dj encargado das pinchadas para abrir e pechar a velada ás 20.00 e ás 23.30h respectivamente.
Contra ás 21.00h, Catuxa Salom dará boa conta sobre o escenario da súa experimentación coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas, mentres que a drag gañadora do Premio Miss Deusa 2023 Nomi Bull presentará o seu explosivo directo ás 22.00h.
Pola súa banda, tras percorrer nos últimos tempos os escenarios de grandes festivais como o BBK, o Sonorama, o Vida ou o Low, Shego aterrará no Atlantic Pride para facer gala do seu hipnótico carisma, xogando con xéneros diversos como o rock, o pop, o punk e o dance.
Mércores, 10 de xullo Praza de Pontevedra(20.00 a 00.30h)
As traballadoras de Atento concentráronse esta pasada tarde de martes 9 de xullo diante das oficinas de Juan Flórez, da man da CGT, para seguir loitando contra o peche de dous centros de traballo, Córdoba e Lleida, e contra o traslado de outros 4 centros.
Aseguran que a empresa quere trasladar ás 553 persoas traballadoras da cidade a outas provincias, mesmo a 500km de distancia ou ben perder o posto de traballo.
Ademais da concentración da pasada tarde, a CGT convocou un par tamén para o venres 12 de xullo ás 19:00h, no centro de traballo de Juan Florez.