A Garda Civil do Posto Principal de Oleiros abriu unha investigación a unha muller por presunta neglixencia no coidado do seu can, que faleceu tras varios anos de abandono. Tal e como informou o Instituto Armado, o animal fora trasladado a unha parcela na zona de Mera debido ás queixas dos veciños polos seus ladridos no piso no que vivía. Alí, o can permaneceu atado durante anos “en condicións deplorables”.
A situación coñeceuse grazas á preocupación de varios veciños, que alertaron tanto á Garda Civil como á Policía Local de Oleiros. En concreto, os residentes observaran ao can inmobilizado na leira, rodeado de moscas e avespas. Ao chegar ao lugar, a Garda Civil confirmou as “pésimas condicións” nas que se atopaba o animal.
Así, tentaron ofrecerlle auga, pero o can, debido ao seu mal estado de saúde, non puido consumila. A gravidade do caso levou á mobilización inmediata dos servizos veterinarios. O can foi trasladado a un hospital veterinario da Coruña, onde, tras avaliar o seu estado, os veterinarios víronse obrigados a practicarlle a eutanasia humanitaria.
O Concello da Coruña declarou a emerxencia sanitaria “total” e estendeuna “a toda a cidade” polo conflito no servizo de recollida de lixo “ata que se normalice por completo”. Así o anunciou a rexedora a preguntas dos xornalistas sobre este asunto tras o acto de presentación da programación da Romaría de Santa Margarita. Ata o momento, a emerxencia estaba centrada nun mapa de puntos sensibles con máis acumulación de residuos.
A partir de agora “xa é total e completa e esténdese a toda a cidade“, explicou Inés Rei para engadir que os traballadores da empresa Valoriza, encargados do reforzo do servizo, ampliarán a súa xornada ás tardes de luns a domingo.
Por outra banda, cuestionada sobre as tres persoas que tiveron que ser atendidas por insuficiencia respiratoria debido á inhalación de fume tras a queima de colectores a pasada madrugada, condenou estes “actos vandálicos e de violencia extrema”. “Son actos delituosos que non están xustificados“, dixo á espera de que a investigación aberta esclareza os feitos.
Ademais, volveu a esixir á empresa concesionaria, Prezero, que “siga tomando medidas contundentes e siga sancionando”, en alusión tanto aos despedimentos como ás sancións. “Non se pode permitir a presenza dun sindicato que pretenda controlar a contratación dun servizo público”, apostilou.
POSTURA DO COMITÉ
Mentres, o portavoz do comité de empresa do Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), Alfonso Seijo, atribuíu o feito de que quedasen na cidade barrios con lixo sen recoller a que “non saen servizos, non pola folga, senón porque non teñen persoal“.
Esta situación vinculouna co “despedimento de cinco persoas” e o feito tamén de que “28 estean a cumprir sanción” e a que “non se contrate”. “Antes non cumprían por falta de persoal e agora cumpren menos”, indicou en referencia á concesionaria. “A empresa está a aforrarse moito diñeiro e a alcaldesa, no canto de obrigala a cumprir os servizos mínimos, non fai máis que pedir que roden cabezas”, criticou.
Con todo, apelou á vontade de chegar a un acordo aínda que argumentou que “coa actitude da alcaldesa e a empresa non imos chegar a ningún lado”. Tamén descartou a vinculación do comité e o sindicado coa queima de colectores.
Nova demostración da política urbanística do goberno socialista. O grupo de goberno vén de aprobar a construción de 1.000 novas vivendas no Castrillón. Serán 18 bloques os que formarán a urbanización do API QA-28, e ocuparán 6 parcelas situadas entre as rúas Montes e Antonio Ríos, os existentes entre Antonio Ríos e Casanova de Eirís, outra superficie entre Antonio Ríos e a avenida da Concordia, as parcelas situadas entre Casanova de Eirís e a rúa Castrillón e outras dúas situadas entre a rolda de Outeiro e as rúas Montes e Carballo.
Algunhas serán torres de ata 17 alturas, máis altas incluso que no primeiro borrador, sendo apenas o 10% (o mínimo obrigatorio) de protección oficial.
O convenio asinado entre Concello e promotores, así como o Plan especial ao que se incorporará, deberán ratificarse no Pleno.
A conservación do antigo edificio do Concello de Santa María de Oza
Antigo edificio Concello de Oza
Na zona está situado o antigo edificio do Concello de Santa María de Oza, que viviu a súa fusión co Concello da Coruña no ano 1912. Así o acordo incluiría a súa recuperación e reinterpretación o inmoble, incorporando o mesmo na nova ordenación, un obxectivo compartido coa asociación veciñal do Castrillón.
A Valedora do Pobo vén de ratificar, a través da denuncia do PP, a falta de transparencia do goberno de Inés Rey. Así o denuncia o grupo popular tras recibir na xornada de onte unha resolución da Valedora na que se sinalaba que “se concede o acceso á documentación relativa á información pública solicitada (…) todo ello de conformidade coa Lei 19/2013” e que “aclare a falta de publicidade activa dos contratos IMCE”. É dicir, que a información debe facilitarse non mediante o acceso, senón mediante a entrega dunha copia electrónica ou, excepcionalmente se non existe, en papel. A resolución subliña que o dereito á información pública “é un dereito fundamental derivado da representación política”.
A denuncia foi realizada o pasado mes de marzo polo PP. 4 días despois era aceptada a trámite e un mes despois a Valedora lembraba ao Concello que aínda non remitira a información solicitada.
“A falta de transparencia converteuse no distintivo deste Goberno, presentamos máis de 221 solicitudes de copia de arquivos en formato dixital, das cales ningunha foi resolta en prazo e aínda así só nos entregaron 2 das copias solicitadas. ” destaca o edil popular Roberto Rodríguez.
O PP esixe así a publicación trimestral dos contratos do IMCE, e a falta de acceso aos exemplares de contratos de 2022 e 2023. A Valedora dá un mes de prazo, tendo en conta que a petición xa é de marzo.
Ademais, no Pleno de abril o PP presentou unha moción para que respondan dentro do prazo ás solicitudes, para que entreguen as copias e para que se acredite que os expedientes están completos. Esta moción foi aprobada por maioría absoluta e co voto en contra do Partido Socialista.
Nova noite de incendios de colectores na cidade, no marco da estrana folga do Sindicato de Traballadores da Limpeza da empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo, Prezero. Esta noite, os Bombeiros da Coruña tiveron 3 intervencións, tendo que sufocar a 3 incendios de colectores. Un na Rúa Petunias, no Barrio das Flores, outro na rúa Napoleón Bonaparte, nos Mallos, e un terceiro en Ramón del Cueto, en Monte Alto.
Nos Mallos o incendio afectou a unha nai e unha filla que tiveron que ser atendidas polas emerxencias sanitarias por inhalación de fume. Así mesmo, o incendio de Monte Alto deixou a tres persoas atendidas por inhalación de fume, e ademais afectou á sede do centenario grupo Cántigas da Terra, cuia porta de cristal estoupaba coa calor.
Incendio do contedor de Ramón del Cueto
Dende o pasado 24 de xuño, no San Xoán, son 153 contedores calcinados, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos de case 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños, como vehículos particulares e incluso un inmoble.
Outra noite de queima de colectores (rúa Napoleón Bonaparte, Ramón del Cueto, rúa Faro) #Coruña, con 2 persoas intoxicadas e atendidas polo 061.
Afectados tamén varios vehículos e fachadas.
+Info: https://t.co/gYfjWM2FOipic.twitter.com/yt7W0jv0rO
Mentres, a empresa Valoriza, contratada dende a semana pasada para reformar o servizo ante a estrana folga dos traballadores de Prezero e no marco da declaración da Emerxencia Sanitaria, recolleu 67 toneladas de lixo na súa 7ª xornada de traballo, sendo un total de 396 toneladas de lixo, as recollidas por esta empresa ata a pasada noite.
Folga?
Folga “atípica” refírense os grupos políticos, unha vez que estando no cuarto día de folga indefinida, a concesionaria asegura que ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas tres primeiras xornadas. Malia non haber ningún traballador en folga, as rúas permanecen con acumulacións de lixo sen recoller.
Ademais, Prezero segue centrando a actividade no centro da cidade, esquecendo os barrios. Así foi, na pasada madrugada do mércores ao xoves, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.
Monte Alto: 35%
Cidade Vella: 45%
Pescaría – Centro: 100%
Os Rosales – Labañou: 15%
Estadio: 100%
Ventorrillo – Agra do Orzán: 45%
Sagrada Familia: 35%
A Sardiñeira – Elviña: 10%
Os Mallos: 30%
O Castrillón: 35%
Os Castros: 35%
Matogrande – Eirís: 0%
Mesoiro – Feáns – Valaire: 0%
O helicóptero Pesca II tivo que rescatar este venres a unha muller que sufriu unha caída nunha zona rochosa de difícil acceso no municipio coruñés de Ponteceso.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse pouco despois das 11:00 horas. Un acompañante da ferida alertaba á central de emerxencias de que a muller se caeu mentres realizaban O Camiño dos Faros.
Con esta información, os operadores do 112 deron aviso aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.
O persoal sanitario mobilizou unha ambulancia ata preto do lugar, situado nunha zona rochosa de difícil acceso. Á súa vez, os membros do GES conseguiron chegar ata a ferida, pero a orografía do terreo facía moi complexo o seu transporte. Debido a iso, solicitouse a intervención do Servizo de Gardacostas de Galicia co helicóptero Pesca II.
Finalmente, a muller foi rescatada e evacuada polo helicóptero ata o aeroporto coruñés de Alvedro, onde a esperaba unha ambulancia de urxencias sanitarias para trasladala ao centro hospitalario de referencia.
Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo protagonizaron unha nova protesta, con corte de tráfico na ponte da Pasaxe, nos accesos da Coruña, para demandar o pago de axudas mentres non poidan faenar tras a finalización das obras de dragado, á espera de que crezan as crías.
A mobilización causou retencións nas vías de entrada da cidade herculina, segundo confirmou a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Os manifestantes cruzaron a ponte cortando o carril dereito dirección á Coruña contorna ás 08,40 horas.
Esta problemática afecta ás 74 familias que vivían do marisqueo da ría do Burgo e que unha vez finalizadas as obras de dragado e acometida a sementeira ata que poidan faenar deben esperar entre 18 e 24 meses.
Un cento de autoras e autores e 38 librerías e editoriais son as protagonistas da 53ª edición da Feira do Libro da Coruña, que se desenvolve xa no nos xardíns de Méndez Núñez ata o día 10 de agosto.
Foi Andrea Maceiras, a escritora coruñesa, a encargada de realizar o pregón, nun acto no que tamén participaron José López Campos, conselleiro de Cultura, Natividad González, deputada de Cultura Jacobo Rodríguez, tesoureiro da xunta directiva da Federación de Librarías de Galicia, e a rexedora Inés Rey lle agradeceu.
Nos vindeiros días, referentes da literatura galega como Yolanda Castaño —Premio Nacional de Poesía 2023—, Ledicia Costas e Xavier Alcalá estarán nas casetas de Méndez Núñez, onde tamén terá protagonismo Manel Cráneo, director artístico do ‘Viñetas desde o Atlántico’, que porá en marcha a súa nova edición o vindeiro luns 12.
Programa
Pechamos esta primeira xornada da #FeiradoLibro da Coruña aínda abraiadas pola paixón polos libros que atopamos cada ano na cidade! 💙📘📘📘
Este sábado tocan Los Planetas na Coruña. O Super 8. Trinta (choro) anos despois. Hoxe puxen o disco para ir andado ó traballo. Facía máis de vinte anos que non o escoitaba. Porque hai cousas que me provocan demasiada nostalxia e esta é unha delas. Fun todo o camiño cos pelos de punta e o corazón dándome pulos a cada canción. Recordo tódalas letras, machaqueinas moito. Recordo o vídeo de “Qué puedo hacer” plano por plano, o tiña gravado en VHS. Pause, rewind, play.
Gostaba da música, amaba as letras, conectaban tan ben coa teenage angst propia da idade. Con algunha canción podías bailar, con moitas chorar de madrugada revivindo ou inventando desamores.
Creo que recordo a primera vez que escoitei o disco con dezasete (choro) anos. Probablemente en Radio 3. E o concerto no Playa en 1995, con Mai tocando de costas ó público e aquel batería con rastas. Coleime no backstage para que me firmaran o Medusa EP. Non levei o Super 8 porque en vinilo ocupaba moito.
Teño unha foto tremenda duns anos despois cunha amiga de Valladolid, Jota e Florent nun after de Vilagarcía xa entrada a mañá. Non a ensino a ninguén porque: pola mañá, after, Vilagarcía. Agora que o penso non teño nin idea de onde a agachei para que ninguén a atopara. Espero que non a achen os meus fillos cando morra e revisen os meus trastos.
Coincidimos con Florent e Eric nun Contempopranea, no bar do camping despois de dous ou tres días sen durmir, despeluxadas e derrotadas, miraron dende a súa mesa e sorriron.
Chorei coa niña amiga María porque despois doutro concerto na Coruña, e cerrando o Recreo marcharon cunhas rapazas. Oito da mañá. Marcharon. Choros. Eu só puiden articular un “encantoume o concerto”. Demasiado fan. Non puidemos escoitar os seus discos durante meses. Recompóñome e sigo.
Crecín cos Planetas, son parte importante da miña mocidade dos dezasete ós vintetantos anos, despois perdinlles a pista porque non gosto dos seus discos máis flamencos. Así que este reencontro décadas despois é a un tempo ansiado e temido, porque boto de menos esa sensación de descubrir un grupo que dalgunha maneira che cambie a vida, a emoción dos primeiros concertos, o ser tan fan, as ledicias desaforadas e os dramas, pero sei que haberá bágoas.
O púxil español afincado na Coruña Enmanuel Reyes Pla (-92 kg) asegurou este xoves medalla para España despois de vencer en cuartos de final do torneo dos Xogos de Paris 2024 ao belga Victor Schelstraete por decisión unánime dos xuíces, nun combate sólido ante o bronce mundial en 2021 que lle dá presea olímpica (polo menos o bronce) ao boxeo nacional 24 anos despois.
Guiado desde a esquina por Rafa Lozano, último medallista español olímpico en boxeo en Sydney 2000, Reyes Pla traballou e convenceu aos xuíces de maneira unánime para coller a substitución do seu mentor e asegurar a medalla de bronce na categoría de -92 kg, na primeira das catro opcións de presea para España nesta disciplina.
O español foi de menos a máis no primeiro asalto, cunha boa xestión do cardio para chegar con gasolina ao final do combate. ‘O Profeta’ comezou con boas combinacións, sobre todo cunha dereita certeira que pillou ao belga nun par de ocasións de forma vistosa para os xuíces. E estes confirmaron, por unanimidade, que o primeiro ‘round‘ foi para ‘O Profeta’.
Boxeo moi compacto e intelixente do español, con defensas moi altas para neutralizar os golpes, algo telegrafiados, do belga, que estivo un pouco máis activo no segundo asalto. Pero Reyes Pla, como nos primeiros tres minutos, deixouse o mellor para o final, demostrando máis frescura. A Schelstraete entroulle algún jab certeiro, aínda que o ‘round‘ volveu ser para o español, esta vez por decisión dividida.
A ‘O Profeta’ só lle faltaba non cometer erros no último asalto, cun belga xa cos brazos moi abaixo e fatigado, aínda que o volume de golpes do español non foi o desexado. Enmanuel Reyes traballou a zona abdominal, sempre manexando a distancia e afastándose das cordas, incluso celebrando antes do final do ‘round‘. ‘O Profeta’ aseguraba a primeira medalla para o boxeo español en 24 anos.