Inicio Blog Páxina 59

A Coruña participa con Google nun proxecto para mellorar a mobilidade inclusiva na cidade

A Coruña é unha do cinco cidades europeas, con Valencia, Zaragoza, Badaxoz e Xénova, elixidas para formar parte do proxecto piloto de mobilidade inclusiva Anuncio4Dis, que conta con financiamento de Google. A iniciativa busca facilitar o acceso e localización das prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida a través de tecnoloxías de última xeración como o Street View, a IA ou o mapa satelital.

Este proxecto ten como obxectivo incorporar ao día a día das cidades cuestiones como a localización, de forma rápida, de prazas de estacionamento adaptadas ás persoas con mobilidade reducida. Isto permitirá consultar a súa dispoñibilidade en tempo real, comunicará incidencias e contribuirá, sinala o goberno local coruñés, “a un uso máis xusto dos recursos”. Nesta xornada, o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, asistiu ao acto de lanzamento oficial do proxecto en Barcelona.

9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no EMHU

0

Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos), Xurxo Carreño, Pepe e Lucas, Oliva Lojo (Oliva sen hache), Ángel Currás (Oveya Nejra) e María Rúa (Prado Rúa), son os 9 creadores galegos que serán premiados ex aequo pola creación de contido humorístico en redes sociais. Trátase do novo galardón dos Premios EMHU 2026, que se entregarán o domingo 3 de maio no Teatro Colón, durante a gala final Fantastic Colofon do Encontro Mundial de Humorismo da Coruña.

Entre os galardóns, o Encontro na súa sexta edición tamén recoñecerá na súa sexta edición a Malena Alterio, El Mundo Today e Daniele Finzi Pasca pola súa contribución ao mundo do humor e da comedia, recollendo o relevo doutras figuras da escena estatal como Andreu Buenafuente, Antonio Resines, Marta González de Vega, Eva Hache, Siro López, Xosé Ramón Gayoso, Goyo Jiménez ou Estirando el chicle que xa foron homenaxeadas e recibiron o aplauso unánime do público na gala Fantastic Colofon.

Os premios son unha pequena parte da completa programación que o festival trae entre o 23 de abril ao 3 de maio, que volverá a facer rir a máis de 15.000 persoas

Alterio, Puig e Daniele

Malena Alterio
Malena Alterio

Malena Alterio recibirá o Premio EMHU Fenómeno, “porque demostrou que pode facelo todo e facelo ben”, explica Luis Piedrahita, director do evento. “Nestes dous últimos anos, Malena estivo nas series de televisión máis vistas, nas obras de teatro máis prestixiosas e nas películas máis exitosas. Demostrou que é capaz de brillar na comedia e no drama, capaz de ser a divertidísima Cris, de La que se avecina, pero tamén unha Sonia memorable e transparente no salón de Tío Vania, de Chéjov”.

Xavi Puig
Xavi Puig de El Mundo Today

Nesta sexta edición o EMHU tamén recoñecerá o papel do diario cos titulares e noticias máis divertidas e surrealistas de España: El Mundo Today. “Nos seus 18 anos de historia, EMT fixo noticias, artigos e reportaxes inesquecibles; pero tamén publicou libros, podcast e ata a súa propia versión da constitución”, apunta Piedrahita. Dous dos integrantes do proxecto satírico, Xavi Puig e Nikki García, recollerán o Premio EMHU Wenceslao Fernández Flórez “polo seu impecable uso da linguaxe xornalística e o seu inquebrantable compromiso coa sociedade e o humor, por mirar a actualidade cun ollo serio e o outro chuchado”, sinala o director do evento.

Daniele Finzi Pasca
Daniele Finzi Pasca

Finalmente, o Premio EMHU Álvaro Cunqueiro, de carácter internacional, recaerá no director, dramaturgo e intérprete Daniele Finzi Pasca, quen presentará por primeira vez en Galicia o seu espectáculo Ícaro o sábado 2 de maio. Finzi Pasca, director artístico de shows multitudinarios para El Circo del Sol (Corteo), o circo Eloize ou das cerimonias dos Xogos Olímpicos de Turín ou Sochi, é tamén o creador de espectáculos íntimos como Ícaro, concibido inicialmente como un show para un só espectador, pero que este ano o representará no Teatro Colón no marco da xira do 35º aniversario do proxecto.

A programación ao completo pódese consultar en emhu.es. Algúns espectáculos xa colgaron o cartel de “entradas esgotadas”. É o caso das galas Fantastic Colofon, Humoris Causa e a primeira das funcións de Chisteria Colectiva, ao igual que os shows Corta el cable rojo (primeira función), Estirando el chicle, Pintando a mona xuntos (segunda función), Yunez Chaib en directo (segunda función) ou a charla Mi media comedia, con Eva Hache e Malena Alterio.

 

A sexta edición do Encontro Mundial de Humorismo celebrarase na Coruña do 23 de abril ao 3 de maio de 2026

PROGRAMACIÓN EMHU 2026

  • Do 31 de marzo ao 12 de setembro, de luns a venres de 17:30h a 20:30h e sábados e festivos de 12:00h a 14:00h e de 17:30h a 20:30h | Sede Afundación 
Exposición Comedy Wildlife.
  • 23 de abril, 19:30h e 22:00h | Teatro Colón 
Corta el cable rojo
  • 24 de abril, 19:00h | Sede Afundación 
Disparate, con Omayra Cazorla (estrea en Galicia)
  • 24 de abril, 21:00h | Sede Afundación 
Match de Impro, con A Escola de Impro
  • 25 de abril, 12:30h | Teatro Colón 
Animus Iocandi, con David Perdomo, Ignatius Farray, Laura Márquez
  • 25 de abril, 18:00h | Teatro Colón 
Nanutria en A Coruña, con Nanutria (estrea en España)
  • 25 de abril, 18:00h | Sede Afundación 
Contra todo pronóstico, con Bárbara Grandío (estrea absoluta)
  • 25 de abril, 21:00h | Teatro Colón 
Esto no es culpa de nadie, con Facu Díaz
  • 26 de abril, 17:30h e 20:00h | Teatro Colón 
Pintando a mona xuntos, con Miguel Lago e Roberto Vilar (estrea absoluta)
  • 26 de abril, 18:30h | Pazo da Ópera 
Estirando el chicle. El show de Mentira y Traición, con Carolina Iglesias y Victoria Martín (estrea en Galicia)
  • 28, 29 e 30 de abril, 18:00h | Sede Afundación 
Visitas guiadas á exposición Comedy Wildlife
  • 28 e 29 de abril, 19:00h | Sede Afundación 
Yunez Chaib en directo, con Yunez Chaib (estrea en Galicia)
  • 30 de abril, 19:00h | Sede Afundación 
Estoy como nunca, con La Forte (estrea en Galicia)
  • 30 de abril, 19:30h | Cantones Cines 
Sujétame el cubata. Proxección e coloquio con JJ Vaquero
  • 30 de abril, 21:00h | Teatro Colón 
Caso, con Rober Bodegas (estrea absoluta)
  • Do 1 ao 3 de maio, de 10:30h a 14:30h | Hotel Eurostars Atlántico 
Fracaso Calidade. Curso de clown, con Jöns Pappila
  • 1 de maio, 12:30h e 18:00h | Praza de María Pita 
El velocípedo mágico, con Billy Bluff (público infantil)
  • 1 de maio, 12:30h | Teatro Colón 
¿Esto se entiende? Artista individual y trabajo colectivo. El proceso creativo en los grupos de WhatsApp. Con Candela Sierra, Luis Piedrahita, Nikki García, Riki Blanco, Xavi Puig e Ximena Feijoo
  • 1 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco 
Humoris Causa, con Álex Clavero, David Cepo, Eva Soriano, Galder Varas
  • 2 de maio, 12:00h | Teatro Colón 
Piensa en Wilbur, con Wilbur (público infantil)
  • 2 de maio, 12:30h | Sede Afundación
Torreznos Podcast, con Alfonso Ortega ‘Cocituber’ e Dani Fontecha
  • 2 de maio, 19:00h | Teatro Colón 
Ícaro, con Daniele Finzi Pasca (estrea en Galicia)
  • 2 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco 
Chisteria Colectiva, con Álex Clavero, Arantxa Treus, David Amor, Jazmín Abuín, Jesús el Negro, JJ Vaquero, Luis Piedrahita, Miguel Miguel, Xosé A. Touriñán (estrea absoluta)
  • 3 de maio, 12:30h | Teatro Colón 
Mi media comedia. Con Eva Hache e Malena Alterio.
  • 3 de maio, 20:00h | Teatro Colón 
Fantastic Colofon, con Eva Hache, JJ Vaquero, Luis Piedrahita.

Atlantic Drag! Outro evento pioneiro no Atlantic Pride 2026

O festival Atlantic Pride da Coruña expande a súa influencia cunha nova proposta artística: O Atlantic Drag!  Con ela, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés propón, a tarde-noite do luns 6 de xullo, unha divertida homenaxe ao talento drag local, á súa forza escénica e a toda a creatividade, a liberdade e a reivindicación humorística e festiva que a arte drag supón para a cidade.

As 13 raíñas do transformismo que encherán de orgullo o Atlantic Drag na Praza de Pontevedra serán: Agata Terrier, Ball Monte, Cloe Savage, Escarlatina Pier, Kara, Kelly Amethyst, Kit, Meri Krishna, Muna Duval, Nomi Bull, Rrrita, Xen e Yvhanne Klown, todas elas, recoñecidas caras de espazos de referencia da escena drag galega, como o Claro Boba! ou It’s Time for Drag.

Segundo apunta a organización do festival: “O Atlantic Drag! nace como a gran celebración do drag coruñés dentro de Atlantic Pride, unha proposta creada para recoñecer, visibilizar e poñer en valor o talento local que, desde hai anos, forma parte esencial da vida cultural, artística e nocturna da cidade. Máis ca un espectáculo, Atlantic Drag é unha homenaxe ás artistas que, a través da escena, da estética, da palabra, do humor, da música e da performance, converten o drag nunha poderosa expresión de liberdade, identidade e creatividade”.

 

Lembramos que o festival, organizado pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña desenvolverá a súa sétima edición do 5 ao 12 de xullo de 2026.
Poden consultar a programación na web do festival.

Máis novas

 

As bandas galegas Arde, Jonydasvie, Montedapena e Raze súmanse en xullo ao festival coruñés Atlantic Pride

O Atlantic Pride álzase co Premio nacional á Contribución á Igualdade nos prestixiosos Iberian Festival Awards

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor da Torre de Hércules. A primeira etapa da 5ª edición do Gran Camiño deu conta da envergadura que está tomar a gran proba ciclista galega, na previa do ano Xacobeo. Unha proba que conta cos mellores equipos e moitos dos mellores ciclistas do planeta, que espera que a UCI a considere unha proba puntuable para o circuito internacional.

Un pelotón formado por 110 deportistas no que ademais participan 6 ciclistas galegos, buscando que este deporte recupere a incidencia social que tivo antano.

A contrarreloxo herculina foi a primeira das 5 etapas desta edición, que visitará as 4 provincias para rematar o día 18 nun final épico en alto, fronte ao Atlántico e mirando a Portugal: o Monte Trega.

Afortunadamente o tempo dou unha fermosa tregua, non como na edición de hai dous anos cando os tempos quedaron anulados polo temporal de vento e auga. Polo medio, unha xornada chea de cortes de tráfico en Monte Alto, o paseo e Os Rosales, pero de fermosas imaxes na retransmisión da plataforma AGalega.

O Gran Camino na Coruna 2026-Pelayo primeiro ciclista
Pelayo Merino abriu a proba

O ovetense Pelayo Merino, un exemplo de superación con 25 parafusos nas súas articulacións despois de varioa accidentes, foi o primeiro dos 150 participantes en tomar a saída, ao abrigo da Torre de Hércules. Os ciclistas encamiñaban o paseo (que nesta parte entre a Torre e o Acuario lucía un asfalto moi negro gracias ao sprint final que levan facendo as máquinas estas semanas para arrincar os eternos raís do tranvía), para atravesar a enseada e deixar fermosas estampas por toda a cidade.
Na rotonda anterior ao Millenium subían cara o Calvo Sotelo, atravesando Labañou e Os Rosales, rodeando a Praza Elíptica e dando a volta ata o Portiño, dende onde volveron coller o Paseo para pasar por diante do Milleniu e volver directos á Torre, onde xusto embaixo, se colocou a zona de Meta.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

No deportivo, bo papel do galego Carlos Canal (Movistar) que quedo finalmente no posto 18º. O español Iván Romeo (Movistar), chamado a gañar, pinchou nun dos sumidoiros do Portiño, perdendo toda a opción.

O portugués Rafael Reis (Sabgal-Anicolor) dominou durante boa parte da tarde, pero finalmente foi o último en saír (por algo era), o danés Julius Johansen (UAE), o que fixo o mellor tempo e se alza co primeiro mallot amarelo desta proba, que non fixo máis que comezar.

O Gran Camino 2026 na Coruna-Chegando 6
Un ciclista chegando ao alto da Torre, onde estaba a meta

Un único incidente

Un único incidente empañou a carreira. Unha muller cruzou indebidamente o paseo na zona de San Roque e foi atropelado polo ciclista Diego López (Tavfer). A muller foi trasladada ao CHUAC e o ciclista puido chegar a meta, na última posición.

Atropelo no Gran Camino-Foto-Eloutep
Imaxe do accidente no Gran Camiñño. Foto: @eloytp

Así foi a chegada do Gran Camiño en 2024

O tempo descafeinou O Gran Camiño

 

Mobilización do persoal da refinaría de Repsol ante os recortes de persoal

Persoal da refinaría de Repsol na Coruña mobilizouse este martes para denunciar “recorte” de persoal na unidade de coque. Unha decisión que, sosteñen desde a CIG, supón “un paso máis na política de destrución de emprego“. “E de falta de investimentos de Repsol neste complexo industrial”, engade nun comunicado no que argumenta que “baixo o eufemismo de modificación de estrutura redúcese o cadro de persoal”.

A representación sindical argumenta que se fai “sen achegar información nin documentación que xustifique este recorte nin tampouco explica como se organizará o traballo nesta unidade cunha persoa menos por quenda, tendo en conta as operacións críticas que se fan en coque”. “Necesítanse un mínimo de catro persoas operadoras para executar determinadas actividades con garantías“, apostila para aseverar que non saben “como pretende a dirección executar este tipo de manobras co cadro de persoal reducido”.

Comezou o derrubo dun edificio abandonado nos Mallos

0

O Concello comezou onte a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no barrio dos Mallos, que fora declarado en estado de ruína inminente pola concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda.

Este inmoble foi durante anos un foco de constantes problemas para a veciñanza. O edificio padeceu inncendios e nel aloxáronse persoas que xeraban conflitividade na contorna. O Concello enviou reiterados requerimentos aos propietarios do inmoble para que tomaran medidas de conservación e salubridade, mais todas elas foron desatendidas. Finalmente, e tras un longo proceso derivado a inactividade da propiedade, o Concello logrou executar a demolición do edificio de xeito subsidiario, xa que lle xirará os gastos da obra á propiedade.

“Todos os propietarios teñen a obriga de manter a seguridade e hixiene dos seus inmobles, mais se non o fan o fará, coma neste caso, o Conello, e terán que asumir eles o gasto”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey, quen recordou que o Concello xa ten executado outras demolicións, coma a do Martinete, buscando garantir a seguridade dos cidadáns.

Outras novas

Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e os concellos da área da Coruña para abordar a necesidade de transporte metropolitano. Os representantes do Concello da Coruña e o de Oleiros saíron moi insatisfeitos coa resposta da Consellería.

O alcalde de Oleiros chama “comercial da subcontrata” a Directora Xeral

Moi cabreado saíu o alcalde, Ángel García Seoane, que acodía á cita co concelleiro de mobilidade, Pablo Cibeira, a unha xuntanza que califica de “insultante”. A Directora Xeral afirmou que en Oleiros a “demanda está atendida” e que existe un “cumprimento dos servizos do 99%”, desestimando todas as peticións realizadas polo Concello en reiteradas ocasións desde o 2024. O alcalde acusou á representante da Xunta de ser unha “comercial” da subcontrata, defendendo máis á empresa concesionaria que á veciñanza da comarca.

O Concello denuncia que “a Xunta négase a que liña Entrexardíns-O Seixal se prolongue ata a Igrexa de Nós; négase a crear novas liñas para atender as zonas de Franzomel, Abeleiras e Xaz; tampouco quere ampliar as conexións co polígono comercial de Iñás; négase a reforzar as liñas principais, nin tan se quera en hora punta; e négase tamén a que o bus 1-A conecte con Santa Cristina”, algo que se ven facendo nos veráns nos últimos anos, con gran utilidade.

Tampouco se creará, polo menos proximamente, a liña entre Perillo e a Universidade, nin as conexións reclamadas para os polígonos, unha petición tamén solicitada polo concello da Coruña. A representante da Xunta alegou que seguirá estudando a súa implantación, pero pasados xa case dous anos esa resposta constitúe unha absoluta falta de respecto e un menosprezo ao conxunto da cidadanía da comarca da Coruña, ante o que o alcalde e o concelleiro decidiron abandonar a reunión.

O Concello da Coruña esixe conexións ata UDC e os polígonos

A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, incidiu na necesidade de que existan liñas metropolitanas que unan os municipios da área coa UDC e liñas que enlacen os concellos da contorna cos polígonos industriais da cidade. Actualmente, recordou a concelleira, trasladarse desde eses municipios en transporte público metropolitano ata os lugares de estudo ou de traballo, esixe transbordos e supón unha incomodidade e un exceso de tempo de espera para moitos usuarios.

A concelleira xa solicitou hai anos dita mellora do servizo público sen que ata o momento a Xunta fixera estudos nin propostas específicas para dar resposta a esa demanda social. “Temos eivas moi importantes no transporte metropolitano, que non está a dar o servizo que os cidadáns esperan, e que ten que adaptarse á realidade, que non entende de fronteiras administrativas. A Xunta é a única competente en transporte metropolitano e tal e como funciona agora mesmo o que se está a facer é fomentar o uso do vehículo privado”, indicou a concelleira, que tamén solicitou á Xunta a creación de aparcamentos disuasorios en orixe para facilitar os desprazamentos en bus desde os concellos da área metropolitana ata a cidade.

O loteiro que se apropiou dunha primitiva podía cobrala sen entregar o boleto

O presidente da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE) en 2012, José Miguel Martínez, asegurou que o loteiro da Coruña acusado de apropiarse dunha primitiva millonaria ese ano — premiada cun total de 4,7 millóns de euros — podíaa cobrar sen entregar previamente o boleto a Lotarías, como se fixo.

Foi en liña co exposto por outro representante da SELAE no xuízo que se celebra na Audiencia Provincial da Coruña contra o loteiro, Manuel Reija, acusado de estafa ou, alternativamente, de apropiación indebida, e do seu irmán, Miguel Reija, exdelegado provincial da SELAE na provincia coruñesa. Deste último, a exresponsable da administración de lotarías onde se selou o boleto premiado asegurou que lle dixo que o atopou unha persoa “moi legal”, aínda que sen referirse especificamente ao seu irmán.

“Eu díxenlle que me gustaría saber quen era e que mo presentase e que ese señor tiña merecido o ceo”, expuxo en alusión á entrega do boleto en Lotarías do Estado, que iniciou un procedemento de achado, confirmou outra testemuña, con responsabilidade entón na SELAE. Isto fíxose tras un período previo de tres meses de face ás posibles reclamacións.

FUNCIONAMENTO NOS PREMIOS

Nunha sesión na que estaba previsto que declarasen dez testemuñas e con necesidade de pospor a outras xornadas testemuños ao prolongarse o dos que declararon nesta xornada, incidiuse en cuestións vinculadas ao funcionamento nos casos en que un boleto resulta premiado.

Así, un exalto cargo da SELAE confirmou que o loteiro pediu, unha vez que entregou o boleto premiado, cobrar o premio, pero que se lle denegou e foi un procedemento de achado. Isto, precisou, tras descartar que outra persoa — cuxa familia exerce a acusación particular — e que o reclamou puidese ser a titular, en base a probas practicadas pola Policía.

E é que neste xuízo son dúas familias de senllos falecidos os que exercen a acusación particular, cada parte cos seus avogados. Por unha banda, está a do home ao que a investigación policial descartou como posible dono e por outra banda a viúva e a filla doutra persoa ao que os policías si consideraron o verdadeiro propietario.

Na SELAE a regra é que o posuidor é o lexítimo propietario“, dixo o presidente da mesma en 2012 para asegurar que non teñen en Lotarías da Estado obrigación de pescudar quen é o lexítimo propietario. Outro exalto cargo da mesma precisou, ademais, que non houbo sospeitas dunha “subtracción”.

DELITOS

En concreto, o loteiro, Manuel Reija, está acusado de quedar cun boleto premiado con 4,7 millóns de euros dun cliente, e o seu irmán, Miguel Reija, de colaborar para que iso fose posible, segundo a acusación. A Fiscalía solicita para o primeiro seis anos de cárcere por un delito de estafa ou, alternativamente, por apropiación indebida. Para o seu irmán pide a mesma pena de prisión por branqueo de capitais ou por encubrimento.

O loteiro e o seu irmán, que en 2012 –ano dos feitos — era delegado de Lotarías, son os únicos aos que se xulga despois de que a Audiencia Provincial da Coruña desestimase no seu día os seus recursos e si admitise o formulado pola Avogacía do Estado e acordase o sobresemento provisional da causa respecto doutro catro investigados, altos cargos de Lotarías do Estado.

RELATO DA FISCALÍA

A Fiscalía relata que o home xa falecido, ao que se considera o propietario, acudiu en xullo de 2012 ao establecemento do loteiro para comprobar se os boletos que tiñan estaban premiados. Con todo, sostén o Ministerio Público, o acusado “coñecedor do alto importe do premio, quedouno para el, xunto cos demais boletos, e non comunicou ao apostante devandito extremo nin tampouco lle devolveu o resgardo nin o comprobante expedido polo terminal”.

“Co boleto no seu poder e completamente seguro do alto valor que tiña, ese mesmo día acudiu á delegación provincial de Lotarías e Apostas do Estado da Coruña”, na que estaba á fronte o seu irmán “coa finalidade de acelerar os trámites do cobro do resgardo, prescindindo de calquera procedemento regulado e coma se fose lexítimo posuidor”.

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de folgas, os médicos do país volven convocar unha folga para esixir un convenio propio e conseguir que se atendan as reivindicacións da atención hospitalaria e así como as demandas dos médicos que se negan a facer horas extras nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O’Mega, o maior sindicato que representa aos médicos e profesionais sanitarios de Galicia, convoca así unha folga de catro días este mes en todos os niveis sanitarios para esixirlle á Consellaría de Sanidade que negocie o seu propio convenio colectivo. Esta demanda presentouse por primeira vez á Xunta de Galicia a finais do ano pasado e, ata o de agora, non se recibiu resposta.

A folga terá lugar entre o 27 e o 30 de abril e coincidirá coa folga nacional que pide á Consellaría de Sanidade que elabore un estatuto marco específico para médicos e profesionais sanitarios.

As demandas de O’Mega contan co apoio do Tribunal Supremo, que nunha sentenza de 2015 da súa Sala Cuarta ratificou que os sindicatos médicos teñen dereito a negociar convenios colectivos de empresa e de ámbito inferior en nome dos traballadores.

Xunto coa apertura desta mesa de negociación, a convocatoria desta folga tamén inclúe reivindicacións como:

  • a implantación efectiva da xornada laboral de 35 horas semanais para todo o persoal médico e sanitario, establecendo unha xornada máxima anual de 1.533 horas;
  • mecanismos de recuperación de sábados e festivos, como ocorre co resto de traballadores da administración pública de Galicia;
  • a actualización da normativa que regula a exención das gardas para os maiores de 55 anos;
  • un novo acordo sobre a xornada laboral, as condicións laborais e as retribucións dos médicos dos servizos de urxencias hospitalarias;
  • a actualización do plus de produtividade variable.
  • o recoñecemento dunha traxectoria profesional que recoñeza todos os anos de traballo efectivo;
  • igualdade de dereitos para os médicos residentes e asistentes;
  • a posta en marcha dun complemento de mentoría para especialistas en formación, ademais da aplicación de protocolos contra agresións internas e externas.

Horas extraordinarias

Na súa convocatoria de folga, O’Mega tamén inclúe as demandas do colectivo de médicos que, desde hai varias semanas, se negan a facer horas extraordinarias nos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

Estes médicos esixen non só a redacción dun estatuto propio, senón tamén outras demandas relacionadas coas competencias da Xunta, como un sistema de gardas que garanta aos médicos hospitalarios un tempo de descanso efectivo comparable ao do resto do persoal sanitario; unha paga por horas extraordinarias superior ao salario por hora ordinario; e a actualización das tarifas para o traballo ordinario, tendo en conta o aumento acumulado do IPC nos últimos anos. A recuperación dos días persoais perdidos durante a última crise económica ou a reincorporación íntegra do pago extra tamén suspendido durante a última crise.

Máis novas

O’Mega tralo acordo coa Xunta: “Os pacientes terán, por exemplo, consultas de 10 minutos”

#IAEducativaDay3. A Coruña acolle un dos mellores eventos sobre a aplicación da Intelixencia Artificial no ensino

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC) acollerá o 8 de maio a terceira edición dun dos mellores eventos de Intelixencia Artificial aplicada á educación deste ano, o #IAEducativaDay3.

Este evento, organizado pola Asociación INTEDUA (IAEducativa) en colaboración coa UDC, a Xunta de Galicia e outras institucións educativas e empresariais, preséntase como unha valiosa oportunidade que reunirá a máis de 350 docentes de diferentes países e niveis para compartir, explorar, reflexionar e afondar en como a IA está a transformar a educación e a aprendizaxe nas nosas comunidades.

Tras os exitosos resultados do último evento #IAEducativaDay2, celebrado en Sevilla o 10 de outubro de 2025, os organizadores renovaron o formato, permitindo a participación de máis de 30 líderes internacionais no sector educativo.

Durante o evento, os asistentes poderán gozar de paneis de expertos internacionais, presentacións de alto valor, debates de actualidade, obradoiros, unha mesa redonda e mesmo unha gravación de podcast en directo e unha sala 100 % en liña que mostrará exemplos e mellores prácticas de IA, cun enfoque pedagóxico e consideracións éticas, en diversas institucións.

Este ano, contan co apoio comunicativo de varios socios de comunicación e o patrocinio de varias empresas colaboradoras (Convocatoria de patrocinadores).
A experiencia estará financiada ao 100 % pola Asociación INTEDUA para os participantes, valorada en máis de 350,00 € cada un.

Poden inscribirse nesta ligazón.

Máis novas

Fina Paulos, recoñecida como Mellor Docente de Secundaria de España nos Premios Educa Abanca

A mestra oleirense Fina Paulos lanza un novo libro sobre o uso nas aulas da Intelixencia Artificial