Inicio Blog Páxina 379

Así foi a alerta nos móbiles da veciñanza da Coruña e Arteixo por un simulacro de accidente na refinaría

0

Eran as 10:41h deste martes 15 de outubro (soou outa vez ás 10:56h) cando uns 300.000 móbiles da Coruña e a área metropolitana comezaron a vibrar a soar cun crú ton de alerta.

Tratouse dun simulacro dun aviso masivo realizado pola Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos da Coruña e Arteixo, e a empresa Repsol Butano, simulando un accidente na refinaría de Repsol en Nostián, para pór a proba o sistema de alerta masiva ES-Alert, de maneira que os veciños destes dous municipios e a súa contorna recibirán un aviso cun asubío continuo a máximo volume nos seus teléfonos móbiles.

Refinaría de Repsol na Coruña / EUROPA PRESS/REPSOL – Arquivo

O ES-Alert é un sistema de alerta masiva que permite enviar unha mensaxe a todos os móbiles dunha zona concreta en caso de emerxencia. Con esta proba, leva a cabo a simulación dun accidente nas instalacións da factoría de Repsol, que obriga a activar o Plan Exterior de Emerxencia do parque industrial onde se sitúa. Este sistema está integrado na Rede de Alerta Nacional do Ministerio do Interior e só funciona con ‘smartphones’, que teñen que estar acesos e co ‘modo avión’ desactivado.

Un dos obxectivos do simulacro deste martes en probar e dar a coñecer á cidadanía o sistema ES-Alert, que permite enviar esas mensaxes de forma masiva, con información e indicacións precisas, a persoas que se atopan nunha zona afectada por unha catástrofe ou unha emerxencia. Nese sentido, tamén se pretende que a cidadanía se familiarice con esta ferramenta para que estea preparada en caso dunha emerxencia real. Se fose así, a mensaxe que recibirían nos seus teléfonos contería instrucións claras sobre como actuar e medidas de autoprotección adecuadas á situación.

LIÑA TEMPORAL DO SIMULACRO

O simulacro arrincaba sobre as 10.00 horas coa suposta detección de lume nun camión de transporte de propano dentro das instalacións de Repsol Butano. As chamas alcanzaban o depósito de gasoil, os pneumáticos e a cabina. De inmediato activábase o plan de autoprotección da planta, soaban as sirenas de emerxencia e comezaban a arroxar auga os aspersores que protexen e manteñen fríos os depósitos. Os medios propios tamén arrefriaban desde o primeiro momento o vehículo afectado e prestaban o primeiro auxilio ás vítimas.

Paulatinamente fóronse mobilizando os diferentes servizos de emerxencias, que acudiron ata a planta para atallar a situación. Ademais, nas proximidades de Repsol Butano, no exterior, producíase un accidente de múltiples vítimas que tamén obrigaba a activar medios. Pasadas as 10.30 horas, e dadas as dimensións do suceso, desde o posto de mando acordábase activar Plan de Emerxencia Exterior A Grela-Bens, co que as sirenas, esta vez de maior intensidade, soaron na área e, uns 10 minutos despois, chegaban aos móbiles dos presentes no simulacro e dos usuarios en toda a contorna, as mensaxes de alerta. A previsión era a de chegar a uns 300.000 terminais.

Aínda que os móbiles comezaron a soar de forma masiva a gran volume, a recepción foi, non entanto, irregular, dado que algúns terminais non recibiron a alerta ou a recibiron significativamente despois que outros. Algunhas fontes vincularon esta situación á localización nunha zona de sombra das torres ou a terminais máis antigos ou sen actualizar. Ademais, aínda que os cidadáns non tiñan que comunicarse con Emerxencias (a mensaxe así o indicaba textualmente), o CIAE 112-Galicia recibiu esta mañá ao redor de medio cento de chamadas telefónicas para aclarar dúbidas sobre o funcionamento da ferramenta. Tamén se recibiron consultas a través das redes sociais, apunta o organismo.

PROBAR E MELLORAR A RESPOSTA

No posto de mando, onde se situou o camión da Axega, estiveron presentes distintas autoridades, como o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director da Axega, Marcos Araújo, así como o alcalde de Arteixo e a concelleira de Seguridade Cidadá da Coruña. Tamén participaron representantes da empresa Repsol Butano.

O simulacro, explicou aos medios Belén do Campo, realízase dentro da normativa que esixe unha proba deste tipo cada tres anos na contorna do polígono industrial da Grela-Bens, onde se sitúa Repsol Butano, empresa á que agradeceu a súa colaboración. Nela participaron un cento de persoas. “O que facemos é un simulacro dun accidente que pode pasar nun momento determinado e o que queremos é ver en que medida imos dar resposta cada unha das unidades e das administracións competentes” dixo Do Campo, quen lembrou que, no campo da prevención, é necesario que a cidadanía “estea preparada” para o uso de ferramentas como o É-Alert.

Tras o exercicio, lembrou a delegada territorial da Xunta, todos os intervintes farán unha avaliación para detectar puntos débiles ou a necesidade de “reforzar algunha liña” por se estes feitos pasasen “na vida real”. Nesta mesma liña, o director xeral de Emerxencias chamou a atención sobre a necesidade de pór en práctica a través de simulacros a intervención neste tipo de sucesos, que implica a coordinación de medios da administración autonómica, a estatal e as locais. Tamén eloxiou o sistema É-Alert e a posta das novas tecnoloxías “ao servizo da poboación”. “No caso de que fose unha situación real, a poboación estaría avisada e tería esa ferramenta para poder coñecer a situación ou que pasos ten que dar”, dixo Villanueva.

Inés Rey afirma que a Xunta mostra “disposición” a que a cidade sexa declarada zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, insistiu na “vontade” do Concello de presentar formalmente a declaración de zona tensionada da cidade herculina e asegurou que a Xunta mostrou “disposición” a que isto suceda. “Manifestamos a nosa vontade de presentar xa eses formularios para que se declare zona tensionada”, dixo a preguntas dos xornalistas sobre este asunto e indicou que a “Xunta mostrou disposición” para que así sexa. Respecto diso, a rexedora apuntou que “do que se trata é de que todas as administracións, con competencias ou non, como é o caso do goberno municipal, pero con preocupación polo problema da vivenda podamos empezar a dar solucións a algo que preocupa enormemente aos españois”.

ORZAMENTOS 2025 

Por outra banda, Inés Rey recalcou a “vontade” do consistorio no “cumprimento dos acordos e a negociación orzamentaria” para dispor dun orzamento no ano 2025. A preguntas dos xornalistas sobre este asunto, a rexedora explicou que manteñen “reunións constantes co BNG para o seguimento dos acordos subscritos”, tanto para puntos “que estaban pendentes, outros terminados e outros en trámite”. “A nosa vontade é a do cumprimento dos acordos e a negociación orzamentaria para que poidamos dispor dun orzamento no ano 2025”, insistiu a rexedora tras apuntar que é “o que estamos a traballar dúas os grupos municipais”.

INICIATIVAS DE IGUALDADE EN CENTROS

Por outra banda, o Concello reforzará as súas iniciativas en materia de igualdade coa saída a concurso do programa educativo de igualdades, diversidades e prevención das violencias machistas para desenvolvelo en centros educativos. O goberno municipal prevé executalo ao longo deste curso e en virtude do estipulado nos pregos do contrato tamén se poderá ampliar por un ano máis, durante o curso 2025-2026.

Fillas de Breogán viaxan a Lyon para disputar o torneo de clubs máis importante a nivel europeo do fútbol gaélico

0

O equipo feminino de fútbol gaélico da Coruña, Fillas de Breogán, vai participar no Torneo Paneuropeo de fútbol gaélico que se celebrará en Lyon (Francia) este sábado 19 de outubro.

O Torneo Paneuropeo é o campionato de clubs de fútbol gaélico máis importante a nivel europeo, e este ano celebra a súa vixésimo segunda edición. Os equipos divídense en diferentes categorías en función da súa posición nun ranking europeo, e compiten por diferentes trofeos.

No caso de Fillas de Breogán, esta será a súa sexta participación nun Paneuropeo tralas edicións celebradas na Estrada (2015), Maastricht (2017), Viena (2019), A Coruña (2022) e A Haia (2023). Nos últimos anos Fillas de Breogán competiron na categoría Intermediate, alzándose co trofeo no ano 2019 en Viena, aínda que tamén cómpre subliñar o subcampionato sénior do ano 2017.

Fillas de Breogan campioas
As Fillas de Breogán co título acadado en Viena en 2019

A Coruña foi sede do XX Torneo Paneuropeo en 2022. Esta competición trouxo á cidade uns 500 deportistas de toda Europa divididos en 13 equipos femininos e 20 masculinos.

ACERCA DE A CORUÑA FILLOS DE BREOGÁN

A Coruña Fillos de Breogán é o primeiro club de fútbol gaélico de Galicia, fundado no ano 2010. O club disputa tanto as competicións galegas coma o Campionato
Ibérico e o Torneo Paneuropeo. Os seus encontros como local celébranse na Cidade deportiva Arsenio Iglesias da Coruña.
O club dispón de seccións feminina, masculina e, desde o ano 2023, de veteráns.

Outras novas

Vari@s xogador@s do Fill@s de Breogán, ao Mundial de Fútbol Gaélico

O castelán supera ao galego por primeira vez como lingua maioritaria en Galicia

0

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

O acusado de matar á súa parella en O Birloque alegou o consumo de drogas o día dos feitos

0

O acusado de matar á súa parella no barrio coruñés de O Birloque, en setembro de 2021 tras querer ela romper a relación, cunha convivencia previa desde xullo, alegou, entre bágoas e tremores, consumo de drogas e alcol o día dos feitos.

“Pido perdón”, dixo na primeira sesión do xuízo, na Audiencia Provincial da Coruña. A preguntas do seu letrado — só contestou a esta parte — manifestou lembrar unicamente “o charco”, en alusión ao sangue da vítima. Ademais, afirmou que colleu o coitelo co que presuntamente matou á muller porque quería quitarse “do medio”.

Durante a súa declaración, o procesado relatou que “con 13 anos” comezou a traballar na panadaría que rexentaba a familia da vítima. Tras volver a Canarias, onde foise con 25 anos, foi cando comezou a relación coa muller.

Ademais, apuntou problemas coas drogas “desde pequeno”, dous intentos de suicidio e estar ingresado en centros de psiquiatría. Respecto ao día dos feitos, recoñeceu consumir varios tipos de sustancias. “Collín o diñeiro e funme a beber por aí, tomaba unha pastilla, chupaba fentanilo e así”, dixo.

PETICIÓNS DE CONDENA

Foi tras expor as partes personadas, Fiscalía, acusación particular e defensa, os argumentos para a súa petición, nos dous primeiros casos, de condena a 25 anos de cárcere por asasinato, e de solicitude de cualificación de homicidio por parte do avogado do home. Esta parte sostén que tiña as súas capacidades volitivas e cognitivas afectadas, o que rexeitan as anteriores.

“No momento dos feitos, tiña as facultades seriamente mermadas”, alegou a defensa ao aludir a “doenzas e enfermidades mentais diagnosticadas” e ao consumo de “drogas duras desde a adolescencia”.

Estas circunstancias, segundo argumentou o letrado, levaron ao acusado a ter unha “pulsión irrefreable”. “Un arrebato que dura segundos e que non é capaz de controlar”, concretou.

Ante o xurado, a fiscal asegurou que como agravantes hai “como mínimo” aleivosía, parentesco e de xénero. Ademais, incidiu en ausencia de “colaboración”, algo que remarcou tamén a acusación particular, quen aludiu a falta de arrepentimento.

FEITOS

En relación aos feitos, as acusacións sosteñen que cun coitelo asestoulle varias puñaladas, algunha por detrás, “de forma sorpresiva e repentina” cando ela lle comunicou que quería romper a relación e que abandonase o piso. Para fuxir, o home, sosteñen, apoderouse de diñeiro da vítima.

O acusado, de 51 anos no momento dos feitos, e a muller, de 55 anos, convivían como parella desde xullo de 2021 nun piso propiedade dela. Fiscalía sostén que entre a tarde do 14 de setembro e a madrugada do día seguinte mantiveron unha discusión, motivada pola decisión da vítima de acabar a relación sentimental e na que lle pediu que se marchase de casa.

Tamén argumenta que, tras iso, “de forma sorpresiva e repentina e por detrás”, o procesado — detido en Madrid o día 16 — “asestoulle un número non determinado de puñaladas” que lle ocasionaron a morte á muller, apoderándose de diñeiro dela para fuxir.

Para Fiscalía, o home non aceptou a ruptura, “desprezando a vontade da muller de pór fin á relación, e decidiu acabar coa vida” dela cun coitelo co que lle deu “mínimo dúas” puñaladas nas costas, ademais de recibir noutra zona do corpo “un mínimo de cinco”.

Ante o xurado, o Ministerio Público incidiu, para explicar os motivos da súa petición de pena, en que como agravantes hai “como mínimo” de aleivosía, parentesco e de xénero. “Non chamou á Policía, nin mostrou arrepentimento, fuxiu para evitar ser descuberto e non colaborou”.

Á súa vez, a acusación particular recalcou que “non houbo arrepentimento”. “Cando foi detido non houbo colaboración”, engadiu para alegar que os feitos son asasinato e non homicidio. Tamén atribuíu ao home un “perfil controlador”. “O ataque — engadiu — foi de maneira imprevista, non hai probas de que puidese defenderse nin de loita”.

Inés Rey apela ao consenso para que a cidade sexa unha das sedes do Mundial 2030

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou a “aposta” do Concello para que a cidade herculina sexa unha das sedes do Mundial 2030 e asegurou que vai traballar para “pór de acordo ás administracións” á hora de afrontar o investimento do financiamento integral do estadio de Riazor. “Pasamos esa primeira fase de selección e agora traballaremos, despois de ter a garantía do investimento privado para o estadio, para pór de acordo ás administracións á hora de afrontar o investimento”, explicou a rexedora a preguntas dos xornalistas sobre a repartición da mesma.

Unha achega económica que, segundo sinalou, “non só é positiva para o estadio e para a cidade senón tamén moi positiva para Galicia”. En canto ao rexeitamento da Deputación da Coruña á proposta da Xunta de asumir o 70 % do investimento a partes iguais entre o Concello, o Consello Superior de Deportes (CSD) e o ente provincial, a alcaldesa apuntou a súa negativa a “entrar en ningún tipo de polémica máis”.

EMVSA tamén controlará o parque municipal de vivendas da Coruña para abordar as necesidades de pisos sociais

0

A Xunta de Goberno do Concello da Coruña dará luz verde este mércores aos trámites para completar o procedemento necesario para que a Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) asuma a xestión do parque municipal de vivenda.

Trátase dunha iniciativa impulsada coa finalidade de adaptar o patrimonio residencial do Concello ás necesidades de vivenda social que se detecten na cidade a medio e longo prazo. Así o informou a rexedora, Inés Rey, nunha comparecencia na que precisou que, a día de hoxe, son máis de 400 os inmobles do Concello destinados a arrendamentos sociais. A estes bens patrimoniais hai que sumar 26 locais, 76 prazas de garaxe e 63 trasteiros.

A data de inicio que marca o encargo a EMVSA para xestionar o Banco Municipal de Vivenda será o próximo 26 outubro e terá vixencia, de inicio, entre os anos 2025 e 2026. Por outra banda, a alcaldesa informou que o consistorio investirá 1,5 milones de euros en melloras de dixitalización e mobilidade sustentable. Fíxoo ao informar sobre o novo contrato de mantemento do software de BiciCoruña, servizo municipal que xa pasou o millón de persoas usuarias no que vai de ano.

Olladas doutro tempo: A Ferrocarrilana

“O maioral, un home pequeno e obeso, de profundas e multicores patillas, saíu da Administración de dilixencias cunha carteira de viaxe que pendurou do enorme cocherón, e logo, voltando a cruzar entre a xente que rodeaba a carrilana, dou o sacramental berro:

  • Ó Coche!

(…) Alleo por completo ó bulicio dos que ían ser os seus compañeiros de estudos, Xerardo deixóuse tragar pola estreita berlina de tres asentos. Ninguén fora a despedilo nin o coñecían na Coruña, onde apenas permanecera vintecatro horas e, sen embargo, sentía tanta tristura ó sair da  risoña cidade coma se alí pasara toda a vida”.

Deste xeito comeza a famosa novela “A Casa da Troia”, de Pérez Lugín. Aínda que se publicou en 1915, a trama desenrólase no ambiente estudantil de Santiago de Compostela a finais do século XIX. O protagonista comeza a súa historia na mesma época e no mesmo punto no que Pedro Ferrer atrapou este momento, na intersección entre a Rúa Nova e a Rúa Real. Xusto no momento en que a carrilana arranca cara o seu destino. Aínda terían por diante unhas sete horas ata chegar a Santiago. Unha longa e incómoda viaxe amenizada polas curvas e saltos dos antigos camiños e polo estrondo dos cascos dos cabalos, cousas capaces de provocar mareos ou dores de testa nuns pasaxeiros apertados no pouco espazo existente no interior do vehículo. Se todo isto non fora dabondo, moitas vecen engadíanse os sofocos provocados polo vapor que desprendía a suor duns animais a pleno esforzo. Unha delicia de traxecto que non se facía do tirón, pois era necesaria unha parada en Mesón do Vento. Alí os viaxeiros estiraban as pernas ou degustaban os produtos dunha típica pousada mentres procedíase ó cambio de cabalos.

Era a mellor forma de desprazarse entre Coruña e Santiago ata que en 1883 construíuse a Estación do Norte, conectando por fin estas dúas cidades co ferrocarril. Este moderno medio de transporte iría deixando no olvido as carrilanas ou dilixencias. As antigas berlinas con tracción animal tiñan como punto de partida e chegada a Rúa Nova. Isto era así porque nos baixos do edificio que destaca na imaxe era onde se atopaban as oficinas da compañía de dilixencias Ferrocarrilana, mentres o resto do edificio funcionaba coma hotel baixo o mesmo nome. Un negocio de transporte e hospedaxe perfectamente coordinado que evitaba ó viaxeiro a tarefa de procurar aloxamento ó remate do traxecto.

O establecemento xa aparece citado na Guía da Coruña publicada por Antonio Coumes-Gay en 1877. Ó ano seguinte poderíase ler un curioso anuncio: “O doutor Goñi, reputado galeno especialista e operador, ten postos en práctica todos os adiantos máis útiles, tanto nacionais coma extranxeiros. Recibe consultas na fonda da Ferrocarrilana. Gratis ós pobres”. Coma Goñi, outros profesionais itinerantes establecíanse en aloxamentos reputados, publicitándose ás veces por uns días antes de continuar o seu camiño cara outras cidades.

O Hotel Ferrocarilana triunfaba a finais do século XIX, e iso que non era a hospedaxe máis luxosa da cidade, pois nesa época o posto de honra estaba reservado para o Hotel Francia.  Pero a súa privilexiada situación e o intelixente enfoque do negocio, ligado ás dilixencias, aportáballe un fluxo contínuo de clientes. Ó longo da súa historia acolleu algún ilustre viaxeiro coma Miguel de Unamuno. O famoso escritor e reitor da Universidade de Salamanca durmiu alí en xuño de 1903, cando viu para dar un discurso no Teatro Principal. Unamuno saudou dende o balcón que vemos na fotografía a unha multitude formada polos socios do Circo de Artesáns -entidade organizadora da charla- e outros moitos admiradores que se achegaron a despedilo.

Esta encrucillada entre o Cantón Grande, a Rúa Real e a Rúa Nova era clave na cidade. Zona de paseo habitual dos coruñeses e punto de chegada dos visitantes. Non resulta estraño que fondas, hoteis, cafés e clubes sociais convivisen en moi poucos metros á redonda. O ambiente desa época a cabalo entre o século XIX e o vinte tiña algo distinto ó de décadas atrás. Estaba a nacer un novo concepto que tendería a desenrolarse ata facerse global hoxe en día: o turismo. Aínda estarían por chegar hoteis máis elegantes e famosos, coma o Palace ou o Atlantic, pero o Ferrocarrilana marcou unha época que xa non voltaría.

O edificio desapareceu en 1950, deixando paso ó Edificio América, máis alto e moderno, co seu famoso Café América no baixo. O Hotel manteuse na nova construción, pero xa non había oficina, nin carrilanas con cabalos. Aquela Coruña dos primeiros hoteis perduraba tan só na lembranza. Tantas e tantas vidas e recordos confluíndo nese punto día tras día, a dos viaxeiros anónimos, os mozos que subían as equipaxes, os estudantes que partían cara a universidade, vendedores itinerantes….. O Ferrocarrilana levou con él infinidade de anaquiños da historia coruñesa, esa historia con minúsculas, a cotiá.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

Oza celebra as Festas da Memoria

0

”Memoria Emocional. Construíndo a memoria de Oza” é o novo proxecto da A.VV. Oza-Gaiteira-Os Castros en clave de memoria. “O obxectivos deste proxecto son identificar, documentar e difundir as pegadas do pasado recente do barrio nun proceso aberto e compartido cos veciños”, explican dende a asociación organizadora. “A nosa intención é crear un relato colectivo das diferentes etapas e acontecementos polos que pasou o barrio creando un mosaico de imaxes, datos e vivencias que vaian dende o máis historicista ata o máis anecdótico”.

E para iso, convocan as “festas da Memoria con varios roteiros e actividades. As charlas están programadas para as 19:00 horas no Forum, e as inauguración de exposición ás 19:30, a mesma hora na que se proxectarán os documentais.

Xosé Alfeirán, Antonio Manuel Fraga ou Ana Romero Masía serán algunhas das ponentes.

Memoria Emocional. Construíndo a memoria de Oza

Para ir investigando, xa podedes ir descubrindo o noso pasado en www.redeoza.org/pantasmasdeoza.

Máis novas

A Romaría dos Castros recupera a memoria do barrio

Defensa do Común e a AVV Oza-Gaiteira-Os Castros mandan as súas propostas para a renovación da fachada marítima

Olladas doutro tempo: O Corralón da Gaiteira

Convocada folga en Navec, empresa de servizos de mantemento en industrias da Coruña

0

A asemblea de traballadores e traballadoras de Navec, empresa que realiza servizos de mantemento na refinaría da Coruña e noutras industrias da comarca, acordou convocar folga a partir do 18 de outubro para esixir garantías no cobro das súas nóminas.

A empresa, “que xa viña arrastrando atrasos no ingreso dos soldos”, sinala a CIG, atópase en concurso de acredores desde o pasado 27 de setembro.

“Polo que, ante a falta de información concreta sobre o abono das nóminas e a continuidade dos empregos, o persoal acordou iniciar mobilizacións para reclamar un plan de viabilidade”, engade.

A central sindical afirma que se atopan a día de hoxe “nun contexto de total incerteza xa que a administración concursal comunicou aos comités de empresa de todo o grupo Navec que non saben o día no que se poderán pagar as nóminas, así como a súa intención de iniciar os trámites dun ERE concursal”.

A CIG, que ostenta a maioría do comité, está en comunicación coa administración concursal e persoal no xulgado de mercantil de Tarragona para seguir o desenvolvemento do proceso “e velar para que se respecten os dereitos do persoal”.