Inicio Blog Páxina 472

O BNG pide que se analice o cumprimento das obras de dragado da Ría do Burgo

0

O BNG rexistrou novas iniciativas no Congreso para que o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco) analice o cumprimento do proxecto para a drenaxe da Ría do Burgo antes de recibir a obra e manteña as axudas ao sector marisqueiro ata a plena capacidade produtiva.

O deputado do Bloque na Cámara Baixa, Néstor Rego, esixe á ministra Teresa Ribeira “corrixir as afectacións e consecuencias negativas derivadas da vulneración da Declaración de Impacto Ambiental para poder realizar adecuadamente os labores de sementeira co permiso da Xunta”.

Tal e como explicou o BNG nunha nota de prensa, as actuacións de drenaxe e rexeneración da ría finalizarán o próximo 26 de abril, momento no que se procederá a sementar marisco co catro especies de bivalvos propias do espazo. Con todo, sinalaron os nacionalistas, será necesario un período de entre 18 e 24 meses para que se restaure a capacidade produtiva da Ría do Burgo e as persoas do sector poidan volver vivir do seu traballo.

Neste contexto, Néstor Rego lembrou que os mariscadores presentaron un informe no que indican que, “vulnerando o Estudo de Impacto Ambiental, as obras de drenaxe eliminaron o 40% do banco marisqueiro de O Carniceiro”, o que supón “unha grave alteración para o hábitat da ría e para a posterior produción marisqueira”. Así, detallou que dun total de 30 subzonas de produción, observouse que 27 delas “sufriron algún tipo de afectación como resultado das obras de dragado”.

“O Miteco debe analizar o cumprimento do proxecto de obra, atendendo ao Estudo de Impacto Ambiental, á vista do informe elaborado polos mariscadores e o biólogo da Xunta, que confirma a eliminación do 40 por cento do banco marisqueiro do Carniceiro e afectacións noutros bancos da ría para avaliar as posibles consecuencias que desta afectación derívanse”, manifestou.

Ingresado en planta con evolución favorable o home apuñalado no Orzán

0

O home apuñalado na zona de pubs do Orzán, na Coruña, na madrugada do pasado 19 de abril, atópase ingresado en planta, no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), con evolución favorable, segundo informaron fontes hospitalarias consultadas por Europa Press.

En relación a este caso, a maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza dos catro detidos. Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), todos eles están investigados por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumado, dependendo da evolución da vítima.

Os feitos ocorreron sobre o cinco da madrugada do venres na zona de copas desta rúa herculina, aínda que a detención produciuse pouco despois na rúa Torreiro.

Xulgan na Audiencia Provincial a catro persoas por contrabando de tabaco desde Andorra ata A Coruña en 2012

A Audiencia Provincial da Coruña xulga a catro persoas por contrabando de tabaco, tres homes e unha muller, ás que Fiscalía pide penas de entre cinco e sete anos de prisión, e que foron arrestadas no marco dun operativo levado a cabo en 2012. Como resultado do mesmo, na causa figuran 17 persoas, tras operativos en distintas localidades galegas de Ourense, Pontevedra e A Coruña, pero tamén españolas como Sevilla ou Asturias.

Todo iso por, segundo recolle o escrito fiscal, contrabando de tabaco procedente de Andorra e que trasladaban en vehículos propios, como camións, pero tamén alugados. No caso dos que se xulga na Coruña, Fiscalía precisa que foron detidos dous dos homes, en xuño de 2012, cando transportaron un alixo de tabaco de contrabando que viña oculto no dobre fondo dun camión.

A detención, explica, produciuse, na cidade herculina, tras un traslado da mercadoría ata unha nave industrial situada na estrada de Nostián, onde lles estaba esperando para a descarga, engade, o outro home acusado, e que era arrendatario da mesma. Máis tarde, os axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira realizaron un operativo nun local do mercado de Santa Lucía, rexentado pola muller acusada. Nel, interveuse tabaco valorado nuns 38.000 euros. Fiscalía sostén que ela “se dedicaba a vender entre consumidores o tabaco de contrabando”.

REDE EN GALICIA

Nas testificais, axentes de Vixilancia Aduaneira explicaron que se trataba dunha rede en toda Galicia para a subministración de tabaco de contrabando, en mercados como o da Pedra, en Vigo, e o de Santa Lucía, na Coruña. “Xente con patrimonios elevados que non podían demostrar outras fontes de ingresos que non fosen o contrabando de tabaco”, expuxeron. Sobre a muller, dixeron que estaba “en contacto” con subministradores e outros contrabandistas de Galicia e de Andorra. “Para nós a que manexaba todo era”, aseverou sobre a mesma un deles. Tamén explicaron que o transporte se facía en furgonetas e camións alugados, e con dobres fondos ocultos, para ocultar o tabaco, cun valor no mercado, segundo as cantidades incautadas, de entre 289.000 euros e os 21.000 euros.

O Depor Feminino celebra o primeiro ascenso da cidade apoiado polas familias

0

Fin de semana de ensoño para o deportivismo e o deporte da cidade. O sábado, o Dépor masculino daba un novo paso cara o ascenso á 2ª División estatal nun día de récord, coa presenza de máis de 29.000 persoas no estadio de Riazor, a meirande entrada rexistrada nun partido de 1ª RFEF:

Pero a mellor nova quedaba para a mañá dominical. Riazor, volvía vestirse de gala para ver como o Dépor Abanca completaba esta espectacular temporada vencendo con solvencia ao Cacereño por 3-1 e rubricando a volta á Liga F, a 1ª División do fútbol feminino estatal.

As familias ao poder


Unha cita histórica tamén aupada por 14.057 persoas, novo récord tamén na 1ª RFEF feminina, o que demostra que somos unha afección doutra categoría, como recoñecía Irene Ferreras, a adestradora, na celebración no palco das Peñas. “Non son de aquí, pero síntome como se o fose. Ensinástesme o que é ser dun equipo, sodes unha afección de primeira”, berrou animadísima a armadanzas desta xesta.

Pero esta foi a fin de semana das Peñas, pero o domingo foi aínda máis a fin de semana das familias. Foron ducias de ANPAS as que conseguiron mobilizar para encher toda a grada de Preferencia de cor, facendo que todos os barrios, que os e as máis peques da cidade normalicen o fútbol feminino e se unan á bandeira deportivista.

No campo

Depor Feminino coas penas

No deportivo, nun céspede estupendo a pesar de terse xogado apenas 16 horas antes o choque masculino, o 11 deportivisita volveu demostrarse moi superior. Dende o primeiro minuto o choque se disputou no campo do Cacereño, con ocasións constantes. Cunha Henar coma sempre imperial no medio campo, a defensa non sufríu en case ningún momento. No medio Paula Gutiérrez aos mandos da nave, cada internada de Ahinoa Martín era un puñal. Cazouna a de Badalona ao fío do descanso para abrir o marcador e facer xustiza ao visto no campo.

Pronto se ocupou a killer Millene de facer o seu, marcando dous novos tantos e permitindo que a última media hora fose de festa, con onda e todo nas bancadas familiares do estadio.

Recibimento nas peñas

Ambientazo tamén fantástico nas carpas das peñas, con polvo, fideuá, cervexa e moita alegría para recibir ás protagonistas co polifacético Sergio TR, o speaker de moda da cidade que lembraba o traballo que lle queda de aquí a que remate a temporada, cos ascensos que quedan por vivir de aquí a final de temporada, co Basquet Coruña ou o Dépor masculino.

Olladas doutro tempo: Santa Cristina

A Pasaxe da Foz era o nome que se empregaba antigamente para referirse ó paso estreito formado xusto á entrada da ría do Burgo, entre As Xubias e a lingua de area que hoxe chamamos praia de Santa Cristina. Alí estableceuse un servizo contínuo para cruzar en barca xa a finais do século XV, coma relata o historiador Xosé Alfeirán nun dos seus excelentes artigos, no cal trata a historia do embarcadoiro das Xubias. Éste tivo unha grande importancia durante varios séculos, pois a ponte da Pasaxe non sería unha realidade ata 1901. Antes diso, era necesario para calquer veciño, viaxeiro ou comerciante chegar ata a ponte do Burgo para cruzar á outra beira a pé, co enorme rodeo que iso supoñía.

Xa no século XX o paso en barca seguía a ter moita demanda, pero con outro obxetivo, o de desfrutar a praia para bañarse e tomar o sol. A Compañía de Tranvias chegou a crear en 1928 un servizo que combinaba a ida e volta en barca cos desprazamentos en autobús, conectando así Santa Cristina con Porta Real. Moi preto de alí moitos coruñeses e turistas tomaron durante décadas o barco que unía directamente a Dársena coruñesa co embarcadoiro de Santa Cristina, sobre todo no verán.

Resulta curioso coma en poucas xeracións pode cambiar tanto a forma de empregar un espazo. Mirando esta fotografía dos anos sesenta chámanos moito a atención a cantidade de coches metidos no areal. Algún deles ata circula a escasos centímetros da auga, por riba da liña de algas. Tomar o sol a carón do teu volkswagen escaravello pode estar a marcar unha grande diferenza. Semella un sinal de status, coma se fose necesario deixar ben claro que chegaron ata alí en coche, e non nunha ateigada lancha. Algo así coma quen deixa o iphone enriba da mesa, ben visible durante toda a cea.

Nos anos oitenta dispoñer de automóbil xa era algo habitual, ó alcance de case todos. Entón  estaba máis de moda ateigar de coches o piñeiral, circulando entre as árbores a modiño e cambaleando, tentando non estragar a suspensión coas irregularidades do terreo, buscando algún oco entre a desorde salvaxe para estacionar á sombra pero moi preto da area. Non era momento para darlle voltas a conceptos modernos coma a degradación dos espazos naturais ou cousas polo estilo. 

Podemos apreciar estes cambios de tendencias e usos coas instantáneas de Alberto Martí Villardefrancos, un dos fotógrafos máis coñecidos e lembrados da nosa cidade. Naceu en Santiago en 1922, pero moi pouco despois chegaría a Coruña, onde desenrolaría toda a súa labor artística. Con tan só 12 anos foi admitido coma recadeiro en Foto Blanco e alí foi aprendendo todo sobre o oficio da man do seu mestre Angel Blanco Villar. Ó longo da súa brillante traxectoria, tanto en Foto Blanco coma na Voz de Galicia, Martí capturou millóns de imaxes que retratan a evolución da nosa cidade durante case un século. 

Alí estaba Martí en 1961 para retratar esta estampa estival tan insólita para os ollos de hoxe en día. Non creo que nese momento se lle pasase pola cabeza chegar a ver praias case estandarizadas, coas súas casetas de salvamento, os cubos do lixo separados á mesma distancia, aparcadoiros asfaltados, sinalizados e mercantilizados, e ondeando ó vento as bandeiras azuis polas que os concellos pagan milleiros de euros cada ano. Polo menos reconfórtanos ver a evolución no uso do automóvil. De facerse donos de calquera espazo nos anos 70 e 80, cando rodaban e estacionaban case sen lei, pasouse agora a unha convivencia  bastante máis respetuosa. Eses cambios positivos no uso dos coches ó longo do tempo poden manter a esperanza de que nun futuro tamén empreguemos de xeito máis responsable, por exemplo, os teléfonos móviles.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

Localizan o corpo sen vida do mergullador desaparecido no Orzán

0

Axentes do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil localizaron o corpo sen vida do mergullador desaparecido na zona do Orzán, na Coruña. Ao fío das 15,00 horas un particular contactou cos Bombeiros da Coruña para alertar de que observaba un traxe de neopreno ou similar mergullado na praia das Amorosas.

Así, ata o punto desprazáronse tres dotacións e dúas lanchas de bombeiros, axentes da Policía Local, da Nacional e os GEAS da Garda Civil. Sobre as 19,30 horas efectivos participantes na procura confirmaron a localización do corpo. Ademais, as pertenzas do mergullador foron atopadas na zona.

Catro detidos tras un novo apuñalamento na zona de copas do Orzán

0

Catro persoas foron detidas esta madrugada tras o apuñalamento dun home na Coruña, na zona de copas do Orzán na cidade herculina. Así o informaron fontes municipais consultadas por Europa Press que explicaron que as detencións se produciron tras unha agresión ocorrida sobre as cinco da madrugada.

Os feitos, de acordo coas mesmas, foi na zona de pubs desta rúa herculina aínda que a detención produciuse pouco despois na rúa Torreiro.

Agora están á espera do seu pase a disposición xudicial mentres que o ferido foi trasladado a un centro hospitalario. No caso de tres considéraselles partícipes da agresión e no dun cuarto houbo unha detención tamén no marco destes feitos, pero por enfrontarse aos axentes.

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do catro detidos.

O traballadores da limpeza de Cambre e Culleredo volveron levar ás rotondas as súas reivindicacións laborais

Volve a actualidade conflito laboral en Jardincelas. Lonxe de solucionarse, o conflito laboral dos traballadores e traballadoras da empresa que dá servizo de Limpeza Viaria e Limpeza de edificios e locais nos Concellos de Cambre e Culleredo segue medrando, e onte, tras un par de meses de paro temporal da folga, volvían concentrarse na Rotonda do Olivo, de Vilaboa, Culleredo, para esixir, simplemente, que lles paguen en tempo.

A UGT denuncia que os traballadores levan leva máis de 10 meses cobrando tarde a súa nómia, e que os traballadores de Limpeza de edificios e locais aínda teñen sen cobrar as nóminas de febreiro e marzo, mentres que aos de Limpeza Viaria, ademais destes dous meses tamén se lles debe a paga extra de marzo .

Alertan ademais de que na última reunión, “Jardincelas SL informounos da súa
intención de realizar un ERTE total a todos os traballadores adscritos a dito contratos, situación que, lonxe de resolver o conflito, o agravaría”.

Concentracion Rotonda Jardincelas

MÁIS MOBILIZACIÓNS

Lembran que gracias a mobilizacións o Concello de Culleredo elaborou o novo prego de condicións, o que están en fase de aprobación futura para ser licitados en Pleno Extraordinario acto que se celebrará nas vindeiras semanas.

Así, realizarán concentracións todos os todos os luns, mércores e venres nas Rotondas do Olivo de Vilaboa, no Paraugas de Cambre e en Celas de Peiro, sede da empresa Jardincela SL.

MÁIS NOVAS

 

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

0

Impresionante o traballo normalizador que está a realizar o IES Rafael Dieste. Co alumnado absolutamente implicado na utilización da lingua galega, con numerosas personalidades apoiando polas redes, con premios e todo, agora a campaña Aquí tamén se fala galego convírtese no I Festival de música galega contemporánea “Aquí tamén se fala”.

Así o presentaron esta mañá de venres ante o alumnado e profesorado do centro os promotores da campaña e coordinadores do festival Arcadio González e Alberto Pombo, xunto con Nuno Pico (cantante de Grande Amore) e May (cantante de Leria), dúas das bandas que participarán no evento.
Non quixeron faltar, e dá conta da relevancia, tamén institucional que está a acadar a campaña Mateo Torres (Director do IES Rafael Dieste), Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística), Soledad Agra (Deputada provincial), Gonzalo Castro (Concelleiro de Fomento e Promoción da cidade da Coruña) e Juan Granados (Inspector de educación).

Presentacion Festival Aqui tamen se fala galego todas

A cita, un festival profesional, gratuíto e aberto á cidadanía, celebrarase venres 7 de xuño na Praza da Tolerancia desde as 17h00 e até a madrugada, e que contará no seu cartaz con bandas punteiras do panorama musical como Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria.

O festival constitúe un colofón á campaña que se iniciou no IES Rafael Dieste e que mobilizou a máis de 200 centros de todos os niveis de ensino de Galiza e 25.000 alumnos participando de forma activa.

Aqui tamen se fala Festival Cartaz

Máis novas

O #Aquítaménsefala e o Recuncho Gamer reciben os Premios Mil Primaveras

O actor Viggo Mortensen súmase á campaña #Aquítaménsefala do IES Rafael Diesto

#AquíTaménSeFala: Nova campaña de dinamización da lingua dende o IES Rafael Dieste e a Universidade Laboral

Esquerda Revolucionaria acusa ao PP da Coruña de ser coma Vox por tentar prohibir un acto sobre Lenin

A portavoz de Esquerda Revolucionaria na Coruña, Beatriz García, denunciou unha “campaña matonil” do PP coruñés polo acto programado por esta organización na cidade o próximo 26 de abril sobre a figura de Lenin, o que situou nun intento de “impor a censura franquista”.

“É intolerable, é unha ameaza aos dereitos básicos”, sentenciou tras pedir os populares á alcaldesa, a socialista Inés Rey, que prohibise o acto previsto no centro cívico da Cidade Vella e cuestionase a cesión dun recinto municipal para iso.

Pola súa banda, a rexedora defendeu que se cumpriron os requisitos na solicitude do mesmo e emprazou, en todo caso, aos populares a expor leste mesmo asunto en Ferrol, onde tamén está previsto e onde gobernan.

Beatriz García confirmou, tras saír ao paso da “campaña” en redes sociais do PP e tamén as súas declaracións aos medios de comunicación, que o acto se celebrará no marco dunha xira estatal na que, por agora, só tiveron problemas en Guadalaxara — con goberno de PP e Vox — onde se lles prohibiu, explicou, a celebración despois de autorizarse previamente nun centro municipal.

Ademais, enmarcou o sucedido na Coruña nunha “ofensiva” contra os dereitos democráticos e a liberdade de expresión e manifestou, tras comparar o PP o acto coma se se celebrase o ensalzamento a Hitler, que o que pretenden, no seu caso, é dar a coñecer “a vida e obra de Lenin” e o contexto da Revolución de 1917.

“Acabar coas mentiras e a distorsión”, indicou para rexeitar que se poida comparar a figura de Lenin coa de Stalin. “Iso supón un descoñecemento da historia, o que pasou logo foi unha dexeneración”, sentenciou para incidir en que a Revolución de 1917 supuxo “avances no terreo da muller”. “Se desregulariza o aborto, as relacións entre o mesmo sexo”, citou como exemplos.