Inicio Blog Páxina 553

Condenan na Coruña a unha entidade bancaria a reintegrar 9.500 euros a unha clienta vítima de ‘phishing’

0

O Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña condenou á entidade bancaria BBVA a reintegrar 9.500 euros máis intereses a unha clienta vítima de ‘phising’, unha estafa que ten como obxectivo obter a través de Internet datos privados dos usuarios, especialmente para acceder ás súas contas ou datos bancarios.

A sentenza, con data do 16 de outubro e da que informou este mércores o despacho Caruncho & Tomei Avogados, fundaméntase na “incorrecta execución das operacións ordenadas pola actora a través da súa conta corrente e do seu cartón de crédito, por importe total de 9.500 euros”.

En concreto, a vítima recibiu unha chamada telefónica de quen afirmou ser un “técnico de Microsoft” na que lle comunicaron que o seu computador presentaba determinados problemas de seguridade e que coas indicacións que lle facilitarían a continuación eliminarían os virus do seu computador e resolverían o problema de seguridade. Ante iso, proporcionou os datos bancarios necesarios para emitir a factura ao seu nome e nese instante a pantalla do computador bloqueouse.

Nese momento, a muller recibiu unha chamada dun empregado de BBVA na que lle advertían de que terceiras persoas accederan á súa conta e, ante esa advertencia, accedeu a ela e comprobou que se executou unha transferencia por importe de 2.000 euros e un cargo no seu cartón de crédito por importe de 7.500 euros.

Segundo explica Carlos Tomei, Socio Director de Caruncho & Tomei Avogados, “é evidente que a parte actora e demandada foron vítimas dun delito de phishing, pero é tamén evidente que as entidades financeiras deben cumprir unha serie de obrigacións de dilixencia, control e supervisión no tráfico de operacións bancarias”.

“A normativa sectorial bancaria acerca dos servizos de pago outorga maior protección aos clientes que á entidade bancaria, de forma que se se chega a producir a fraude e a entidade financeira non cumpriu coas súas obrigacións de control e autenticación”, sostivo o avogado.

Así mesmo, apunta que o cliente perdeu parte dos seus fondos a pesar de que a propia entidade bancaria advertiu á actora de que terceiras persoas accederan á súa conta, unha advertencia que “só puido fundarse no carácter sospeitoso da operación”. “E de feito procedeuse ao bloqueo da conta corrente, que non impediu que levasen a cabo estas operacións”, explica.

A sentenza estima a demanda presentada pola vítima e declara a responsabilidade da entidade financeira pola “incorrecta execución das operacións non ordenadas” pola autora a través da súa conta corrente e do seu cartón. Por iso, condena ao banco a abonar á muller 9.500 euros, máis os intereses e as costas. Contra o fallo cabe recurso de apelación.

Phishing

O phishing é un delito moi estendido na actualidade, de feito, segundo sinala Carlos Tomei, “o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) estima que o 46% das empresas españolas sufriron polo menos un ataque no último ano. O phishing segue sendo o método máis popular para roubar datos sensibles e representa o 73% de todos os ataques”.

 

Novas accións xudiciais de afectados pola ampliación do Chuac tras anularse o plan de espazos da Xunta

0

Propietarios do barrio de Eirís afectados pola ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña anunciaron novas accións xudiciais despois de que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Santiago deulles a razón tras a decisión autonómica de levar a cabo o proxecto nesta zona e non noutro lugar.

Nun comunicado, explican que a Xunta, “tras barallar diferentes localizacións e aprobar o plan funcional e de espazos do Chuac, acordou nun primeiro momento construír as novas instalacións nos terreos da antiga fábrica de armas”, pero que, finalmente, “mediante un procedemento de correción de erros acordouse ampliar nos terreos de Eirís”.

A asociación veciñal e os propietarios afectados de Eirís encargaron un recurso vía xudicial dos citados acordos. “Finalmente, o Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Santiago deu a razón aos veciños e anula as resolucións da Xunta na decisión de que se faga unha ampliación en Eirís”.

“Considera que non estaba suficientemente xustificada nin motivada”, engaden no seu comunicado no que avanzan que “con independencia do recurso que poida presentar a administración”, a asociación veciñal Uxío Carré de Eirís “xa encargou o recurso en vía xudicial do acordo do Consello da Xunta que aproba o proxecto de interese autonómico do ‘Novo Chuac'”.

ARGUMENTOS DA XUNTA

Pola súa banda, a Xunta subliñou que a sentenza non é firme e avanzou que a recorrerá. “A tramitación do novo hospital público da Coruña está apoiada polo proxecto de interese autonómico do ‘Novo Chuac’, aprobado polo Consello da Xunta”.

“Trátase do máis completo instrumento de ordenación urbanística do novo hospital”, remarcou a Consellería de Sanidade consultada por Europa Press. “Ese proxecto de interese autonómico valida a solución adoptada e ofrece plenas garantías para o desenvolvemento do novo hospital público da Coruña”, recalca.

Ademais, incidiu en que o mesmo recolle “a xustificación do emprazamento actual como o máis idóneo e aconsellable para a ampliación polas vantaxes que supón para o seu encaixe na trama urbana, para contar cos accesos adecuados e para permitir un maior estándar de calidade dos servizos sanitarios“.

Punto de non retorno

  • Xornada 8 – Ponferradina 1 – Depor 1
  • Empate esperanzador do Depor no Bierzo.
  • Oitavo partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (1V 5E 2D)

—- —- —

Cando parecía que o circo Depor botaba andar no Bierzo o pasado domingo coa expulsión de Pablo Martinez aos 10 minutos de xogo e que quedaban 80 minutos na casa dun dos favoritos ao ascenso, viraron as tornas e apareceu o Dépor máis sólido do que vai de tempada. Sólido no aspecto de bloque defensivo e saber sufrir, cousa esta última que non amosamos nas setes xornadas anteriores. A actitude deste Dépor en Ponferrada non perdería o partido de Fuenlabrada e tivera gañado os partidos de casa que remataron en empate. Pode que esteamos diante de ese punto de non retorno ao oscurantismo deste principio de tempada. Pode, tamén que se eleve o listón da competitividade do equipo e que xa esteamos en condicións de mirar cara arriba.

O Dépor xa tirou por terra a primeira volta, a súas opción de liderato e pode que tamén o ascenso. Iso é o que nos din os resultados e a actitude dalgúns xogadores. Pero, coma o fútbol é un estado mental, tan pronto collamos a boa senda trocarán todos os obxectivos e volveremos falar de ascenso, de Pichichis e de Zamoras. Restan cinco partidos para saber por que loitará este equipo e todo indica que será por algo ben distinto do das tempadas pasadas.

Mirar a clasificación en outubro non ten ningún valor, “… iso é de mileuristas …” que diría Llados Fitness, pero é que non ten ningún valor máis aló de manter entretidos aos aburridos. Esa clasificación sitúa ao Dépor no descenso a 2ª RFEFF. Está claro que o Depor non vai ocupar esas posicións en marzo, de aí o pouco sentido de vixiar iso agora. Pero sirve para afrontar cada semana de traballo sabendo onde estás e de onde tes que saír.

Só falta saber se os xogadores e adestrador saben onde teñen que ir, cousa que ás veces só parecen ter claro os 28.000 deportivistas e “gilipollas”.

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

1 millón de viaxes en Bicicoruña

14.000 usuarios activos e máis de 1 millón de usos ao longo de 2023, son cifras que demostran que a aposta por un servizo municipal de alugueiro de bicicletas non era cousa de tolos. Que era posible convertir a bici nun medio de transporte sostible e alternativo ao vehículo privado.

Así o celebrou a alcaldesa, outorgándolle varios agasallos á usuaria número 1 millón, que ademais recibiu unha tarxeta por un ano gratis de BiciCoruña.

A cifra de uso segue crecendo mes a mes, como o demostra os 143.201 usos en setembro, case o triplo dos rexistrados en xaneiro, cando foron 52.190 usos. A nivel anual, a día de hoxe a cifra é tres veces superior á do 2022,

Na actualidade, á espera da terceira expansión xa licitada, hai 49 estacións operativas e 360 bicicletas postas a disposición dos usuarios e usuarias, das que 165 son eléctricas.

 

Máis novas

O Goberno autoriza licitar por 18,2 millóns as obras de ampliación de Alfonso Molina

En marcha a terceira expansión de BiciCoruña

 

La Akademia Coruña, axuda de balde na xestión emocional para a adolescencia

Tod@s temos sufrido durante a nosa adolescencia ese medo ante un entorno descoñecido, esa falta de convencimento e autoconfianza despois dunha mala nota, eses nervios antes da primeira entrevista de traballo, esas gañas de deixalo todo… Pero a pesar da importancia da educación emocional, non é algo presente na escola nin nos institutos.

Para paliar esas carencias, e axudar a esas mozas e mozos con inquedanzas, con medos, existe na cidade o proxecto La Akademia Coruña. Unha iniciativa, creada no seu día polo comunicador catalán Borja Vilaseca para achegar á psicoloxía á rúa, ao barrio, que xa está presente en 7 países, con 50 sedes en España, e que tamén ten o seu grupo de profesionais involucrados na cidade herculina.

Trátase dun grupo de profesionais que ofrecen acompañamento a adolescentes de forma gratuita (só teñen que anotarse en laakademiacoruna@gmail.com ou no IG @laakademiacoruna), un acompañamento de crecimento persoal, de autocoñecemento, algo pouco habitual na nosa sociedade.

un dos talleres de LaAkademiaCoruña
un dos talleres de LaAkademiaCoruña 

As voluntarias ofrecen as súas horas en clave de irmá consciente, como unha persoa que te escoita un tempo cada semana para intentar botarche algo de axuda, ofrecerche un consello útil, ou simplemente escoitarche.

Tratan de axudar á mocidade a coñecerse mellor, a desenvolver o seu talento, a desbloquear a capacidade social e de liderazo, ou a descubrir a súa vocación.
@s usuari@s non teñen por que ser rapaces ou rapaces que chegan de familias desestruturadas. Mais ben adoitan xente normal que nun momento da súa vida poden ter un momento de crise vital, e acaban acudindo a estes espazos.

O proxecto, no que tamén colaboran varios centros para que diferentes profes dean os seus talleres de crecimento persoal, dende ioga, autocoñecemento… busca darse a coñecer para chegar a rapaces e rapazas que queiran aproveitar esta axuda.

Un taller semanal ata xuño

A día de hoxe teñen aberto, ata este 20 de outubro, o prazo de inscrición para participar nun taller semanal de 4 horas que se desenvolverán nun taller da cidade e para o que te podes inscribir en laakademiacoruna@gmail.com.

Obradoiros educacion emocional Coruna LaAkademia

Bota contas, a nova campaña de Ecoloxistas en Acción de concienciación sobre sociedade de consumo actual

Impactante a campaña de Ecoloxistas en Acción en Galicia para concienciar sobre o grave impacto ambiental que están causando algúns dos usos e hábitos considerados “normais” na sociedade.

“Bota Contas” amosa en diversas infografías impactantes frases sobre elementos tan asentados nas nosas vidas, pero ao tempo tan perxudiciais para o medio ambiente, o uso excesivo do coche, o abuso da carne, ou da tecnoloxía.

A campaña conta tamén coa súa arista social, incitando á mobilización contra as inxustizas ambientais o climáticas (como o extractivismo mineiro ou enerxético).

Se cadra a parte máis importante é a reflexión que cómpre facer arredor do noso consumo, por exemplo de carne ou da tecnoloxía.

botacontas_-Ecoloxistas en accion 2

Xornadas sobre liderado e innovación en Afundación na Coruña

0

A Coruña acolleu este martes a Xornada Corresponsables de presentación da súa décimooctavo anuario e no que se abordou o liderado e a innovación.

No encuentrom no que participaron organizacións como Abanca, Gadisa ou Cruz Vermella, entre outras, contou co apoio da Xunta de Galicia.

A xornada celebrouse, na sede de Afundación, na Coruña, baixo a lema: ‘Liderado e innovación, claves en ESG e en comunicación responsable’.

O Concello de Sada reactiva as visitas ao Pazo de Meirás tras finalizar as obras no inmoble

0

O Concello de Sada reactivou as visitas ao Pazo de Meirás unha vez que Patrimonio do Estado notificoulle o termo das obras que se estaban realizando no interior do inmoble.

Así o informa o consistorio que explica que desde a Concellaría de Turismo habilitaron a web https://pazodemeiras.sada.gal/ de face a que as persoas interesadas poidan reservar a visita a partir do sábado, 21 de outubro.

O consistorio lembra que as visitas para o público xeral ao inmoble, de titularidade do Estado, á espera de que se resolvan todos os procesos xudiciais coa familia Franco, terán lugar os sábados e domingos.

No caso dos grupos ou escolares, para os que existen na citada web un formulario de solicitude de día, poderán visitalo tamén en horario de mañá, de luns a venres.

O PP pregunta pola reapertura do Xardín de San Carlos

Dende hai máis de 5 meses atópase pechado ao público o Xardín de San Carlos. A praga dun fungo que provoca grafiose nos olmos provocou o peche do espazo (cuia historia coñecimos da man de Fernando Campos) xa durante 10 meses ata novembro de 2022 debido ás obras nas que o goberno municipal investiu 250.000 euros. Nesa data reabriuse, con tres olmos talados pola grafiose (máis da metade dos olmos están afectados), pero só apenas 6 meses despois, en maio de 2023, volveu pechar e aínda non foi reaberto.

Esta mañá, os membros do PP local presentaron unha batería de preguntas por escrito ao Concello instando ao goberno municipal a que adopte as decisións necesarias para reabrir o Xardín. O grupo da oposición denuncia que “a parálise municipal tamén afecta á hora de actuar contra a praga que invade o olmos no xardín, descontrolados pola incapacidade de tomar as decisións axeitadas”. O grupo pregunta cal é “o plan de conservación que están a executar para garantir a supervivencia destes olmos históricos, e por que non se procedeu á tala a pesar dos informes que o aconsellaban”.

Máis novas

Olladas doutro tempo: O Xardín de San Carlos

‘Fundación 26 de Decembro’ promove na Coruña un piso supervisado para persoas maiores do colectivo LGTBIQ+

0

A Fundación 26 de decembro, unha entidade sen ánimo de lucro e de ámbito estatal, promove na Coruña espazos de encontro con persoas maiores do colectivo LGTBIQ+, ademais de estar a ultimar a posta en marcha dun piso para acoller a persoas do colectivo ou que o necesiten.

Trátase dun piso supervisado, que está pendente das correspondentes autorizacións e que funcionará con convenios co Concello da Coruña e a Xunta, segundo explicou o presidente da Fundación, Federico Armenteros, na presentación das súas actividades na cidade herculina.

“En Madrid temos seis pisos desas características”, manifestou en referencia ao seu obxectivo de implantar a súa actividade na Coruña e estendela por Galicia. “Son prazas para persoas vulnerables, preferentemente do colectivo, para atender a diversidade”, resumiu a Europa Press.

A iso, sumou as actividades que promoven con máis dunha vintena de persoas nun centro comunitario, en concreto no centro civíco da Cidade Vella, “para empoderarlos, para atoparse con iguais”, dixo sobre as súas propostas e obxectivos.