Inicio Blog Páxina 84

O Dépor realizará unha consulta vinculante aos seus abonados para galeguizar ou non o topónimo

Celebrou este martes o Real Club Deportivo o seu primeiro Foro Social. Un espazo que o clb entende para “fortalecer as canles de escoita activa coa súa base social e abordar algúns dos principais retos estratéxicos, sociais e institucionais da entidade”.

E unha das conclusións que fai pública é o anuncido de que vai realizar unha consulta vinculante cos seus abonados antes do final da tempada sobre o topónimo oficial que debe acompañar o nome do club.

Unha consulta que vai chegar despois da filtración hai xa un mes de que o Dépor ía normalizar o topónimo e dunhas imaxes dunha lona de Abegondo coas lonas oficiais xa con “A Coruña”; despois da súa enquisa, non viculante, realizada a comezos de ano e aproveitando o camiño aberto pola iniciativa estudiantil do #Aquítaménsefala.

“O club proporcionará máis información sobre o procedemento e o proceso de votación cando se achegue a data”.

Máis novas

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

 

Tanxugueiras presentan este xoves o seu novo traballo conversando con Carolina Iglesias no Colón

0

Este xoves, 14 de maio, o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación oficial de “O Cuarto”, o novo traballo discográfico de Tanxugueiras. Unha xornada de “escoita íntima” e encontro e diálogo nun coloquio moi especial onde Sabela, Olaia e Aida compartirán as historias que atravesan esta nova etapa artística.

O evento arrancará coa proxección da peza audiovisual que acompaña ao disco e que permitirá ás e aos asistentes penetrarse no universo narrativo do proxecto antes de dar paso a unha conversa aberta entre Tanxugueiras e o público, quen poderá participar activamente formulando preguntas e compartindo impresións coas artistas.

A velada será conducida pola recoñecida comunicadora galega Carolina Iglesias (@percebesygrelos), quen exercerá de mestra de cerimonias para acompañar a Sabela, Olaia e Aida nunha conversa distendida sobre o proceso creativo e a evolución sonora do grupo.

Ademais, nunha aposta polo formato físico e a experiencia presencial, o evento no Teatro Colón será o único punto de venda oficial do álbum durante a súa primeira semana de lanzamento. A xornada, con apertura de portas ás 19:30 e comezo ás 20:00h, con entrada libre ata completar aforo, concluirá cunha firma de discos.

En outubro, no Coliseum

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro regresarán á cidade da Coruña o 17 de outubro para presentar, no Coliseum da Coruña, o seu álbum O Cuarto, co cal celebran os seus anos de traxectoria. O directo, que será a única oportunidade de ver o grupo en directo en Galicia ao longo de 2026, preséntase como un concerto único e exclusivo. As entradas están á venda en Tanxugueiras.com.

 

Máis novas

Apolo18 e a Orquestra Bravú Xangai entre os finalistas aos Premios Martín Códax 2026

O BNG considera que a Fundación Luís Seoane está “no peor momento da súa historia”

Xa vai para 6 meses dende que un Padroado de mínimos acordara a convocatoria dun novo concurso público para a escolla da persoa que iría ocupar a praza de dirección substituta da Fundación Luís Seoane. E seguimos sen ter novidades sobre o novo procedemento de contratación para dirixir o centro de arte contemporáneo máis importante da cidade

Hoxe é o BNG o que pregunta pola súa situación, que considera “no peor momento da súa historia”. Así o sinala a concelleira do BNG Mercedes Queixas, que culpa “a xestión do Goberno de Inés Rey”, e que levará o asunto ao pleno deste xoves en forma dunha pregunta oral que reza así: “Por que o Goberno Local ten paralizada a Fundación Luís Seoane?”, preguntará.

 

“Sete anos de Inés Rey deixan a Fundación Luís Seoane cunha dirección provisional, despois de se ter anulado un concurso previo inzado de irregularidades e cunha ausencia total de proxecto museístico para divulgar o impresionante legado de Luís Seoane”, afirma Queixas, quen á vez denuncia que o Padroado leva sen ser convocado desde o ano pasado.

Isto significa que non se teñen aprobado as contas de 2025, nin tampouco a programación de actividades e o orzamento de 2026.
A concelleira nacionalista critica ademais que Inés Rey renunciou á presidencia da Fundación Luís Seoane, delegándoa no concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, un feito do que o Padroado non ten constancia oficial.
“O legado de Luís Seoane e a vontade de Maruxa Seoane non están a ser respectados polo Goberno de Inés Rey. Por iso volvemos levar o asunto ao Pleno, a preguntarlle ao goberno Local por que ten abandonado un dos tesouros culturais da nosa cidade”, conclúe.

A cronoloxía

5 meses sen novidades sobre o novo procedemento de contratación da dirección na Fundación Luís Seoane

Máis novas

 

Tensión no metal coruñés: os traballadores irán á folga o martes 19 tras o “esperpento” da patronal

O sector do metal da provincia da Coruña vai á folga. Os sindicatos CIG, CC.OO. e UXT veñen de convocar unha primeira xornada de paros para o vindeiro martes, 19 de maio. O motivo é o peche en banda da patronal á hora de negociar o novo convenio colectivo.

As centrais sindicais lanzan un aviso claro mediante un comunicado. O sector dá un paso adiante coa intención de intensificar as medidas de presión se a patronal mantén a súa postura de bloqueo. O obxectivo final é acadar un acordo digno.  A decisión foi ratificada nas asembleas de traballadores celebradas na Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. O detonante da folga foi o que os sindicatos cualifican como un “esperpento” ocorrido o pasado 6 de maio.

Aquel día estaba fixada unha xuntanza clave da comisión negociadora. Porén, a patronal decidiu suspendela no último momento. A escusa esgrimida polos empresarios foi unha protesta do persoal de comercio que tiña lugar nese momento na sede da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

Ante esta situación, a mensaxe dos representantes sociais é contundente. “O metal quere negociar o seu convenio e quere unha negociación real”, remarcou o tres centrais sindicais de xeito unánime. Os voceiros dos traballadores deixaron clara a súa liña vermella. Advirten de que non van tolerar que sexa o cadro de persoal quen pague esta conxuntura, rexeitando calquera tipo de retroceso nos seus dereitos laborais.

A Coruña lembra o desastre do petroleiro ‘Urquiola’ no seu 50 aniversario

Unha exposición inaugurada na rúa Compostela, na Coruña, baixo o título ‘Mareas negras. O desastre do Urquiola’, lembra a catástrofe marítima no seu 50 aniversario. Organizada polo Instituto José Cornide e o Concello da Coruña, á inauguración asistiron, entre outros, o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

A mostra lembra o medio século transcorrido desde o afundimento do petroleiro, que tivo lugar o 12 de maio de 1976 nas costas coruñesas. No acto, o edil indicou que coa exposición ábrese “un espazo de diálogo e coñecemento da historia da cidade, profundando en acontecementos de gran relevancia como este, cun importante transfondo ambiental”.

O obxectivo principal da iniciativa é lembrar as mareas negras que afectaron á costa galega e que tiveron graves consecuencias ecolóxicas na flora e fauna mariña. Segundo lembra o consistorio, o desastre afectou directamente aos bancos de marisqueo e á industria pesqueira da zona, marcando un fito na memoria colectiva da cidade e na loita pola seguridade marítima.

Apolo18 e a Orquestra Bravú Xangai entre os finalistas aos Premios Martín Códax 2026

0

Acaban de saír os finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2026. Os Grammys Galegos volverán falar en coruño da man de varias bandas herculinas. Como a Orqyestra Bravú Xangai, finalista ao Premio á Mellor Orquestras e Grupos e Música De Verbena, que competirá con Lamatumbá e La Fórmula

Tamén estarán na finalísima do 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, a novísima banda de Apolo18, da que falabamos en febreiro, como finalista a Mellor Artista Emerxente, competindo con Lula Moura e Raze.

Apolo 18 nova banda de reock alternativo Coruña
Apolo18

Haberá outras bandas da comarca, como a Banda da Escola Municipal de Oleiros, ou os laracheses Talesien. Estes son todos os finalistas, e ollo que haberá xurado profesional pero o voto do público é importante, así que xa estades votando!

Finalistas Premios Martin Codax da Musica 2026
Finalistas Premios Martin Codax da Musica 2026

Máis novas

Apolo18, a nova banda herculina que rompe cos sons reinantes na Xeración Z

101 festivais de toda Galicia nun fío

Premios 2025

CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

Premios 2024

Tres galardóns herculinos nos Premios Martín Códax da Música

Diana Varela Puñal estrea o seu novo poemario no local veciñal da Agra

0

Falamos a semana pasada con ela, co gallo da súa nova creación poética. E xa temos data e lugar para a estrea de “Serea e Ulises”: este xoves, 14 de maio, ás 20:00h no local veciñal da Agra (rúa Entrepenas 38 soto). A familia da Asociación Veciñal Agra do Orzán teñen un dos clubs de poesía máis sentidos da cidade, e por iso, Diana Varela Puñal escolleu este lugar para a primeira presentación desta edición facsimilar dun conxunto de poemas que trata o mito da historia de amor entre Parténope e Ulises, pero desde o punto de vista da serea, como representación de muller libre.

Un libro de coleccionista, feito a man, e no que Diana saca todo o seu amor.

A entrada é libre ata encher a capacidade do local veciñal.

Diana Varela Puñal volve á poesía coa edición facsimilar de “Serea e Ulises”

5.000 bocatas cardiosaudables e moita canteira na XXII Festa do Pan de Carral

0

Sabrosa fin de semana que se viviu esta fin de semana en Carral no marco da 22ª edición da Festa do Pan. Concello e a Asociación de Panadeiros armaron un evento que achegou milleiros de persoas durante toda a fin de semana, a pesar do tempo, con máis de 5.000 bocadillos cardiosaudables vendidos entre o sábado e o domingo.

O programa ofreceu actividades para todas as idades, aínda que os principais atractivos da festa deste ano foron sen dúbida o posto de bocadillos cardiosaudables e os obradoiros infantís, que estiveron completamente cheos. No caso dos obradoiros de bolos, formáronse colas diante do posto durante toda a fin de semana.

Mentres tanto, os obradoiros de xoguetes de madeira (sábado) e de pulseiras de coiro (domingo) atraeron a uns 100 nenos cada día.
Ademais destas actividades, o programa tamén incluíu música, teatro e animación de rúa, como a do espectáculo “Rufina e Benito”, entre outras.

Especial incidencia tiveron os obradoiros para crianzas de elaboración de bolos, permitindo que a receita tradicional ase xa a ducias de crianzas da comarca.

Dende o Concello recoñecen o traballo dos panadeiros, “que son os responsables do éxito desta celebración”. Sinalou que detrás destas cifras se agocha “o esforzo realizado polos artesáns para manter os seus negocios e preparar unha Festa do Pan que segue crecendo ano tras ano”.

Unha nova Asemblea cidadá para “Salvar os frescos de Lugrís”

Xa nos avanzaba onte Rodrigo Osorio que os colectivos In Nave Civitas e O Mural esperaban novidades esta semana arredor dos 12 murais de Lugrís do nº12 s rúa Olmos.

I é que as entidades convocan unha asemblea para este xoves 14 de maio de 2026, ás 20:30 horas ao Circo de Artesáns, co lema “Salvemos os Frescos de Lugrís”. E consideran que nos últimos anos, os pasos dados polas administracións competentes, tanto Concello como Xunta, sempre chegan despois de accións reivindicativas.

Lembran que os “frescos esmorecen por culpa da ruína do edificio” dende que pechou, en 2021, o local de hostalería que coidaba o baixo. “As inclemencias do tempo, a acción de pombas e ratas e o desleixo das administracións locais e autonómicas” fan o resto.

Entenden que “Cada día que pasa a situación é máis crítica e por iso o colectivo In Nave Civitas e a asociación cultural O Mural queremos convocar a toda a cidadanía interesada e aos colectivos sociais a unha asemblea aberta na que decidir o seguinte paso para solicitar a actuación urxente de Xunta e Concello. Unha intervención dirixida xa e dunha vez a salvar os frescos do Fornos e nos permitir, de novo, o acceso á beleza”, sinalan.

Máis novas

Boas novas para os frescos de Lugrís

As traballadoras das grandes cadeas do téxtil volven protagonizar unha gran manifestación

Nova xornada de manifestación das traballadoras do gran comercio téxtil e de calzado. As rúas das 7 cidades galegas, incluídas A Coruña, viron unha nova manifestación co gallo da   xornada de folga convocada pola CIG en defensa das condicións laborais e para rexeitar o convenio estatal que propon a Asociación ARTE (a Asociación Retail Textil de España que agrupa ás grandes multinacionais como Inditex, H&M, Mango, Primark ou Tendam).

I é que, en paralelo, esta mañá tivo lugar outra xuntanza da mesa negociadora en Madrid, na que a patronal insistiu nas súas propostas regresivas e de recorte de dereitos. Unhas propostas que foron preacordadas polos sindicatos CCOO e Fetico, e aos que se poñen CIG e UGT.

Manifestacion CIG Traballadoras Textil 2

Roberto Pérez, representante da CIG-Servizos na comisión negociadora, explica que “se están facendo pequenos retoques” para intentar presentar como melloras “o que na realidade para as traballadoras Galiza non significaría nada porque son cuestións que xa están recollidas nos convenios provinciais”.
Así ocorre co recoñecemento do descanso de 15 minutos dentro da xornada laboral como tempo de traballo efectivo, pero empeorando o que contemplan os convenios provinciais xa que este dereito só se lle mantería ao persoal actual e non se lle aplicaría ás novas incorporacións.

A patronal tamén aclarou que entende por “consolidación” de horas complementarias o 30% da media das realizadas durante dous anos (excluíndo as motivadas por substitucións); considerou un esforzo enorme un 50% de incremento das horas extraordinarias, así como estabelecer o período de vacacións entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. “Ningunha destas cuestións mellora as condicións actuais das traballadoras do comercio galego”, concluíu Pérez. As próximas reunións quedaron fixadas para o 27 e 28 de maio e o 2 de xuño.

Máis novas do conflito